domingo, 18 de decembro de 2016

En Ferrol, como noutras cidades da Galiza e do resto do Estado, vai ter lugar unha Manifestación Unitaria contra a pobreza enerxética e contra o oligopolio das corporacións eléctricas, este mércores 21 de decembro de 2016


O recibo da luz volveu a subir en Novembro 2016, co que acumula sete meses consecutivos de incrementos, o que representa unha suba media por fogar do 27,8%. En Outubro, era o Tribunal Supremo o que tombaba o chamado "bono social", e obrigaba a indemnizar as eléctricas por ter que pagar esa tarifa subvencionada que levaba dous anos en vigor. O tribunal recoñece o "dereito" das compañías eléctricas a cobrar unha indemnización polas cantidades que tivo que asumir, o que repercutirá na tarifa que temos que pagar todas. Mentres, Iberdrola, Endesa e Gas Natural-Fenosa rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millóns de euros... mentres, na Galiza son máis de 110.000 fogares afectados pola pobreza enerxética e no resto do estado supera os catro millóns de persoas afectadas...

Mobilizámonos para esixir medidas contra a pobreza enerxética, na súa prevención e eliminación, mais tamén na denuncia aos oligopolios eléctricos que, co apoio gobernamental, impoñen prezos, baleirando as economías domésticas e as arcas públicas, para os seus beneficios privados. Desde principios deste mes veñen-se realizando mobilizacións en toda Europa, para denunciar esta situación, onde moitos fogares padecen a pobreza enerxética. Este 21 de Decembro, están convocadas varias mobilizacións en Galiza e en moitas cidades do resto do Estado, para que, entre outras demandas, non se permita ás compañías eléctricas que corte a luz a familias con problemas económicos. O recente casos de Rosa, unha anciá de Reus (Catalunya) que finaba queimada polo lume causado po unhas velas, logo de que Gas Natural Fenosa cortara a subministración eléctrica sen informar aos servizos sociais; mesmo, con anterioridade en Ourense, onde outro ancián, de 87 anos, morría queimado, e o seu irmán quedaba con queimaduras graves pola mesma razón; crearon unha onda de indignación. Cada vez son máis as persoas que queren rematar xa coas tarifas abusivas e os cortes de luz a familias sen recursos.

O estado neoliberal avanza na súa consolidación e o que tiña que ser o recoñecemento do dereito de acceso universal á enerxía e á auga como subministración básica, ao igual que o dereito á vivenda digna e adecuada, o dereito á alimentación, aos coidados, á educación e á saúde, a un traballo digno ou a unha renda básica, para que cada persoa poida gozar dunhas condicións de vida dignas; o estado neoliberal converte, o dereito á enerxía como servizo público esencial, nun negocio privado con beneficios garantidos, controlado por cinco corporacións eléctricas que conforman un oligopolio... O estado neoliberal, fai do dereito beneficencia; e en vez de desenvolver medidas estruturais, con solucións inmediatas, permanentes e preventivas... aplica só medidas paliativas, perpetuadoras da pobreza e a dependencia, de por vida, dos servizos sociais de ducias de miles de fogares.

Cumpre xa pasar a ofensiva, non se mantén que o oligopolio conformado polas corporacións eléctricas manteñan en xaque a un Estado e na pobreza enerxética a millóns de persoas, logo de facer-se con máis de 103.000 millóns de euros cobrados ilexitimamente entre o período 1997 e 2013 ou que siga reclamando ducias de miles de millóns polo chamado "déficit enerxético" sen ningún tipo de control, nin auditoría.

Polo que Reclamamos:

1. Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das familias que non abonen os seus recibos. Si sofren vulnerabilidade económica, non poderán cortarlles o fornezo e o custo será asumido polas compañías.

2. Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa accesíbel, regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia.

3. Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa de reducida contía dirixida ás familias con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.

4. Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á Competencia (CTCs).

5. Auditoría ao sistema eléctrico. Realización dunha análise dos custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do sector, co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas eléctricas.

6. Aplicación do tipo de IVA superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.

7. Creación dunha tarifa eléctrica galega. Non só tendo en conta que Galiza é excedentaria na produción de electricidade como tamén polo impacto ambiental negativo que padecemos a causa diso.

8. Rescate para o sector público de activos enerxéticos hoxe en mans privadas, exercendo así o control sobre as actividades estratéxicas enerxéticas e devolver o carácter de ben público ao sector, para que se poida exercer con garantía o dereito de acceso universal á enerxía, un ben común esencial, para que cada persoa poida vivir dignamente.

9. Demandar do Parlamento de Galicia a continuación da tramitación da Proposición de Lei, por Iniciativa Lexislativa Popular, de Medidas para Garantir a Enerxía como Servizo Público e Contra a Pobreza Enerxética, e esixir que se leven ao cabo as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia e as demandas que debe esixir ao Goberno Central, para protexer as familias que se atopen nesa situación e resto de medidas contempladas na Proposición de Lei.

31 organizacións e colectivos participan na convocatoria:

- Anova-IN.
- A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural.
- Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza - ADEGA.
- Asociación Sociocultural “López Bouza”.
- Asociación Sociocultural Muíño do Vento.
- Asociación Veciñal "O Rosario" do Inferniño.
- Ateneo Ferrolán.
- AVV "A Madalena" Ferrol .
- Bloque Nacionalista Galego -BNG.
- Cerna.
- Colectivo Ártabra 21
- Colectivos Okupas de Canido e Ferrol-Vello.
- Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
- Decide En Común.
- Espazo Ecosocialista.
- Esquerda Revolucionaria.
- Esquerda Unida -EU.
- Foro Galego de Inmigración.
- Fuco Buxán A.C.
- Fundaçom Artábria.
- Grupo de Consumo "Fonte da Uz".
- LiGanDo.
- Marcha Mundial das Mulleres.
- Marchas da Dignidade Ferrolterra.
- MoveNeda - Movemento Veciñal.
- PAH de Ferrol e Comarca.
- Sindicato de Estudantes.
- Somos Cabanas.
- Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
- Tenda de Troco de Arméria Soc. Coop. Galega.
- Xunt@s por As Pontes.

Evento no facebook:
MATERIAL GRÁFICO PARA A CONVOCATORIA

Cartaces en formato pdf e tamaño DIN-A3, tanto en B/N coma a Cor.
Folla informativa en formato pdf e tamaño DIN-A5.
Nota.- Vai moi axustado, para imprimir dúas follas porcada DIN-A4, polo que si sae algo cortado, configurar a impresión sen marxes. probamos e sae ben.

Unha imaxe para difundir polas redes sociais ou colgar nos blog e web. en formato jpeg.
CUÑA RADIOFÓNICA

Elaborada e difundida por Rádio Filispim, en formato mp3: Acceder/Baixar.

---

luns, 28 de novembro de 2016

Ferrolterra vai ao Carballiño, este 3 de Decembro, tod@s somos Emilio Cao - Vídeo - Manifestación


Manifestación en solidariedade con Emilio Cao e contra a Lei Mordaza

A Columna Galega das MMdD chama a sair á rua contra a represión. Sábado 3 de Decembro, ás 12 do mediodía na Praza Maior d'O Carballiño.

As Marchas da Dignidade Ferrolterra van ao Carballiño, este 3 de Decembro, tod@s somos Emilio Cao, contra a represión, contra a Lei Mordaza, Solidariedade...! e Loita ....!!!


https://youtu.be/-N-CZw0m3nk

A COLUMNA GALEGA DAS MMdD CHAMA A SAIR Á RÚA CONTRA A REPRESIÓN. O SÁBADO 3 DE DECEMBRO ÁS 12,00H MANIFESTACIÓN NACIONAL NO CARBALLIÑO. SOLIDARIEDADE CON EMILIO CAO E TODXS QUE SOFREN A REPRESIÓN DO RÉXIME !!

Supera xa o cento de persoas encausadas polas mobilizacións das Marchas da Dignidade.

Os diferentes procesos xa iniciados atópanse en diferentes fases procesais máis o que de máis preto nos toca e o que lle afecta a Emilio Cao, un rapaz do Carballiño que formou parte da Columna Galega na mobilización do 22M na que centos de galegas e galegos a título particular, outrxs embarcados na decena de autocares que se fretaron ou no emblemático “Tren da Dignidade”, levamos e paseamos a Dignidade Galega polas rúas de Madrid demandando PAN, TRABALLO E TEITO para todxs.

