domingo, 11 de xuño de 2017

A Columna de Ferrolterra das Marchas da Dignidade, participou na grande Marcha a Madrid do 27 de maio de 2017 coa Columna Galega, no Bloque Solidariedade - Vídeo da Marcha e da lectura do Comunicado Unitario

Clicar na imaxe para entrar en galería

A Columna de Ferrolterra das Marchas da Dignidade, participou coa Columna Galega na grande Marcha a Madrid do 27 de maio de 2017


Esta foi a terceira marcha a Madrid, desde Galiza parteu unha Columna, principalmente no Tren da Dignidade. A Columna de Ferrolterra participamos na Galega confluíndo na zona de Novos Ministerios conformando o Bloque Solidariedade, marchando máis de seis quilometros até chegar a Neptuno, como así fixeron desde outros puntos outros bloque (Igualdade, Unidade, Liberdade, Pensionistas, Memoria Histórica, Combativo,...) desde ai até a Gran Vía que na súa confluencia coa Praza de España que dou pechada para dar lugar ao acto central da Marcha. O berros galegos de indignación e loita soaron en Madrid xunto a outros procedentes desde diferentes comunidade e nacións do Estado.


https://youtu.be/ETW3A4j2lTA

Galería da Columna Galega. | Acceder/Baixar.

---

Marchas 
da Dignidade Ferrolterra


Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/ |
Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica: http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/


PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
--- ---

venres, 19 de maio de 2017

Información sobre os percorridos da Columna Galega polas rúas de Madrid o 27 de Maio

Para ampliar clicana imaxe

Información sobre os percorridos da Columna Galega polas rúas de Madrid o 27 de Maio “ruada por Madrid”. ……punto de encontro: “Novos Ministerios” as tres da tarde. Alí sumaremos cas galegas e os galegos que xa están en Madrid.


Velaiquí a planificación dos percorridos que faremos a Columna Galega o 27M polas rúas de Madrid. A nosa “ruada pola capital” para reclamar, e facernos escoitar en galego: Pan, Traballo, Teito e Igualdade.

A chegada prevista no Tren Galego da Dignidade a Chamartin é as 13;45h. faremos un transbordo programado a un tren de proximidade que nos deixará na estación de Novos Ministerios entre ás 14:00 e as 14:15hs con tempo dabondo para comer o bocata e un pouco de lecer.

O autobús de Ferrolterra, procurará achegar-se até as inmediacións de Novos Ministerios entre as 14:00 e as 14:30hs. E a volta será ao rematar o acto final. Mais seguiremos as indicacións que a organización prevea para os autobuses. Toda persoa que viaxe no autobús terá que dar o nome completo e un teléfono de contacto.

En Novos Ministerios as 15:00h, xunto con todas as galegas e galegos que xa están ou se acheguen ese día a Madrid, sumarémonos como Columna Galega ás columnas de Asturies, Cantabria, Euskal Herria, Navarra e Castela-León para conformar o que se denominará por acordo do grupo de organización Bloque Solidariedade para facer o percorrido sinalado no plano publicado no cabezallo que podes ampliar clicando aquí.

O resto de bloques cos que teceremos un Manto de Dignidade polas rúas de Madrid serán:
  • Andalucia.....saída de Orcasitas as 12:00hs.
    Conformará o Bloque Unidade.
  • Catalunya-Levante.... saída de Vallekas (pza roxa) as 12:00hs.
    Formarán o Bloque Liberdade.
  • Extremadura-Castela a Mancha...saída de Alulche as 14:00hs.
    Formará o Bloque Igualdade.
  • O Bloque Sindical: saída da rúa Alcalá as 16:00hs.
  • O Bloque Pensionistas e Memoria: saída da Porta do Sol as 16:00hs.
Dende distintos puntos estratexicamente organizados confluiremos en torno ás  17:00h na Praza de Neptuno para iniciar o percorrido da manifestación: 
Neptuno-Granvía.

A manifestación ten prevista a saída as 17:00hs da Praza de Neptuno para rematar no final da Granvía, cara as 19:30hs onde estará o escenario e celebraremos o acto de peche.

Para o retorno no tren, fixamos o punto de encontró na estación de Chamartin as 21.00 hs que ten prevista a saída ás 22:00h.

Este é o mapa do percorrido da manifestación do 27M Neptuno-Granvía.

