martes, 2 de febreiro de 2016

Terceira sesión da Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, para tratar sobre o Plan Comarcal de de Choque Contra o Paro - Mércores 3 de Febreiro ás 19:15hs no Ateneo Ferrolán


Terceira sesión da Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, para tratar sobre o Plan Comarcal de Choque Contra o Paro.


Mércores 3 de Febreiro desde as 19:15 até as 20:45 horas.
No local do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202-204).

Dedicaremos todo o tempo a tratar este tema:

1. Plan de choque contra o paro e renda básica.


Necesitamos que participedes e aportedes datos e coñecementos sobre todo o que rodea este tema e a política municipal, por exemplo:

.Todo o que implica a lei de estabilidade presupostaria, aprobada polo goberno do PP no 2012, sendo presidente Mariano Rajoy , e que limita o gasto que pode facer un concello.
"Disposición adicional primeira. Mecanismos adicionais de financiamento para as Comunidades Autónomas e Corporacións Locais.
1. As Comunidades Autónomas e Corporacións Locais que soliciten ao Estado o acceso a medidas extraordinarias ou mecanismos adicionais de apoio á liquidez, virán obrigadas a acordar co Ministerio de Facenda e Administracións Públicas un plan de axuste, cando sexa preceptivo, que sexa consistente co cumprimento dos obxectivos de estabilidade presupostaria e de débeda pública."
"Artigo 14. Prioridade absoluta de pago da débeda pública.
Os créditos presupostarios para satisfacer os intereses e o capital da débeda pública das Administracións entenderanse sempre incluídos no estado de gastos dos seus Orzamentos e non poderán ser obxecto de emenda ou modificación mentres se axusten ás condicións da Lei de emisión.
O pago dos intereses e o capital da débeda pública das Administracións Públicas gozará de prioridade absoluta fronte a calquera outro gasto."
Fonte: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2012-5730&lang=gl

. Pode un concello contratar directamente de maneira temporal, persoas que están nas listas do desemprego?

. Debe ser a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol o lugar para desenvolver o plan de choque contra o paro e renda básica? Ou cada concello debe desenvolver a súa política ao respecto?

. Deben os concellos ou a Mancomunidade chamar e liderar mobilizacións da cidadanía para reclamar fondos económicos da Xunta ou do Estado para levar adiante plans contra o paro?

. A Renda Básica pode ser pagada unha parte en euros e outra en moeda social emitida polo concello?

.Todo o que pensedes que debamos debater sobre este tema


.Dato do paro da EPA (Enquisa de Poboación Activa) ultimo cuadrimestre - Artigo de interese en Praza Pública.
Ferrol segue sendo a cidade con máis paro e menos ocupación

A partir dos datos ofrecidos pola Enquisa de Poboación Activa, o Instituto Galego de Estatística (IGE) ofrece información singularizada sobre as taxas de actividade, ocupación e paro das sete grandes cidades galegas. O IGE advirte sempre de que "os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con precaución porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe". Con todo, a publicación este xoves das cifras do cuarto trimestre de 2015, permiten achegar o dato medio anual dos catro trimestres. Esta media presenta menos oscilacións e ofrece unha imaxe algo máis fiable.

O pasado ano as sete cidades galegas reduciron as súas taxas de desemprego e melloraron a ocupación, aínda que os datos seguen moi lonxe dos niveis previos á crise. Hai que seguir destacando a Ferrol polas cifras tan negativas que presenta. É a cidade -con diferenza- con máis paro (26,2%) e, sobre todo, a que ten unha menor taxa de ocupación. Nun segundo nivel, poderíamos colocar a Vigo (21,5%) ou Pontevedra (22,4%), tamén por riba do vinte por cento. Por debaixo desa cifra aparecen Ourense, Lugo, Santiago e A Coruña.

Máis interesante, se cadra, é observar a taxa de ocupación. A de Ferrol (34,5%), aínda que leva dous anos experimentando un lixeiro ascenso, implica que na cidade só 1 de cada 3 habitantes ten traballo, sendo o resto inactivos ou desempregados. A moita distancia (roldando o 45%) aparecen Ourense, Pontevedra, A Coruña ou Vigo. E só Lugo e Compostela presentan taxas de ocupación superiores ao 50 por cento.
Fonte: http://praza.gal/economia/11068/o-descenso-do-paro-detense-en-galicia-mentres-o-mercado-laboral-segue-minguando/


Enquisa de poboación activa (EPA) | Resumo de resultados 28/01/2016 | Datos correspondentes ao cuarto trimestre de 2015 | Instituto Galego de Estatística - IGE.  | Ir a Web.

Sobre a Renda Básica, distintos tipos, opinións e debates no buscador libre DuckDuckGo.

Achégate e participa!

||||||||||||||||