O réxime quixo criminalizar esa manifestación que foi totalmente pacífica como posteriormente se puido demostrar. Non ían connosco activistas de “Resistencia Galega” como  dende a montaxe policial nos quixeron facer ver. A Resistencia Galega amosámola protestando pacificamente xunto con xentes do común do resto das columnas que chegaron a Madrid dende todos os pobos, nacións e comunidades do estado español.

O réxime non podía consentir o que foi unha das máis grandes manifestacións pacíficas contra os gobernos que se lembran en Madrid, e tomou reféns. Un dos reféns foi EMILIO CAO ao que agora, dous anos e medio despois, a fiscalía lle pide 5 anos e oito meses de prisión e 600 euros de multa só polo feito de protestar pacificamente igual que o fixemos cada un e cada unha de nós.

As Galegas e os Galegos, a xente de ben, NON O PODEMOS CONSENTIR. Imoslle amosar todo o noso apoio e solidariedade o vindeiro día 3 no Carballiño a Emilio e a todxs xs inxustamente encausados polo só feito de protestar, e vaia todo o noso rexeitamento a este goberno, a este réxime, que nos quere calados, amordazados e na casa, (xs que ainda dispoñan dela, claro!!!)
---

sábado, 15 de outubro de 2016

O día 15 de Outubro, como noutras cidades de Galiza, en Ferrolterra mobilizaremos-nos contra os tratados comerciais e financeiros, patrocinados polos executivos dos estados neoliberais e das grandes transnacionais, entre a UE e EEUU, e a UE e Canada.

.
Como noutras comarcas de Galiza, en Ferrolterra mobilizaremos-nos contra os tratados dos estados neoliberais e as grandes transnacionais, entre a UE e EEUU, e a UE e Canada. Convocamos unha manifestación que terá lugar en Ferrol, ás 7 da tarde do mesmo sábado 15 de Outubro, que partirá desde a Praza Amada Garcia (diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia), pasando pola rúa Españoleto, até a Praza do Himno Galego, onde terá lugar un acto reivindicativo, coa intervención das organizacións que se sumen á convocatoria. Polo que facemos un chamamento ás organizacións políticas, sindicais, sociais, ecoloxistas, veciñais, feministas, ... que estean contra estes tratados que participen nesta convocatoria.

Entre os días 8 e 15 de Outubro deste 2016, vai ter lugar unha campaña internacional contra os tratados dos estados neoliberais e as grandes transnacionais da especulación, provocadoras do cambio climático e consumadoras do latrocinio aos pobos, entre a UE e EEUU, ou a UE e Canada. O movemento anti-TTIP, chama a unha semana de loita, co obxectivo de que o actual Goberno Español, en funcións, non dea luz verde á aprobación do tratado comercial e financeiro entre a Unión Europea e Canadá, o CETA, no Cume que se celebrará en Luxemburgo o próximo día 18 de Outubro. Deste xeito, xa hai convocados actos e mobilizacións en diferentes cidades, perante a semana de resistencia e loita, culminando o sábado 15 de Outubro, con manifestacións e concentracións en toda Europa. As cales coinciden e súmanse ás protestas que anualmente se realizan con motivo do "Día Mundial contra a Pobreza". Son centos de organizacións sindicais, feministas, veciñais, sociais, ecoloxistas, ... que van protestar e denunciar ante o intento do goberno español en funcións, de asinar o citado tratado.

Son tres os obxectivos nesta semana de loita. En primeiro lugar, evitar que o Goberno español dea luz verde ao CETA, no Cume, a do día 18 de Outubro, que precederá ao de xefes de gobernos do día 21, asistirán en representación española o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e o secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz. O segundo amosar que "o TTIP non está morto, malia á grande mobilización social contra este tratado entre a Unión Europea e Estados Unidos, durante os últimos anos". "Van conxelar as negociacións do TTIP entre xaneiro e setembro de 2017 e poñeranlle outro nome para quitarlle o lastre de denuncia asociado ás siglas TTIP". E por último reclamar que "nin o CETA se aprobe no Cume nin que continúen as negociacións sobre o TTIP".

En diferentes estados da Unión Europea (Alemania, Bélxica, Francia, Austria, Hungría, Eslovenia, ...), levan tempo mobilizando-se contra estes tratados, perante meses, acelerando-se nos últimos tempos, maila que os medios de comunicación ocultan deliberadamente a campaña e as protestas. Temas como a protección do investimento, pois tanto o CETA e o TTIP conteñen mecanismos como o chamado Sistema Xudicial de Investimentos-ICS, un tribunal de carácter privado, onde as corporacións empresariais poderían denunciar aos estados, mesmo en caso de que unha lei aprobada por un estado, lles provoque perda de beneficios; ou a eliminación do principio de precaución, que esixe seguridade á saída ao mercado de produtos para que non sexan nocivos social e medioambientalemente falando, ou a protección dos servizos públicos e os dereitos laborais, son reclamacións que se escoitaron nas diferentes mobilizacións europeas; ou prácticas contra a saúde ou o medio ambiente como son o fracking... Na Galiza este verán da man de Nuñez Feijóo, teñen-nos visitado capitalistas usamericanos, coa intención de comprobar insitu o negocio e beneficio que poden tirar desta terra (acaparamento de terras, o negocio mineiro, privatización da explotación das nosas rías, ... os servizos públicos, o negocio da saúde... A substitución de produtos alimenticios de proximidade, por produtos trans da agricultura e gandería intensiva... Substituír a soberanía alimentaria, pola dependencia ...

Outra iniciativa que se levará a cabo para paralizar estes tratados durante os días 19 e 20 de Outubro é un encontro de representantes de concellos europeos que se mostraron en contra destes acordos transatlánticos. Tamén hai iniciativas, máis aló da mobilización social, no resto de Europa, para derrubar o CETA e o TTIP, demandas xudiciais contra o CETA nos tribunais por inconstitucionalidade, recolleita de sinaturas suficientes para que se someta a referendo entre a poboación...


Outono de Resistencia Contra o TTIP, CETA e TISA.


-------

xoves, 9 de xuño de 2016

Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra que vai ter lugar mañá 10 de Xuño en Caranza

Convocatoria da Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra

Día: venres 10 de Xuño de 2016.
Hora: Ás 17:30hs (duración aproximada: de hora e media ou dúas horas).
Lugar: En Caranza, no local social de Fuco Buxán A.C. (Rúa Armada Española, 32 Baixo).

Puntos a Tratar:

1.- Xuntanza da Coordenadora Galega que tivo lugar en Compostela, no local social municipal "Casa das Asociación", Rúa Manuel Beiras , 3 (Antiga Estación de Cornes), este mércores 8 de Xuño, ás 5 da tarde. Á que nós non enviamos representación. E que tivo a seguinte orde do día: 1.- Análisis e valoración do 28M na Galiza e no resto do estado; 2.- Asemblea Estatal 18 de xuño en Asturies e 3.- Finanzas e Varios. Polo de agora non hai feito un resumo da xuntanza, no caso de chegar, pasaremos a informar.

2.- Valoración do 28M desde Ferrolterra. Temos que levar algunha proposta á Asemblea Estatal de Asturias do 18 de Xuño.

3.- Situación das contas en Ferrolterra (bus, camisolas, débeda de cotas á galega, ...).