Para ampliar clica na imaxe
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/ |
Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica: http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/


PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
---

luns, 15 de maio de 2017

O sábado 27 de Maio, volvemos a Madrid - As Marchas da Dignidade de Ferrrolterra organizan a viaxe - Autobus Ferrol-Madrid-Ferrol


As Marchas da Dignidade Ferrolterra, acordamos organizar a viaxe a Madrid, para a grande mobilización do 27 de Maio, para encher de dignidade e rebeldía a capital do Estado. Columnas de diferentes lugares chegaremos a Madrid. A Columna Galega encontraremos-nos en Madrid con outras columnas das diferentes nacións e pobos do Estado.

Da Galiza, partirá o Tren da Dignidade, desde Coruña que se unirá a outro en Ourense nun só comboio camiño de Madrid. Desde Ferrol tamén partirá un autobus. Este sairía a mañá do mesmo sábado 27 de maio ás 6:30hs, desde o Monumento 10 de Marzo, á Solidariedade Obreira (No barrio de Recimil), pasando por Caranza, Fene e Cabanas. O prezo será de 35 euros (Ida/Volta). A data tope para apuntarse é o mércores 24 de maio, ás 7 da tarde.

Quen queira facer unha contribución voluntaria para apoiar a viaxe, pode face-la, dirixindo-se a calqueira compañeira ou compañeiro ou escribindo unha mensaxe.

Para apuntar-se

Enviar mensaxe a:

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Ou chamar por teléfono ao 645158113.

Quen poida e queira ir no tren, ten que facé-lo antes do sábado día 20 de maio e chamar ao teláfono 654 629 190  ou 696 903 890

Ou escreber no formulario de reserva "on-line":

https://goo.gl/forms/twgTLf6f4VvCPlZ43

--


MANIFESTACIÓN EN MADRID 27 DE MAIO ÁS 5 DA TARDE NEPTUNO-GRANVÍA.

Moi Importante: Información sobre os percorridos da Columna Galega polas rúas de Madrid o 27 de Maio. | Ir á Web.

---

Tren da Dignidade, o 27 de Maio a Madrid - Pan, Traballo, Teito e Igualdade ! - Formulario de de reserva


O vindeiro sábado 27 de maio as galegas e os galegos con conciencia e dignidade volvemos a Madrid para formar unha "columna" de fala galega, e para que os gobernos, títeres e corruptos, escoiten como berramos alto e claro en Madrid: PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE.

Dous trens alugados a RENFE sairán do norte e do sur ás 7:30 da mañán do sábado para estar de volta na casa na madrugada do domingo, sobre as 3:30, con tempo para descansa fccr e disfrutar do domingo ca sastisfación de poder decir: “Eu tamén estiven acolá...”

APUNTAR-SE ANTES DO 20 DE MAIO

O prezo de ida e volta é de 50 euros.

Non demores a reserva da túa praza. Son limitadas.

Contacta connosco nos teléfonos:

Morrazo 986.392.003
Vigo  986.220.639 / 661.402.977

Pontevedra 627.791.645

Ourense  661.402.977

A Coruña/Ferrol  654 629 190 / 696 903 890

Formulario de reserva "on-line".

https://goo.gl/forms/twgTLf6f4VvCPlZ43

---

O 27 de Maio, volvemos a Madrid - Pan, Traballo, Teito e Igualdade - Manifesto Unitario


MANIFESTO-CHAMAMENTO 27 DE MAIO DE 2017

A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO

Tras un período cheo de citas electorais que a moita xente lle fixeron concibir esperanzas de que mediante novos gobernos os seus problemas puidesen solucionarse, comprobamos que isto non foi así. Ao contrario, atopámonos ante unha situación extremadamente difícil, de emerxencia social, que nos convoca a dar unha resposta colectiva e masiva da clase traballadora, a cidadanía e os pobos, como perspectiva para todas e todos aqueles que están loitando e que sofren as contradicións deste sistema que só xera paro, precariedade, pobreza e violencia.

Millóns de traballadores e traballadoras atópanse sen emprego. Ter unhas mans para traballar, dispoñer da túa capacidade tanto manual como intelectual e non atopar un traballo digno é humillante. Estase desperdiciando o talento colectivo dunha sociedade, hipotecando indefinidamente o seu futuro. Os traballadores e traballadoras non nos merecemos leste atropelo á nosa dignidade colectiva.