4.- Situación da Campaña polo Plan de Choque Contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica.
  • Compañeiros da Iniciativa Cidadá de Mugardos, que teñen 3 concelleiros e 540 votos, pediron-nos que lles pasaramos a carta que entregamos en Mugardos.
  • Temos pendente xuntanza en San Sadurniño e Cerdido.
  • Hai que enviar carta lembrando a nosa petición.
  • Falta-nos um seguimento do Plan Rural e dos cartos da Diputación Provincial.
  • Análise das Rendas Municipais de Compostela e Coruña.
  • Novo decreto da Xunta de axuda, ... bono social de axuda ao aluguer da vivenda vivenda, unha u+única paga de 600 euros para recibos atrasados, bono pobreza enerxética, ...
  • Plan de Ferrol, emprega en feminino.
  • Cadro sobre grados de invalidez en Ferrol e comarcas.
  • Situación do naval, difusión da nosa valoración e proposta.
  • Fixar xuntanza da comisión de traballo.
5.- Informacións e debates varios:
  • Desafiuzamento de Narón.
  • Contrato Eléctrico e constitución dunha Plataforma pola Municipalización dos servizos en Ferrol.
  • Pregunta de Aroa Fandiño: Hola.| Me gustaría haceros una pregunta: colaboráis con la asociación Long Hope (la asociación que reúne a los trabajadores del mar emigrantes en Noruega)? | Porque estoy colaborando con ellos, a través del colectivo Marea Granate y me gustaría saber si vosotros ya lo hacéis desde Ferrol o si estaríais interesados en hacerlo. | http://www.longhope.es/ | http://madrid15m.org/marea-granate-apoya-a-la-asociacion-long-hope-en-su-concentracion/ | ​Espero vuestra respuesta. | Gracias y ​seguimos en contacto. | Aroa Fandiño.
6.- Outros asuntos e programar a seguinte Asemblea.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

|||||||||||||||||||||

sábado, 28 de maio de 2016

As columnas galegas das Marchas da Dignidade, confluiron en Lugo este 28M, ao tempo que se realizaban mobilizacións polo resto do estado e de toda Europa - Manifesto "Muralla de Liberdade"- A mobilización nos medios, reportaxe fotográfica e vídeo


MANIFESTO MURALLA DE DIGNIDADE


Unha vez máis, as Marchas da Dignidade estamos hoxe aquí, na rúa, reivindicando os nosos dereitos fronte a unha mafia financeira psicópata que non sente a dor allea, a dor dun pobo que está a padecer as súas políticas criminais coa complicidade de gobernos sicarios que non defenden a quen terían que defender; a nós, ao pobo, que é quen máis ordena. Loitamos contra esa mafia representada pola Troika, unha mafia que ninguén elixiu, pero que dita as normas que rexen as nosas vidas. Unha mafia que minte, extorsiona, engana e provoca mortes, como as que están a producirse no Mediterráneo. Non son mortes, son asasinatos.

Estamos a ver como os gobernos europeos, incluído o español, están a deportar, gasear e deportar a persoas refuxiadas que foxen das guerras provocadas polo imperialismo e o capitalismo, por eses mesmos gobernos que agora lles negan a entrada En Europa, incumprindo a Convención de Xenebra e a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Están a comportarse dun xeito criminal, descoñecido en Europa desde a Alemaña nazi, e non podemos calar fronte a este crime contra a humanidade. Calar, faríanos cómplices da barbarie, e a loita das persoas refuxiadas tamén ten que ser a nosa loita.

Esta Unión Europea é unha unión de criminais e a historia xulgaraos como o que son. Non é a nosa Europa, é unha Europa sometida ás ordes das grandes multinacionais, ás ordes do poder económico. É ese poder quen quere impoñer un acordo de libre comercio entre Europa, EEUU e Canadá, o TTIP / CETA, negociando en segredo e con medidas que supoñen o maior atentado aos dereitos sociais dos últimos tempos. Un acordo que non someterán a referendo, nin se vai debater no Parlamento Europeo, unha baixada de pantalóns fronte á mesma mafia que está a provocar esta crise. O inimigo é o mesmo, sempre é o mesmo, aínda que tome diferentes formas.

Un inimigo poderoso que utiliza unha crise provocada para recortar os nosos dereitos, impoñendo medidas neoliberais que levan anos aplicando en numerosas partes do mundo. Privatizacións, recortes, rescates bancarios e reformas laborais son as mesmas receitas que aplican alí onde teñen oportunidade de facelo, e se non poden, acaban provocando golpes de estado encubertos como o de Honduras, Paraguai e, agora, Brasil. Por iso temos que loitar con unidade e pensando nese inimigo poderoso, porque se non somos quen de unirnos, imos perder esta loita. Temos que entender iso e traballar pola unidade das loitas, porque todas as loitas contra ese inimigo común, son a mesma loita. Se nos separamos, perdemos. E non podemos permitirnos perder esta loita.

O estado español o sabe, e por iso utiliza a represión, que cada vez é máis forte. Milleiros de persoas padeceron esta represión desde a aprobación da Lei Mordaza, persoas reprimidas duramente por exercer o seu dereito a manifestarse, a expresarse ou, simplemente, a existir. Unha represión que están a padecer agora mesmo no SAT, que levan varios días en folga de fame pedindo a liberdade de Andrés Bódalo, condenado á cadea nunha farsa á que chaman xuízo. Ou o caso dos dous titiriteiros, procesados pola representación dunha sátira, ou as compañeiras da CGT da Cofradía do Coño Insumiso, tamén procesadas, ou Alfon, Pablo Hásel ou César Strawberry, por poñer só uns exemplos coñecidos. Desde aquí, esiximos a absolución para todas as persoas represaliadas inxustamente polo estado, queremos xustiza, non queremos esta falsa democracia.

Usan a represión para asustarnos, porque non queren que paremos o que están a facer. Están a privatizalo todo, a regalar o que é noso a empresas privadas. Privatizan a sanidade pública, constrúen hospitais que quintuplican o seu custe coa xestión privada, como o Álvaro Cunqueiro. Déixannos sen medicinas ou vacinas, o cal provoca mortes, como ben saben as vítimas da Hepatite C. Non son mortes, son asasinatos. Privatizaron tamén os servizos de emerxencias, provocando descoordinación e situacións de perigo inadmisibles, como poidemos comprobar, recentemente, no incendio de Fandicosta, ou o que acontece todos os anos cos lumes forestais. O beneficio económico por riba das nosas vidas.

Por enriba, tamén, da vida das mulleres asasinadas pola violencia machista. Un feminicidio inaceptable e inasumible que temos que parar. Unha sociedade que permite estes asasinatos é unha sociedad enferma. Unha sociedade que non acabe co patriarcado e a discriminación das mulleres é unha sociedade enferma, e temos que cambiala. A loita das mulleres é tamén a nosa loita, e ten que gañar. Sen elas non hai revolución nin liberdade. Se tocan a unha, tócannos a todas.

Queren destruílo todo. Acaban coa educación pública, impoñen a LOMCE que non quere ninguén, precarizan ao estudantado, queren a universidade para unha elite e non lles importa o vergonzante paro xuvenil de máis do 50%. Non fan nada serio pola mocidade, non teñen o máis mínimo interese. A loita da mocidade tamén é a nosa, porque son o futuro do país. Un futuro negro como a contaminación que provocan as políticas medio ambientais baseadas na destrución e o consumo masivo. O cambio climático é unha realidade, e non están a facer nada para frealo. Esnaquizan a nosa terra construíndo autopistas coma a da Riveira Sacra, ou concedendo 75 anos máis a ENCE na Ría de Pontevedra, e non fan nada para defender os nosos recursos pesqueiros, gandeiros e labregos.

Pero non imos parar de loitar, non nos van deter mentres teñamos forzas. As Marchas da Dignidade seguiremos a traballar pola unidade das loitas, para ser máis fortes e poder facer fronte a toda esa mafia criminal que nos está a asoballar. Ven con nós, loita con nós. Canto máis fortes sexamos, máis débil será o inimigo. Temos que entendelo e deixar de lado as nosas diferenzas, que non son tantas.

Para iso están as Marchas, para xuntar todas as loitas e poder esixir:
  • Non ao pago da débeda ilexítima
  • Auditoría do déficit tarifario das eléctricas
  • Non ao TTIP
  • Economía ao servizo do pobo
  • Non á corrupción
  • Retirada da reforma laboral
  • Retirada da LOMCE
  • Defensa dos servizos 100% públicos e de calidade
  • Dereito á vivenda
  • Respecto ao medio ambiente
  • Medidas contra o cambio climático
  • Xustiza para as vítimas de ANGROIS
  • Defensa dos dereitos da mulleres
  • Dereitos para as persoas migrantes. Ningún ser humano é ilegal
  • Non á represión! Retirada da “Lei Mordaza”
PAN, TRABALLO E TEITO.
A LOITA CONTINÚA

A mobilización segundo os medios: Praza Pública, AGalega-TVG, Cuatro-TV, El Progreso, RTVE, TELE5 e LaSexta-TV.

Reportaxe fotográfica e vídeo:



Vídeo, de case 20 minutos de duración, do acto final na Praza Maior de Lugo, despois da marcha pola muralla romana.



Publicado por Xohan Rompe (LUGO), na súa Canle.

||||||||||||||||||||

mércores, 25 de maio de 2016

Unha primavera de mobilización e loita: As Marchas da Dignidade volvemos ás rúas o 28 de Maio con mobilizacions na Galiza e simultáneas, nesa data, en todo o Estado e no resto de Europa - Imos a Lugo este 28M, a construír entre tod@s unha Muralla de Dignidade

Unha primavera de mobilización e loita. O pasado 15M, mobilizaba-mo-nos en toda Galiza, no resto do estado e en todo o mundo, na #GlobalDebout. Coincidiamos desde as Marchas da Dignidade, co 5º aniversario do movemento das prazas 15M, e as mobilizacións promovidas polo #NuitDebout. Comezabamos a quentar motores para para este 28M, onde as rúas de Lugo e de Europa, van-se encher de voces e vontades para rematar co sistema inxusto que nos escraviza e empobrece.
"A situación política, social e económica está atravesando un dos peores momentos dos últimos tempos... A corrupción e o latrocinio xeneralizado, o apuntalamento dun sistema que permite a inxustiza, o empobrecemento e deterioro das condicións de vida de millóns de persoas... A xeneralización do traballo escravo, precarizado e sen dereitos... A falta de perspectiva para os nosos sectores produtivos, no agro, na pesca, na industria... O deterioro do medio ambiente, a destrución das nosas rías... É urxente frear as políticas que nos afunden en beneficio das transnacionais e dos máis ricos, das persoas cobizosas que acumulan toda a riqueza e o esforzo do noso traballo. Cumpre denunciar o TTIP (Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos entre EEEUU e a Unión Europea) e esixir unha pasaxe segura para as refuxiadas e inmigrantes, denunciando a deportación e os campos de internamento. Necesitamos unha outra sociedade, xusta e equitativa que pense no benestar e na saúde das persoas. Saiamos á rúa para defender os nosos dereitos como persoas, como pobo, con dereitos, con liberdade, pan, traballo e teito".
Diciamos este pasado 1º de Maio, falabamos do comezo dunha primavera de loita e mobilización, chamando este 28 de Maio, en Lugo, a construír entre tod@s unha Muralla de Dignidade. Como outras nacións, comunidades e pobos do territorio do Estado que se van mobilizar o mesmo día nun esforzo de acumular forzas contra inimigo común: as políticas do Capital transnacional e financeiro, que nos escraviza e somete.

Na Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade, acordou-se este comunicado unitario que a continuación transcribimos.

O 28M LUGO UNHA MURALLA DE DIGNIDADE

Sobran razóns para seguir loitando


As Marchas da Dignidade volvemos ás rúas o 28 de Maio con mobilizacións na Galiza e simultáneas, nesa data, en todo o Estado.

Para as Galegas e os Galegos. O 28M, en LUGO converterase NUNHA MURALLA DE DIGNIDADE CONTRA A TROICA E OS PODERES ECONÓMICOS.

Nestas Mobilizacións nas que damos continuidade a grande mobilización do 22M de 2014 sobre Madrid onde a Columna Galega tivo una importante presenza, nomeadamente cos “trens da dignidade”, se convoca a todos os colectivos e persoas que desexan un vida digna, porque seguimos tendo moitos motivos para seguir loitando xa que pouco ou nada mudou a situación social na Galiza e no Estado, nos últimos tempos.

Os dereitos e liberdades fundamentais vulnéranse continuamente polas autoridades, dando contido á chamada “Lei Mordaza” e adoptando medidas exemplarizantes que levan a penas de privación de liberdade nunha escalada represiva desproporcionada que busca convencernos, mediante o medo, para quedar na casa.

A precariedade laboral continúa, Os ERES multiplícanse e os despedimentos caprichosos e disciplinarios campan ás súas anchas amparados por unha lexislación desfavorable para os traballadores e traballadoras froito das reformas laborais, así mesmo denunciamos a ampliación da idade de xubilación aos 67 anos, a non revisión segundo o IPC e o baleirado da caixa do Fondo de Reserva das Pensión. Vivimos cuns niveis de desemprego superiores ao 20% e un emprego inestable, precario e en condicións indignas. Incrementándose a figura do traballador e traballadora pobres, crecen as familias que contan con todos os seus membros sen ningún tipo de ingreso.

Os desafiuzamentos continúan. A educación volve á rúa coa entrada en vigor da LOMCE e a elitización da Universidade. A sanidade segue loitando por unha verdadeira universalidade que cada vez parece máis dubidosa. O sistema de seguridade social cambaléase e ameaza o futuro das prestaciones e as pensións. E a violencia machista continúa deixándonos cifras abraiantes dun feminicidio sostido.

Os políticos da dereita máis rancia e o poder económico quedan de novo retratados coas noticias sobre paraísos fiscais como o caso dos “papeis de Panamá” ou con tramas de corrupción que non fan máis que medrar.

E mentres, todos os días, vemos como miles de refuxiados buscan desesperadamente sobrevivir en cárceres ao aire libre ás portas de Europa, unha Europa insolidaria que trafica con mercancía humana con Turquía. ¡Non hai dereito a tanta vergonza! Ante isto non podemos permanecer calados/as.

Pero nada podemos agardar dunha UE que prepara o TTIP e os seus tratados irmáns que só buscan poñer aos pobos ao servizo das grandes multinacionais, como coñecemos grazas ás poucas filtracións que logran pasar o cerco que os mantén no máis estrito segredo.

Denunciamos a reforma do artigo 135 da C. E. para dar prioridade ao pago da débeda, unha débeda ilegal e ilexítima e que non debemos pagar, fronte a cubrir as necesidades da maioría social, denunciamos a perda de soberanía fronte aos dictados das institucións internacionais UE, BCE e troika, así como o Pacto de Estabilidade Presupuestaria que nos imporá máis recortes nos vindeiros anos para beneficiar á banca e as multinacionais.

Quérenos calados e caladas, pero vannos a atopar nas rúas de novo. Só desde a participación masiva, unitaria e organizada de millóns de traballadoras e traballadores, como impulsamos desde as Marchas, permitirá a revolución democrática para poder decidir todo o que nos afecta na nosa vida cotiá. Sóbrannos razóns para seguir loitando. Todas e Todos á rúa.

O 28M EN LUGO UHA MURALLA DE DIGNIDADE CONTRA A TROIKA.
PAN, TRABALLO, TEITO e DIGNIDADE
#MURALLADEDIGNIDADE

|||||||||||||||||

xoves, 19 de maio de 2016

Faladoiro da Dignidade en Lugo con Manuel Cañadas, Rocío Fraga, Isabel Vilaba e Rafa G. Escudero - Vídeos das intervencións no Acto


As Marchas da Dignidade, quentando motores para a cita do vindeiro 28M en Lugo organizando un Faladoiro da Dignidade.

A Columna Galega das Marchas da Dignidade, co organizou coa Columna de Lugo un "Faladoiro da Dignidade", foi un acto o día 13 de Maio de 2016 en Lugo, para falar das Marchas da Dignidade e da importancia de mobilizarse o día 28 deste mes de Maio, na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade" | #MuralladeDignidade.

Dese a Columna de Ferrolterra, hoxe publicamos as catro interesantes intervencións das compañeiras e compañeiros convidados a participar neste Faladoiro. Con antelación o Concello de Lugo recepcionou aos compañeiros e compañeiras das Marchas nun acto de recoñecemento e solidariedade.

Fala Manuel Cañadas, do Campamento Dignidad de Extremadura.


https://youtu.be/QEKVQSOyPxs


Fala Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade do Concello d'A Coruña pola Marea Atlántica.


https://youtu.be/1db1ToC9byU

Fala Isabel Vilaba, Secretaria Xeral Sindicato Labrego Galego.


https://youtu.be/j7KuTcReHWk

Fala Rafa G. Escudero, do Sindicato Ferroviario.


https://youtu.be/mxFCvPPl6iY

Publicado o 17 de Maio de 2016 no Canle do Frente Cívico.