Centos de miles de familias perderon a súa casa. Non hai nada máis inhumano que desaloxar a unha familia do seu fogar só para alimentar a voracidade insaciable duns banqueiros sen escrúpulos. Banqueiros aos que os estados servos da Troika alimentan a costa de empobrecer aínda máis á clase traballadora e ás persoas máis indefensas.

Mentres, a patronal, aproveitando o drama do paro masivo, aperta as tuercas á baixa dos salarios e das condicións de traballo ás persoas que aínda teñen un emprego. A mocidade traballadora foi sometida a unha dobre escala salarial xeneralizada. Traballadores e traballadoras, sobre todo inmigrantes, que, ante a difícil situación, non poden sequera cuestionar o seu papel de meros explotados/as polo capital. Hoxe máis que nunca é preciso estreitar lazos e reafirmar que "nativa ou estranxeira, todos somos a mesma clase obreira".

Á súa vez, un millón de persoas han emigrado nos últimos anos. A inmensa maioría novas a quen se lles nega a posibilidade de forxar un proxecto de vida digno e vense abocados a buscarse a vida no estranxeiro como antes fixeron os nosos pais e avós. Non podemos por iso sinalar ás persoas migrantes como responsables da crise, senón como as súas primeiras vítimas.

O patriarcado. Un modelo de sometemento para a metade da poboación

As mulleres dicimos non a un sistema patriarcal que nos arrastra a épocas do pasado e que nos impide avanzar en igualdade,quitándonos o dereito a decidir sobre os nosos corpos, estendendo os crimes machistas, intensificando a desigualdade como reflicte a crecente brecha salarial, e provocando a volta aos fogares para dedicarnos á crianza e os coidados, sen recoñecemento nin remuneración. Así mesmo, as nosas nais vense abocadas á pobreza con pensións míseras cando é o seu traballo o que mantivo e mantén a vida e a economía produtiva.

Reclamamos, Pan, Traballo, Teito, e IGUALDADE.

Contra a tenaza da Débeda imposta pola UE e o FMI.

O goberno do PP e demais gobernos de todas as cores, executan ao dictado da Troika (Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo e Comisión Europea), políticas consistentes no roubo de dereitos e o empobrecemento xeneralizado da maioría social. Estas políticas que se fundamentan no pago dunha Débeda ilexítima que non contraeron os cidadáns e cidadás, son produto da especulación bancaria e os excesos dos distintos gobernos. A degradación dos dereitos sociais e medio ambientais se degradará, aínda máis, co CETA (Tratado de Libre Comercio entre a UE e Canadá).

Trala modificación do artigo 135 da Constitución polo goberno do PSOE, co apoio do PP, a aplicación do Tratado da Zona Euro de 2012, impón a todas as administracións públicas, incluída a Seguridade Social, obxectivos de Déficit destinados a adelgazar sen límites o gasto público en servizos sociais e as pensións públicas.

A redución do gasto en servizos públicos xunto coa privatización de todo o rendible (o último eslavón é AENA) e a subcontratación da prestación de servizos públicos con empresas privadas que obteñen as súas infames beneficios precarizando ao máximo as condicións laborais, serven ao mesmo gran obxectivo: poñer a disposición do capitalismo en crise os mellores pedazos da torta dos orzamentos públicos. O resultado é o desmantelamento da sanidade e a educación públicas, así como dos servizos sociais, a maior gloria da empresa privada. O aumento escandaloso dos gastos militares ao servizo das guerras imperiais reforza a nosa reivindicación de saír da OTAN e desmantelar as Bases.

Cunha maioría de pensións públicas que non aseguran o mínimo necesario para sobrevivir -máis da metade dos pensionistas cobra por baixo do salario mínimo e cerca do 40% das familias dependen dunha pensión-, co vergonzoso copago de medicamentos para os pensionistas e o atraco á nosa "peto das pensións", prepáranse novos ataques contra as pensións públicas, ao amparo do infame "Pacto de Toledo", en beneficio dos plans de pensións privados.

O drama do pobo grego e a aceptación polo goberno de Syriza de todas as imposicións da Troika, ata coa vitoria do NON no referendo, mostra con toda claridade como a UE e o Euro actúan como camisa de forza para afogar a soberanía popular. No seu contra é preciso promover a loita e a unión da clase obreira e dos pobos de Europa.

Ruptura co Réxime do 78

Ao capitalismo estórbanlle as liberdades e os dereitos da maioría social. É un sistema que busca exclusivamente o beneficio privado duns poucos e que nos leva inexorablemente a unha catástrofe social e medioambiental de alcance incalculable.

E cando se protesta, sempre obtemos a mesma resposta: a represión e criminalización do sindicalismo de clase e dos movementos sociais. É un sistema que necesita a represión, que xera leis como a Lei Mordaza para manterse e que debe ser superado coa loita na rúa. Unha lei que demostra ás claras que mentres as e os que loitan son multados, detidos e condenados a prisión, os que especulan coas nosas vidas vanse a vivir a Suíza, como o caso de Urdangarín.

Agora, a aprobación de leis que deixan as mans libres ao esquirolaxe e limitan o dereito de folga, que aceleran o desaloxo de vivendas ocupadas, ou o novo pacto social que se está cociñando coa complicidade das burocracias sindicais para un novo Estatuto dos Traballadores, son novas voltas de porca que nos atenazan e ás que hai que enfrontar con organización e loita obreira e popular.

A descomposición do réxime xurdido da Constitución do 78 faise evidente. Naceu contra o pobo, está corroído pola corrupción e non ten ningunha lexitimidade. Aos capitalistas herdeiros do franquismo, sumáronselles os novos ricos do PSOE e doutros partidos nos diferentes gobernos -que amasaron as súas fortunas coas privatizacións e a escandalosa corrupción. Esta corrupción xeneralizada que, non o esquezamos, está no código xenético do sistema capitalista, actúa con total impunidade precisamente pola supervivencia de todas as estruturas de poder herdeiras da Ditadura: monarquía borbónica, xustiza, forzas armadas, policías de todo tipo, igrexa católica, altos cargos da administración, etc.

É este Réxime podrecido o que se viu sacudido pola mobilización popular e o que pretende asentarse sobre a miseria da inmensa maioría da clase obreira, a precariedade laboral e social, a represión da loita social e dos dereitos nacionais dos pobos do Estado español.

As Marchas da Dignidade, á vez que recoñecemos a lexitimidade do dereito dos pobos a decidir soberanamente o seu destino, chamámoslles a loitar unidos contra ese réxime corrupto, estreitando os lazos de clase que nos permitan avanzar, aquí e agora, na loita contra o capitalismo e o seu puño de ferro: a UE e a OTAN.

Á vez que esiximos a liberdade para Alfon, Bódalo, e para todas as presas e presos encarcerados por loitar, suscitamos que a Lei Mordaza e o conxunto da lexislación antiterrorista deben ser derrogadas.

As Marchas da Dignidade teñen como método fundamental de traballo unificar as loitas.

Ao seu ao redor vanse agrupando,e chamamos a agruparse a pensionistas, desempregados e desempregadas, mulleres en loita pola igualdade e contra as violencias machistas, as traballadoras e os traballadores en conflito -incluídas as persoas que están loitando polo retorno á xestión pública-, ás que loitan por unha educación e sanidade públicas gratuítas e de calidade, a quen denuncian ás empresas que depredan o medio ambiente, etc. Chamamos a sumarse en fin, a todas aquelas persoas que creen que outro mundo, máis xusto e solidario, ademais de posible, é necesario.

Na loita difícil que emprendemos por un cambio real, non un simple cambio de goberno, necesitamos que quen esteamos dispostos a pelexar nos unamos. A construción de poder popular esixe pasos pacientes e firmes que non se deixen seducir polos cantos de sirena de falsas solucións institucionais que tan caro pagamos na Transición e que hoxe, no marco da Unión Europea, son máis enganosos que nunca.

TODOS E TODAS A MADRID O 27 DE MAIO

Nese camiño, de construción paciente e firme da forza necesaria para cambiar de verdade as cousas e construír unha sociedade a favor e das e os traballadores, para o que sabemos que a folga xeral é unha ferramenta moi importante de conciencia e organización, chamamos a encher de dignidade e rebeldía a capital do Estado español, Madrid, o 27 de maio de 2017.

Ese día chegaremos columnas de todos os pobos e nacións do estado a Madrid e tamén desde a emigración. Á vez que convocamos á clase obreira e a todos os pobos do Estado español a mobilizarse, facemos un chamamento especial ao pobo de Madrid, antifascista e solidario, a incorporarse a esta gran mobilización.