As Marchas da Dignidade, polos dereitos das persoas, dos pobos... e en defensa do medio ambiente; contra a Troika e as súas políticas austericidas que nos condenan ao paro e ao empobrecemento, contra o latrocinio das grandes corporacións transnacionais, contra o cambio climático... Un outro mundo é posíbel e necesario.

||||||||||||||||||||||||

domingo, 15 de maio de 2016

En Ferrolterra fomos á Praza este 15M - Vídeos


Hoxe ocupamos a praza neste quinto Aniversario do 15M, nom para conmemorar un aniversario dun diferente accionar, dun diferente debater, dun diferente organizar… senon que tamén para demandar, para reivindicar, para continuar facendo o que nunca deixamos de facer, reclamar os nosos dereitos, como cidadanía, como clase traballadora, como pobo... e defender o medio ambiente.

Este 15M as prazas de cidades, vilas e bairros en Francia están cheas de vida, denuncias e demandas. Chamanlle a #Nuitdebout (Noite en Pé). Desde esas prazas convocouse-nos en todo o mundo a saír á rúa, ocupar as prazas nun acto de solidariedade e confraternidade, para demandar que un outro mundo non só é posíbel, senón que é necesario.

Este fin de semana do 14 e 15 de Maio de 2016, estamos deixando un testemuño de esperanzas e rebelións comúns no que se lle chama a #GLOBALDEBOUT, unha Acción Global Internacional, foron centos de prazas públicas ocupadas nesta fin de semana, algunhas permanentemente.
¡Habitantes do mundo enteiro, fagamos derribar as fronteiras e construamos xuntos unha nova primavera global! Únete a nós para atoparnos, debater, compartir as nosas experiencias e as nosas habilidades públicas, e comezar a construír xuntos perspectivas e solucións comúns. E sobre todo, preparemos e lancemos xuntos unha gran acción internacional o 15 de maio para ocupar masivamente as prazas en todo o mundo nesta data.
#NoiteEnPé fixou-se como primeiro obxectivo a creación dun espazo de converxencia de loitas. Esta converxencia podería ir aínda máis lonxe e estenderse a nivel internacional. Existen lazos entre os numerosos movementos que se opoñen nas catro esquinas do mundo á precaridade, á imposición dos mercados financeiros, á destrución da contorna natural, ás guerras e ao militarismo, á degradación das nosas condicións de vida.
Como en moitas cidades de Europa e doutras partes do mundo, en Ferrolterra e na Galiza mobilízamo-nos este 15M.

Ao igual que en Ferrol, no resto das cidades galegas, tiveron lugar concentracións nas prazas, non só quentando motores en apoio da convocatoria do 28M na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade", senón que tamén nos mobilizamos como en toda Europa na acción internacional #GlobalDebout.
   
Nesta Acción Global, dende París até Hong Kong, pasando por Galiza e Ferrol, polos dereitos das persoas, dos pobos... e en defensa do medio ambiente; contra a Troika e as súas políticas austericidas que nos condenan ao paro e ao empobrecemento, contra o latrocinio das grandes corporacións transnacionais, contra o cambio climático... Un outro mundo é posíbel e necesario.

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra promovimos o #GlobalDebout en Ferrol e contamos co apoio e participación do Foro Galego de Inmigración, do comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, de STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, do Colectivo Ártabra 21, da asociación Fuco Buxán AC, do Sindicato de Estudantes e da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas. E actuación musical do compañeiro Manolo Bacallao.

Uns paneis, onde desde diferentes posicionamentos políticos, houbo persoas que expresaron mediante a escritura as súas propostas, denuncias, protestas, ideas e proclamas políticas e sociais. Desde unha mesa das Marchas recollian-se datos para ocupar os buses que se desprazaran a Lugo o vindeiro 28M e se vebdian as camisetas da dignidade que conmemora a "Muralla de Dignidade" que pretendemos construír en Lugo no último sábado deste mes de Maio de 2016.
Á competencia e ao egoísmo, respondemos coa solidariedade, a reflexión e a acción colectiva. As nosas diferenzas non son fonte de divisións, senón a base da nosa complementariedade e da nosa forza común. Nin escoitadas nin representadas, nós, persoas de toda condición, reapropiamonos xuntos da palabra e do espazo público: facemos política, porque é asunto de todas.

Non é o momento de indignarse en solitario nunha esquina, senón de pasar á acción todas xuntas. Nós, o 99 %, temos a capacidade de actuar e de rexeitar definitivamente aos do 1 % e o seu mundo, para desaloxarlos das nosas cidades, dos nosos lugares de traballo, das nosas vidas.
A continuación presentamos o documento audiovisual do acto desta mañá no Cantón de Ferrol.


https://youtu.be/AJRG2TJWYWM?list=PLPJM30gA1QBi0xTVJJBEM7VS20aeT8WPF

Buscar, compartillar, incorporar ou baixar os vídeos por separado, até 11 documentos audiovisuais do acto, na Praza, desta mañá do 15M do 2016, na Canle das Marchas da Dignidade Ferrolterra | Ir á Canle.

||||||||||||||||||

Desemprego e Marchas da Dignidade, ... Por Maximino Pardo Lourido


Gustaríame empezar facendo referencia ao Tribunal Constitucional: sentenza 22/1981 do 2 de Xuño, establece co dereito ao traballo, non se esgota na liberdade a traballar, supón tamén o dereito a un posto de traballo. Este mesmo tribunal en sentenza 31/1984 de 7 de Marzo, di que o dereito ao traballo e compresivo dunha remuneración suficiente para satisfacer as propias necesidades da persoa e a súa familia, sen que se poida facer, unha discriminación por razóns de sexo.

- ESTÁN SAÍNDO ESTES DÍAS OFERTAS DE TRABALLO ONDE DIN QUE PAGARAN CON COMIDA E ALOXAMENTO... piden referencias, que sexan persoas cultas, honradas e non conflitivas.

- ISTO E O QUE NOS QUEDA AOS PARADOS E ÁS PARADAS servilismo e escravitude. Involucionamos a tempos da idade media encanto a dereitos laborais.

- EN FERROLTERRA, somos perto de 17.000 traballadores e traballadoras en paro apuntadas nas listas, destes sobre un 53%  non cobran ningún tipo de prestación.

Considerando que as persoas en paro son  coma os apestadas desa idade media, onde SINDICATOS esquécense deles, e as administración delegan súas funcións nas ETT, onde un intermediario privado cobra unha mordida, polo teu traballo e suor (nalgúns casos a xustiza considera esa forma de actuar coma proxenetismo - ou trafico de persoas no caso da administración cando nos deixa en mans privadas para que se lucren do noso esforzo e traballo, sendo estas as que tiñan que ofrecer ese servizo de forma gratuíta).

Gustaría-me recordar aquí, a laboura das MARCHAS DA DIGNIDADE
Á COLUMNA DE FERROLTERRA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE comprometeuse con este colectivo e desde o 2014  se recolleron firmas, e se aportou información aos parados e paradas da comarca onde se formulan dous puntos irrenunciables, dada a critica situación :

- A contratación directa dos concellos de traballadoras e traballadores en paro das listas.

- E unha renda básica para a xente que estando no paro quedou sin prestacións e non teña recursos.

Foron moitas semanas (20) de traballo, a pé de rúa persoalmente causando-me gran satisfacción, fomos o desafogo de moitos parados e paradas que nos contaban a súa situación, moitas veces duras e dolorosas, que as veces contan mellor a un descoñecido que a xente de seu entorno mais directo.

- Despois de unhas 500 follas informativas repartidas por semana máis de 10.000  e unha asemblea tódolos xoves diante da Xunta, unhas 20, dúas roldas de prensa.

- Metinmos polo rexistro da xunta e do concello as máis de 1.300 firmas demandando eses dous puntos básicos.

- O seguinte paso foi aproveitar o cambio político nos concellos, para solicitarlles unha reunión cos alcaldes, solicitude que se realizou nos 20 concellos das tres comarcas.

- ATA O DE AGORA só tivemos dúas reunións, co alcalde en Ferrol, e unha concelleira de Ortigueira, e temos  pendente a de San Sadurniño e Cerdido, … polo de agora. Nestas reunións formulan-nos a súas dificultades. E nos contestamos: que non se pode seguir coas mesmas políticas de emprego, que só levan a dilapidar diñeiro publico, e casualmente case sempre acaba nos petos dos mesmos.

- Nos consideramos cas políticas contra o paro teñen que involucras a todo-los concellos das comarcas traballando de forma conxunta.