PAN, TRABALLO, TEITO E IGUALDADE:
  • En defensa de pensións públicas dignas e a cargo dos Orzamentos. Non ao Pacto de Toledo.
  • Polo emprego estable, salarios dignos e a renda básica: Derrogación das reformas laborais.
  • Pola liberdade das persoas presas e procesadas por loitar. Amnistía.
  • Polo non pago da débeda. UE e FMI fose xa de aquí.
  • Pola defensa dos Servizos Públicos como dereitos esenciais.
  • Contra o feminicidio: Querémonos vivas, nin unha menos.

---

venres, 24 de febreiro de 2017

En defensa das pensións e os servizos públicos - Sairán dúas columnas da Marcha Galena na Coruña este sábado 25 de febreiro, desde as 12 do mediodía - Marchas da Dignidade


A lectura do MANIFESTO consensuado para o remate da mobilización, nos xardins de Méndez Núñez, correrá a cargo da compañeira VICTORIA PORTAS voceira de MODEPEN.

O MONFORTINO ANTON VALCARCE E O FERROLAN MANOLO BACALLAU PECHARAN O ACTO DAS MARCHAS DA DIGNIDADE O 25 DE FEBREIRO NO PALCO DA MUSICA DOS CANTONS. A FANFARRIA TAQUIKARDIA ACOMPAÑARÁ ÁS COLUMNAS EN TODO O PERCORRIDO DA MARCHA POLAS RÚAS DA CORUÑA EN DEFENSA DAS PENSION E DOS SERVIZOS PUBLICOS….Imossss!!!!!!! O 25F TOD@S Á CORUÑA

Xunto a Manolo Bacalhau, Antón Valcarce e a Fanfarria Taquikardia, incorporase Lucía Aldao.

COLUMNAS

O día 25 haberá dúas columnas:

Columna 1 (Mapa) e Columna 2 (Mapa)

Fanfarria Takicardia acompañará á primeira columna, e logo tocará unhas cancións nos xardíns. Acompañando á columna tamén irá un grupo de animación disfrazado, que irá repartindo panfletos e dándolle alegría á manifa.

https://youtu.be/Hm8PkBHkUVE

Na segunda columna tamén haberá animación e música por parte do mesmo grupo.

A idea é que nas columnas vaia xente disfrazada, é entroido e seguro que hai mil disfraces que mola levar á manifa. Por exemplo, a galería de fenómenos: Acceder/Baixar. Caretas en PDF para imprimir en cartolinas A3, poñer gomas e levalas.

Tamén mola que a xente se anime a levar cartaces e pancartas coas frases que se lles ocorra, queda moi vistoso que a xente exprese o que queira a maiores das faixas que leven os colectivos.

|||||||||||||||

domingo, 22 de xaneiro de 2017

Ferrolterra estivo presente na Acción Internacional contra o CETA, o tratado neoliberal económico e comercial entre Canada e a Unión Europea que se pretende que aprobe o Parlamento Europeo a principios de febreiro


Ferrolterra, a través de 17 colectivos e organizacións [*], uneu-se aos movimentos populares de resistencia, estando presente na Acción Internacional, "Día Europeo de Accións contra o CETA", o tratado -neoliberal- económico e comercial, entre Canadá e a Unión Europea que pretenden que se aprobe no Parlamento Europeo, a principios de febreiro. Un tratado que empobrece aos pobos e ao medio ambiente, e que fundamentalmente beneficia aos intereses das grandes corporacións multinacionais industriais e financeiras. Na Galiza tamén participarón na Acción: en Vigo e Ourense. A mobilización tivo lugar en centos cidades de toda Europa, o sábdo 21 de xaneiro, para incidir sobre a votación do Tratado, e conseguir que non se aprobe.

A Acción Internacional, silenciada a mantenta polos mass-media, tiña como obxectivo amosar a indignación e oposición ao Tratado que está previsto que o próximo martes 24 de xaneiro, sexa votado na Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo

O Tratado foi cuestionado por amplos sectores da sociedade civil, tanto na Unión Europea como en Canadá por non ofrecer garantías respecto da protección do medio ambiente e os dereitos fundamentais das persoas.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transaccións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.

Manifesto Unitario leido na concentración, en formato pdf: Acceder/Baixar.

---
A Campaña Europea NONaoTTIP, CETA, TiSA, pode-la seguir na web e nas redes sociais: En facebook e twitter.

Web da Campaña Europea:
http://www.noalttip.org/



Collage da Acción en Ferrol
[*] 17 Colectivos e organizacións convocaron a Acción Internacional en Ferrolterra:

- A Revolta de Trasancos Colectivo Sociocultural.
- Asociación Galega Contra o Maltrato a Menores - Agamme.
- Ateneo Ferrolán.
- Bloque Nacionalista Galego -BNG.
- Colectivo Ártabra 21.
- Decide en Común.
- Espazo Ecosocialista.
- Esquerda Unida -EU.
- Foro Galego de Inmigración.
- Fuco Buxán A.C.
- Fundaçom Artábria.
- Grupo de Consumo Fonte da Uz.
- Ligando.
- Marcha Mundial das Mulleres.
- Marchas da Dignidade Ferrolterra.
- Muiño do Vento Asociación Sociocultural.
- Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.

----

venres, 13 de xaneiro de 2017

Convocada en Ferrolterra unha mobilización popular no día de Acción Internacional contra o CETA - Sábado 21 de Xaneiro, ás 12 do mediodía no Cantón - STOP CETA, Non á Ditadura das Grandes Coorporacións Transnacionais, na Defensa dos Pobos e do Medio Ambiente


CONCENTRACIÓN UNITARIA EN FERROLTERRA
NA ACCIÓN INTERNACIONAL CONTRA O CETA
SÁBADO 21 DE XANEIRO

NO CANTÓN DE FERROL (NAS INMEDIACIÓNS DO PALCO DA MÚSICA) | ÁS 12 DO MEDIODÍA

STOP CETA
NON Á DITADURA DAS CORPORACIÓNS TRANSNACIONAIS,
NA DEFENSA DOS POBOS E DO MEDIO AMBIENTE.

Co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a Unión Europea e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá) que está convocada para o sábado 21 de xaneiro de 2017. Tratado que está previsto que se debata no Parlamento Europeo a principios de febreiro e que no caso de que se aprobe, repetirían-se os debates nos diferentes parlamentos estatais, mesmo sería bon que se levara na Galiza aos diferentes concellos e ao Parlamento Galego, para crear un debate popular máis xeneralizado, mais iso depende dos partidos políticos e dos seus intereses.

O CETA é un tratado, no cal a modo de exemplo, de estar en vigor afectaría de cheo na nosa economía e ao noso poder de decisión. Todos lembramos o asunto da Mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) onde a empresa Edgewater (que aínda non renunciou definitivamente), de capital canadense quería explotar unha mina de ouro destruíndo montes enteiros e enchendo as nosa augas e ríos de cianuro mercurio. Pois ao rexeitar o proxecto a compañía mineira podería esixir unha indenización multimillonaria e sen someterse aos tribunais ordinarios de xustiza (neste momento ten que lixitar no Tribunal Internacional da Haya onde pide sobre 20 millóns). O CETA prevee un sistema de resolución de conflitos inversor-estado (ICS) de acceso exclusivo aos inversores estranxeiros.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transsacións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.

COMUNICADO

O Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá, (CETA polas súas siglas en inglés), e tamén coñecido como o "TTIP canadiense", polos súas similitudes con ese acordo, atópase na fase final do seu proceso de ratificación.

O CETA estivo a piques de quedar bloqueado no Consello Europeo pola negativa do Parlamento da rexión belga de Valonia a dar o visto bo á súa aprobación, pero finalmente as numerosas presións internacionais forzaron aos belgas a aceptar o tratado.

O próximo 24 de xaneiro o CETA será votado na Comisión de Comercio Internacional (INTA) do Parlamento Europeo; a Campaña NON ao TTIP, CETA, TiSA, así como moitas outras campañas europeas, convoca mobilizacións en todo o territorio o día 21 de xaneiro para incidir sobre a votación do Tratado en febreiro.

Na seguinte fase do proceso, a última antes da súa aplicación provisional, o acordo na súa totalidade (sen posibilidade de engadir enmendas) será votado no pleno do Parlamento Europeo, nos primeiros días de febreiro. En caso de ser ratificado, amplas seccións do tratado comezarían a aplicarse provisionalmente, de forma previa á ratificación final por parte dos distintos parlamentos estatais.