- Que hai que empezar a priorizar as axudas económicas, e subvencións, a empresas que comecen a practicar unha economía social e solidaria.

- Que hai que incidir en novas formas de emprego (A Unión Europea financia o 100% por 100% dos proxectos de recuperación medio ambiental e de loita contra o cambio climático, o que supón tendo aquí a Ría, as Fragas etc...) quedamos en seguir mantendo mais reunións con estes alcaldes. Coma comecei gustaríame rematar:

ARTIGO 129. 2 Os poderes públicos estableceran, os medios que faciliten o acceso dos traballadores a  propiedade dos medios de produción.

E ARTIGO 128.1 Toda a riqueza do país nas súas distintas formas e sexa cal fora súa titularidade está subordinada ao interese xeneral.

NO SEI COMO SE TEN QUE TROCAR A CONSTITUCIÓN, PERO SI SEI QUE SI NON SE CUMPRE, NINGUÉN ME PODERÁ DICIR QUE VIVIMOS EN DEMOCRACIA. MOITAS GRAZAS

Fene, 9 de Maio de 2016

Maximino Pardo Lourido

Conta de facebook:
https://www.facebook.com/maximino.pardolourido


Nota.-

Centos de miles de traballadoras e traballadores son vítimas do traballo precario, eventual e esporádico. Como non ía ser menos ao compañeiro Maxi tocoulle o boleto duns días de traballo, de venres a martes, o que lle deixou sen poder participar na praza este 15M como era o seu desexo. Enviou-nos un escrito por se alguén se animaba e falaba por el. Aquí vai o escrito do compañeiro.
________________

martes, 10 de maio de 2016

O 15M imos tod@s á Praza - Concentración e asemblea ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol, este domingo 15 de Maio


15M TOD@S Á PRAZA

Este domingo, 15 de Maio, ás 12 do mediodía, en Ferrol, no Cantón, nas inmediacións do Palco da Música. Non faltes ! Participa !

Como en moitas cidades de Europa e doutras partes do mundo, na Galiza mobilízamo-nos este 15M.

Nas sete cidades, van ter lugar concentración nas prazas. E en Ferrol tamén o imos facer, non só en apoio da convocatoria do 28M na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade", senón que tamén nos mobilizaremos como en toda Europa na acción internacional #GlobalDebout promovida pola #Nuitdebout (Noite en Pé).
  • Ferrol no mapa mundial da accións locais na #GlobalDebout | Acceder.
  • Ferrol na wiki do evento mundial |  Acceder.
Estaremos no 5º aniversario do movemento 15M, quentando motores para construír "Unha Muralla de Dignidade", o sábado 28M en Lugo.

E non faltaremos á Acción Mundial, dende París até Hong Kong, pasando por Galiza e Ferrol, polos dereitos das persoas, dos pobos... e en defensa do medio ambiente; contra a Troika e as súas políticas austericidas que nos condenan ao paro e ao empobrecemento, contra o latrocinio das grandes corporacións transnacionais, contra o cambio climático... Un outro mundo é posíbel e necesario.

En Ferrol, convocamos á #GlobalDebout desde as Marchas da Dignidade de Ferrolterra (Integrante da Columna Galega das Marchas da Dignidade).
Acción local na mobilización #GlobalDebout
  1. Presentación da Xornada.
  2. Paneis de ideas, denuncias e propostas.
  3. Intervención dos distintos colectivos participantes. Até o de agora:
    • Marchas da Dignidade Ferrolterra.
    • Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra.
    • STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo.
    • A.C. Fuco Buxán.
  4. Asemblea aberta: debate e recollida de propostas para cambiar a situación actual.
  5. Actuación musical: Manolo Bacallao, ...
Domingo, 15 de Maio, ás 12 do mediodía, en Ferrol, no Cantón, nas inmediacións do Palco da Música.

Evento no Facebook:
https://www.facebook.com/events/527124170807967/

Pan, Traballo e Teito !
Á rúa que xa é hora!
Marchas da Dignidade Ferrolterra

|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

xoves, 5 de maio de 2016

Asemblea das Marchas das Dignidade Ferrolterra, este venres 6 de Maio, ás 6 da tarde en caranza, no local de Fuco Buxán


PARTICIPA NA ASEMBLEA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA


Este venres 6 de Maio ás 18:00hs en caranza, no local de Fuco Buxán (Rúa Armada Española, 32 baixo).

Coa seguinte orde do día:

1.Preparar a mobilización do vindeiro 15M (Domingo) que vai ter lugar às 12 do mediodía na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal.
- Deseño do Acto (Asemblea, palestras, actuación musical, ...).
- Difusión do mesmo (Cartaces, octavillas, redes sociais, envento no facebook, cooreos, twitter, ... boca a boca, ...). falar con organizacións concretas para que participen, ...).
- Garantir intervencións, ao menos dúas, unha que faleda acción internacional que vai ter lugar ese día promovidas polos movementos #NuitDebout que ocupan as prazas en toda Francia e que se estenderon por todo o mundo contra unha democracia secuestrada por corruptos e banqueiros. E por outra banda outra que sitúe o marco das tres comarcas e Galiza.

2. Información sobre a Coordenadora Galega das Marchas da Dignidade que tivo lugar o pasado luns 2 de Maio en Compostela.

3. Preparativos para o 28M en Lugo.
Tarefas aprobadas na anterior asemblea:
-Chamar a xente das listas dos buses, Inacio, Rubén, Elvira. O 9 de maio ás 18:00 no local de Fuco en Caranza.
-Presuposto buses a Lugo. Pedro.
-Empezar a mover polas redes sociais. Apróbase a proposta de vídeo para chamar a participar no 28MLugo
-Merchandising: Collemos 28 camisolas e 50 chapas

4. Outros asuntos de interese.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto:

Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

|||||||||||||||||||

sábado, 30 de abril de 2016

O 1º de Maio comezo dunha primavera de mobilización e loita

AS MARCHAS DA DIGNIDADE PROMOVEN A PARTICIPACIÓN NAS MOBILIZACIÓNS QUE VAN TER LUGAR NA NOSA CIDADE




“Que as rúas se enchan de voces e vontades para rematar co sistema inxusto que nos escraviza e empobrece. Viva o 1º de Maio!”

“O 1º de Maio comezo dunha primavera de mobilización e loita”


A situación política, social e económica está atravesando un dos peores momentos dos últimos tempos... A corrupción e o latrocinio xeneralizado, o apuntalamento dun sistema que permite a inxustiza, o empobrecemento e deterioro das condicións de vida de millóns de persoas... A xeneralización do traballo escravo, precarizado e sen dereitos... A falta de perspectiva para os nosos sectores produtivos, no agro, na pesca, na industria... O deterioro do medio ambiente, a destrución das nosas rías... É urxente frear as políticas que nos afunden en beneficio das transnacionais e dos máis ricos, das persoas cobizosas que acumulan toda a riqueza e o esforzo do noso traballo. Cumpre denunciar o TTIP (Tratado Trasatlántico de Comercio e Investimentos entre EEEUU e a Unión Europea) e esixir unha pasaxe segura para as refuxiadas e inmigrantes, denunciando a deportación e os campos de internamento. Necesitamos unha outra sociedade, xusta e equitativa que pense no benestar e na saúde das persoas. Saiamos á rúa para defender os nosos dereitos como persoas, como pobo, con dereitos, con liberdade, pan, traballo e teito.

Para as Marchas da Dignidade, este 1º de Maio é o comezo dunha primavera de loita e mobilización. O próximo 28 de Maio, en Lugo, imos construír entre tod@s unha Muralla de Dignidade. Noutras nacións, comunidades e pobos do estado van-se mobilizar ese día nun esforzo de acumular forzas contra inimigo común: as políticas do Capital transnacional e financeiro, que nos escraviza e somete.

A nivel mundial están convocadas mobilizacións anticapitalista o vindeiro 15 de Maio promovidas polos movementos #NuitDebout que ocupan as prazas en toda Francia e que se estenderon por todo o mundo contra unha democracia secuestrada por corruptos e banqueiros. Malia a violenta represión das forzas de policía e o silencio dos medios de comunicación, rapidamente contaxiouse nunhas poucas semanas, este vento de esperanza en toda Europa. Desde Madrid a Atenas e Turquía, logo de Nova York a Brasil e México, e finalmente ata Hong Kong, en todas partes, en cada praza. Este 15M ás 6 da tarde na Praza de Armas, de Ferrol, as Marchas da Dignidade promoveremos e participaremos nun acto unitario.


Ferrolterra, Maio 2016


---------

domingo, 24 de abril de 2016

Participa na Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, este venres 29 de Abril ás 6 da tarde, no Ateneo ferrolán


ASEMBLEA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA

Día: venres 29 de Abril.
Hora: 18:00 horas.
Lugar: Ateneo Ferrolán 3º Andar (Rúa Madalena, 202-204).

Puntos a tratar:

1. Decidir sobre propostas 1º de Maio.

2. Mobilizacións do mes de Maio.

- 28 de Maio manifestación Lugo.
. Primeiras tarefas a realizar.
. Presuposto dos buses a Lugo.
. Campaña nas redes sociais.

Axúdanos a difundir o evento no facebook
https://www.facebook.com/events/1773664319530143/

Á rúa, que xa toca. As Marchas da Dignidade volven a loitar polos dereitos que nos están a roubar. Non podemos deternos fronte á corrupción, o paro, as privatizacións, a Troika, o TTIP, o cambio climático...
Temos que loitar na rúa.


-Debate sobre as mobilizacións europeas de Occupy e 15M do 14, 15 de Maio.

Evento en facebook:

https://www.facebook.com/events/551217631746164/

"Xente de Europa, xente do mundo.
O 15 de maio de 2011, logo doutra protesta contra políticos , banqueiros e contra as radicais medidas de austeridade que sufriu España, un pequeno grupo de persoas decidiu que unha manifestación non era suficiente, non volveu a casa e continuou o debate na praza da Porta do Sol.
A razón era clara e simple, a nosa democracia caera en mans dos banqueiros e os nosos políticos corrompéronse. Xa non nos representaban. Era a hora de que a xente recuperase o poder para dar significado á palabra democracia. Malia a violenta represión das forzas de policía e o silencio dos medios de comunicación, rapidamente contaxiouse nunhas poucas semanas este vento de esperanza en toda Europa. Desde Madrid a Atenas e Turquía , logo de Nova York a Brasil e México, e finalmente ata Hong Kong en todas partes as prazas foron ocupadas por campamentos de soñadores que aspiraban a construír unha nova forma de democracia directa e participativa. Seguindo o modelo da Primavera Árabe a xente de abaixo comezou a organizarse en asembleas populares para crear o comezo dun movemento internacional de toda a humanidade, horizontal, e apartidista. O 15 de outubro de 2011 na Convocatoria de Occupy Wall Street un grito de democracia real resoou en máis de 1.000 cidades.

(texto provisional, desenvolvéndose nas asembleas de NuitDebout)
"


3. Información dos grupos de traballo:

-Naval.

-Plan de Choque Contra o Paro, polo Emprego e Renda Básica.


4.Varios:

- Xuntanza da Coordenadora Galega en Compostela, este luns 2 de Maio.
- proposta do Foro Cívico de premanifestacións ao 28 de Maio, coincidindo coa mobilización europea do 15M.

--------------

luns, 11 de abril de 2016

PARTICIPA NA ASEMBLEA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA





Este mércores 13 de Abril no Ateneo en Ferrol. Inicio da asemblea ás 19:15, remate ás 20:55.
Antes ás 18:00 no mesmo Ateneo, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol, convócanos a toda a cidadanía, a arroupar a rolda de prensa onde se explicará a recente sentencia do Tribunal Supremo,contra Reganosa http://artabra21.blogspot.com.es/2016/04/segunda-sentenza-en-firme-do-tribunal.html

1. Decidir sobre o Plan de Resposta Rápida.

-Plan de Resposta Rápida marchas da dignidade de ferrolterra.

-Plan de Resposta Rápida da Columna Galega das Marchas da Dignidade.


2. Debate propostas 1º de Maio

-Convite da CNT Ferrol.

3. Grupo de correo das marchas da dignidade de ferrolterra.

Quen poida levar un ordenador portátil con conexión a internet, para que as persoas que se acheguen, poidan aprender a manexar o grupo de correo.

4. Xornada de traballo sobre o Plan de Choque Contra o Paro polo Emprego e Renda Básica.

-O sábado 16 de Abril no local de Fuco Buxán en Caranza de 18:00 a 21:00

5.Información grupo de traballo sobre o naval

6.Varios


........

martes, 29 de marzo de 2016

Asemblea das Marchas das Dignidade Ferrolterra, este mércores 30 de Marzo ás 19:15hs no Ateneo en Ferrolán


PARTICIPA NA ASEMBLEA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA


Este mércores 30 de Marzo ás 19:15hs no Ateneo Ferrolán.

Coa seguinte orde do día:

1. Debate sobre o Plan de Resposta Rápida:
O compañeiro André achega dúas propostas de Plan de Resposta Rápida para o debate. Unha para as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, e outra para presentar como proposta para a Columna Galega das Marchas da Dignidade. Van en dous tipos de formato, libre odt. e privativo doc. , para o que mellor vos abra nos vosos ordenadores e móbiles.
2. Información de como van as xornadas de traballo, e proposta de data, hora e lugar, para unha nova xornada de traballo sobre o Plan de Choque Comarcal Contra o Paro, polo Emprego e Renda Básica.

3. Información sobre o grupo de traballo do naval. A anterior convocatoria suspendeuse por falta quorum. E a que está prevista para este mércores ás 18:00hs, non se convoca. Para debater nesta asemblea se hai capacidade, se paga a pena ou non, continuar con o grupo de traballo. Ou pola contra, ampliar o punto que temos no Plan de Choque Comarcal Contra o Paro, polo Emprego e Renda  Básica, no que falamos da necesaria reactivación dos estaleiros, e que presentamos nos 20 concellos das tres comarcas.

4. Varios

Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto:

Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

|||||||||||||||||||

martes, 22 de marzo de 2016

Xornada de Traballo para un Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica (Segunda Sesión).


Este mércores 23 de Marzo, continuamos coas Xornadas de Traballo para un Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica, ás 18:00 horas no local de Fuco Buxán en Caranza (Rúa Armada Española, 32 Baixo).

O obxectivo destas xornadas de traballo, é intentar desenvolver unhas bases mínimas sobre as que construír o Plan de Choque Comarcal Contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica, para poder ter información e argumentos de peso nas posibles reunións de traballo que poidamos ter cos diferentes gobernos municipais. Mais tamén ir perfilando o posicionamento político e a estratexia, para quen preside as administracións locais das tres comarcas do noroeste galego, tomen a iniciativa e se preocupen a fondo nas solucións ao declive industrial, social, demográfico e económico na que estamos inmersos nesta moi rica zona de 20 concellos e de 196.203 habitantes.

Neste enlace están os datos dos concellos  http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/

Na primeira sesión das Xornadas, elaboramos unha guía de traballo cos horarios á que achegamos: Acceder/Baixar.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |

|||||||||||||||||||||

sábado, 5 de marzo de 2016

O 28 de Maio estaremos na Rúa


O próximo 28 de Maio están previstas mobilizacións en toda Europa para facer fronte ás políticas que nos empobrecen, que nos quitan dereitos, que privatizan os servizos públicos, que privatizan os recursos naturais, que lexislan para favorecer ás grandes multinacionais e corporacións, que favorecen as crueis guerras, que contaminan e poñen en perigo a biosfera... que nos recortan dereitos e liberdades que nos queren impoñer tratados internacionais de comercio e investimento, como o TTIP, o CETA ou o TISA, contra a clase traballadora e o medio ambiente, en beneficio exclusivo das grandes corporacións empresariais transnacionais da cobiza e o saqueo "que eliminan o que consideran barreiras ao comercio: os dereitos e normas que protexen á cidadanía, aos traballadores/as ou ao medio ambiente"...

Son políticas que se o pobo nos unimos e saímos á rúa, podemos detelas, como se demostrou o pasado 27 de Febreiro na multitudinaria manifestación en defensa do mar que conseguiu que o PP de Feijoo tivese que retirar a privatizadora, empobrecedora e saqueadora Lei de Acuicultura. Temos que aprender, colaborar e compartir.