O CETA foi cuestionado por amplos sectores da sociedade civil, tanto na Unión Europea como en Canadá por non ofrecer garantías respecto da protección do medio ambiente e os dereitos fundamentais das persoas. Na Unión Europea, máis de 3,5 millóns de persoas asinaron unha petición en contra do CETA e o seu tratado gemelo, o TTIP, que negocian Estados Unidos e a Unión Europea.

Malia que varios anexos e "declaracións interpretativas" foron engadidas ao CETA a posteriori para tratar de sumar apoios, estes textos non modifican sustancialmente o acordo, que continúa presentando numerosos problemas:

O CETA autorizaría a miles de corporacións a demandar aos gobernos por adoptar medidas lexítimas e non discriminatorias para a protección da poboación e do planeta a través dun sistema de resolución de conflitos inversor-estado (ICS) de acceso exclusivo aos inversores estranxeiros. Un auténtico sistema legal paralelo ao que as corporacións poden acudir para defender os seus dereitos eludindo os tribunais existentes, e ao que nin as organizacións da sociedade civil nin as empresas nacionais teñen acceso.

Nun neto contraste cos dereitos das corporacións, as provisiovisión do CETA en canto a dereitos laborais e desenvolvemento sostíbel non poden ser efectivamente reforzadas mediante sancións e quedan-se en declaracións ocas que non equilibran outros capítulos do tratado que afectan aos dereitos das traballadoras e traballadores, ou á protección do medio ambiente.

O CETA limita seriamente a capacidade dos gobernos para crear, expandir e regular os servizos públicos, para revertir liberalizacións e privatizacións fracasadas.

O CETA fai que Canadá e a Unión Europea sexan máis vulnerábeis ás crises financeiras posto que se producirá unha maior liberalización dos mercados financeiros.

Un estudo independente dos impactos económicos do CETA predice que se perderán postos de traballo tanto na Unión Europea como en Canadá, e que os pequenos beneficios do tratado seran fundamentalmente para os donos do capital, co consiguiente aumento da desigualdade.

O CETA podería aumentar o custo das prescripcións de medicamentos e impactaría negativamente en dereitos fundamentais como o dereito á privacidade e á protección de datos. Tamén limitaría a capacidade tanto da Unión Europea como de Canadá de actuar contra patentes excesivas.

As normas do CETA en canto a cooperación reguladora e ás regulacións nacionais poñerán obstáculos adicionais ás regulacións e reforzarán o papel dos lobbistas corporativos nos procesos de elaboración das políticas, socavando potencialmente a adopción de políticas de interese publico.

En ambos lados do Atlántico, o CETA expoñería ás agricultoras a unha presións competitivas que minarían o seu modo de vida, obstruiría as políticas de compra pública de alimentos locais, e ameazaría os estándares de produción e procesamiento de alimentos, facendo imposíbel o desenvolvemento dunha agricultura sostíbel.

As medidas de precaución para protexer aos consumidores, á saúde pública e ao medio ambiente poden ser postas en cuestión polo CETA, xa que nin no texto nin nas declaracións anexas se protexe explícitamente o do principio de precaución na política regulatoria europea.

STOP CETA !
NA DEFENSA DOS POBOS E DO MEDIO AMBIENTE !

17 Colectivos e organizacións convocamos a Acción Internacional en Ferrolterra:

- A REVOLTA DE TRASANCOS COLECTIVO SOCIOCULTURAL.
- ASOCIACIÓN GALEGA CONTRA O MALTRATO A MENORES - AGAMME.
- ATENEO FERROLÁN.
- BLOQUE NACIONALISTA GALEGO -BNG.
- COLECTIVO ÁRTABRA 21.
- DECIDE EN COMÚN.
- ESQUERDA UNIDA -EU.
- ESPAZO ECOSOCIALISTA.
- FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN.
- FUCO BUXÁN A.C.
- FUNDAÇOM ARTÁBRIA.
- GRUPO DE CONSUMO FONTE DA UZ.
- LIGANDO.
- MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.
- MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA.
- MUIÑO DO VENTO ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL.
- STOP DESAFIUZAMENTOS DA REDE DE APOIO MUTUO DE FERROLTERRA.

_____________

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Acción, desde Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo) - Domingo 15 e Luns 16 de Xaneiro - Moi interesante Vídeo: #MoitoPeixeRompeARede


Acción, en Ferrolterra, en Solidariedade con Diego Lores e a Asemblea Aberta de Coia (Vigo).