Na xuntanza de coordinación estatal das Marchas da Dignidade, celebrada o pasado 31 de Xaneiro en Madrid, realizamos unha serie de valoracións das mobilizacións de Outubro de 2015 e resolvinos na necesidade de reactualizar as Marchas como ferramenta valida de concienciación e mobilización. Propuxo-se o 28 de Maio como data para unha mobilización descentralizada en territorios e cidades. Nós como coordinadora galega autónoma e independente, mais coordinada a nivel estatal, tomamos a nosas propias decisións tendo en conta o analizado e acordado, na xuntanza estatal. Máis no medio xorden propostas de confluencia como son o resultado das xornadas europeas celebradas en Madrid os pasados 19, 20 e 21 de febreiro, onde desde un punto concreto de análise dun movemento supranacional como son as iniciativas  “Por un Plan B en Europa”, “Austerexit” o DiEM25 (Democracy in Europe Movement 2025), acaba por callar unha proposta de confluencia, trala conferencia europea na que participaron miles de persoas. O Plan B chama a un movemento internacional por unha Europa democrática e a unha gran mobilización o 28 de Maio, coincidindo coa data proposta pola Marchas da Dignidade da xa citada xuntanza estatal de coordinación. As Marchas da Dignidade, nos seus diferentes e diversos xeitos de organización, coordinadoras, plataformas, asembleas, ... a nivel territorial, non deben facer como que non ven, ou que non escoitan. Non podemos deixar que esta onda da conxunción europea formulada na "Declaración Para unha Rebelión Democrática en Europa", pase de largo ou en liñas paralelas que non se tocan e se ignoran. Hai moitos puntos en común que nos obrigan a ter en conta esta proposta. E así o vimos na Asemblea da Columna de Ferrolterra, celebrada o pasado mércores 2 de Marzo e que levamos á xuntanza da Coordinadora Nacional Galega celebrada o pasado xoves 3 de marzo en Compostela.

A próxima Asemblea de Coordinación Estatal das Marchas da Dignidade en Zaragoza, está proposta para o próximo 2 de abril. Aínda así, na anterior quedou aberta a posibilidade de vernos antes en función dos acontecementos e á espera de confirmación d@s compañer@s de Zaragoza (Ver Acta). Desde Galiza deberíamos solicitar este adianto da xuntanza estatal, pois a convocatoria europea xurdida da conferencia unitaria de Madrid e que moitos e moitas de nós subscribimos, non é algo que poidamos deixar de lado, como se non existise, temos que aborda-lo e tomar decisións. Non somos o mesmo que o Plan B, mais si temos importantes puntos de confluencia á vista do acordado no seu chamamento e declaración. Necesitamos non deixar pasar esa onda, e, sen un apoio explícito ao Plan B, si dicir que nos mobilizamos por "Unha outra Europa solidaria, xusta, democrática dos pobos e das persoas" fronte á Europa do Capital, do neoliberalismo, da cobiza e o saqueo, das grandes corporacións e da guerra.

As Marchas da Dignidade, non deben competir, senón todo o contrario, colaborar e compartir, e defender a unidade popular. Compre pois chegar a acordos con quen organiza as mobilizacións europeas do 28 de Maio, porque non é de recibo que haxa dúas mobilización paralelas o mesmo día. Poñamos-nos mans á obra xa!. Mentres, organicemos a mobilización do 28 en Lugo acordada na última xuntanza da Coordinadora Nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade.

As Marchas da Dignidade chamamos a que desde todos os recunchos de Galiza enchamos Lugo e fagamos na cidade das murallas unha grande manifestación, á vez que noutras terras e nacións do estado, á vez que noutras partes de Europa.

O 28 DE MAIO VOLVEMOS ÁS RÚAS.

Reunidos na Casa das Asociacións en Compostela, o 3 de Marzo de 2016, a Coordinadora da Columna Galega das Marchas da Dignidade, con presenza dos sindicatos: STEG, SLG, CUT, CGT e SF-Intersindical; dos colectivos: Acción Estudiantil e Colectivo Audiovisual Lentes Diverxentes; das asembleas comarcais de: Ferrolterra, O Morrazo, Vigo, Ames e Lugo; e as plataformas: Encontro Cidadán por unha Marea Galega, Asemblea Popular de Vigo, Plataforma de Afectad@s por Hepatitis C, e a Fronte Civica-SM; e os partidos políticos: PCG e Podemos; despois dun prolongado debate, acordamos convocar unha mobilización nacional o 28 de Maio na cidade de Lugo, en consonancia coas propostas  da Asemblea de Coordinación Estatal celebrada en Madrid, o pasado 31 de Xaneiro de 2016.

Trátase de situarnos, e situar, á bimilenaria muralla como parapeto defensivo da Dignidade.

PAN, TRABALLO, TEITO !!

|||||||||||||||||

luns, 15 de febreiro de 2016

Baixo chuvia e vento, en solidariedade con Alfonso e Raúl, os titiriteiros inxustamente detidos en Madrid - Fotos - Escrito de Karlotti Valle







Este sábado 13 de Febreiro de 2016, baixo chuvia e vento, en solidariedade con Alfonso e Raúl, os titiriteiros inxustamente detidos en Madrid. Pola retirada de todos os cargos que hai contra eles, pola inhabilitación do xuíz que o encarcerou e na defensa dos dereitos fundamentais. Minutos antes coa Marcha Mundial das Mulleres na denuncia do feminicidio que non cesa. Ademais das fotos que recolleitamos nas redes sociais queremos publicar este texto de Karlotti Valle que resume o noso sentir:
Arroupados pola choiva oblicua, desde o corazón da intemperie alzamos a voz contra o crime que a ignorancia alimenta, e contra o medo, a represión, a brutalidad e a miseria que o poder administra.

Denunciamos a arbitrariedade, a impunidade e a hipocresía.

Facemos responsables aos medios de comunicación, como parte do aparello represivo totalitario, que cada día, sen vergonza, exhiben, e que chaman democracia nun xesto de hipocresía intolerable.

Non imos a deixar ningunha inxustiza, ningún crime, a violencia de xénero, e a violencia económica, sen denunciar.

O machismo, a miseria, e a ignorancia, son o soporte deste poder corrupto que nos desgobeerna.

Risa e Resistencia
Marchas da Dignidade de Ferrolterra

Enlace relacionado:
Concentración en solidariedade cos Titiriteiros e en defensa dos dereitos fundamentais, sábado 13 de Febreiro na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal. | Acceder.

|||||||||||||||||

xoves, 11 de febreiro de 2016

Concentración en solidariedade cos Titiriteiros e en defensa dos dereitos fundamentais, sábado 13 de Febreiro na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal


Concentración en solidariedade con Alfonso e Raúl, os titiriteiros inxustamente detidos en Madrid, este sábado 13 de Febreiro ás 8 da tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal.


Aínda que nun principio convocamos ás 8 da tarde, con posterioridade, a Marcha Mundial das Mulleres, convocou unha concentración á mesma hora no mesmo lugar, como é habitual sempre que se produce un asasinato machista e desta vez un novo brutal crime tiña lugar hoxe en Becerrea, a violencia machista quitou-lle a vida a outra muller, un acto máis do xenocidio contra as mulleres, só polo simple feito de se-lo. Desde as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, non podemos mais que sentir repulsa ante este novo asasinato e imos participar neste acto de denuncia, repulsa e condolencia, neste berro de dor que pide xustiza que pide acabar con este sistema patriarcal de dominio contra as mulleres, non mais violencia contra as mulleres. Pola igualdade, o respecto e a non violencia.

As Marchas da Dignidade, como non podía ser doutro xeito, atrasaremos o tempo necesario para non facer coincidir os dous actos. Mais facemos un chamamento para participar no acto convocado pola Marcha Mundial das Mulleres.

Como noutros lugares da Galiza e do estado este sábado 13 de febreiro, ás 8 da tarde na Praza do Concello de Ferrol, diante do Palacio Municipal, Concentración pola retirada inmediata de tódolos cargos que hai postos contra Alfonso e Raúl, en defensa da liberdade de expresión, para reclamar a inhabilitación do xuíz Ismael Moreno que os encarcerou e a derrogación da lexislación mordaza e criminalizadora da protesta social.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto.-
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
Teléfono: 602 587 531
Blogue de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

||||||||||||||||