O pasado luns 9 de xaneiro, tiña lugar en Ferrol, un acto público: "Quéren-nos en soidade, teran-nos en común", unha Palestra-Coloquio á que se achegarón activistas da Asembleia Aberta de Coia (Vigo) O xuntanza tivo lugar no salón de actos do #AteneoFerrolán que iniciou coa proxeción da curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, unha peza de 8 minutos que fai un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e polas consecuencias da mesma. Trataba-se de poñerlle voz e corpo ás loitas veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas, colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte a represión das que denuncian e traballan pola xustiza social.

O acto estaba enmarcado na campaña de solidariedade con Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do vigués barrio de Coia.
Actos de Solidariedade en Ferrol
No transcurso do Acto compañeiras e compañeiros das Marchas da Dignidadse, comprometeron-se a contribuir, desde Ferrolterra, un pouco máis na campaña a prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Acordou-se repartir follas informativas na Feira de Ferrol, este domingo 15 de xaneiro, ás 11 da mañá nas inmediacións do Teatro Jofre. E facer unha acción en solidariedade co compañeiro represaliado, o vindeiro luns 16 de xaneiro ás 8 da tarde no Cantón, nas inmediacións do Palco da Música.


https://youtu.be/ISy2Ezu68w0

Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de cara o xuízo do próximo 17 de xaneiro. Lores enfronta unha pena de tres anos e medio de prisión e 30.356 euros de responsabilidade civil pola denuncia dun axente municipal, que o acusa sen probas de agredi-lo e lesiona-lo.

Os feitos ocorreron o  15 de decembro de 2014, nunha das cargas policiais contra a veciñanza. "Diego sempre foi unha das caras máis visíbeis da loita da rotonda de Coia, polo que creemos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes", consideran desde a Asemblea Aberta, e recordan que iniciaron a protesta pacífica contra este "proxecto megalómano e esperpéntico" porque representaba "un insulto e unha provocación" ante a falta de fondos para emerxencias sociais.

O comunicado sinala o "cúmulo de contradicións e incongruencias por parte da acusación particular (a Policía Local)" durante toda a instrución do procedemento. De feito, a propia Fiscalía determinou en dúas ocasións que non existen indicios de delito, polo que pediu o sobresemento do caso. O Ministerio fiscal determinou que as probas aportadas eran insuficientes e que non queda “acreditado debidamente que por parte do acusado se cometese a infracción criminal da que se lle acusa”.

Por estes motivos, centos de artistas, representantes públicos e profesionais de todos os ámbitos veñen de amosar o seu apoio e solidariedade coa absolución de Lores. "O que nós berrabamos hai dous anos, seguímolo berrando agora: as nosas armas son a razón, as arelas de xustiza social, a utopía dun mundo mellor. Non precisamos nin da forza nin da violencia", apuntan desde o colectivo veciñal, que sufriu numerosas multas e detencións, así como a condena do activista Xurxo Romero, pola súa defensa dos dereitos sociais da veciñanza de Vigo simbolizada na rotonda do Alfageme.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

#ColumnaFerrolterra

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com


Teléfono Ferrolterra
635 229 857

Páxina no Facebook da asemblea Aberta de Coia:
https://www.facebook.com/asembleaabertacoia/

Web de ODS:
http://odscoia.arkipelagos.net/

Fonte dalgúns textos: A Detroit viguesa.
---

martes, 10 de xaneiro de 2017

Autoconvocatoria para este xoves 12 de xaneiro, ás 7 no Ateneo Ferrolán: intentar conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, co obxectivo de participar na convocatoria internacional contra o CETA


O pasado 21 de Decembro, conseguimos en Ferrolterra facer unha mobilización unitaria contra a pobreza enerxética, con relativo suceso, pensamos que dado a data concreta, onde tiñan lugar os diferentes festivais de nadal nas escolas e ceas de empresa ou amizades..., mais conseguimos reunir-nos baixo unhas reivindicacións concretas 31 colectivos e organizacións que valoramos moi importante.

Desta volta pretendemos conseguir unha nova mobilización unitaria en Ferrolterra, mais o obxectivo é o de participar na convocatoria internacional contra o tratado de comercio e investimentos entre a UE e Canadá (CETA - Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá) que está convocada para o sábado 21 de xaneiro. Tratado que está previsto que se debata no Parlamento Europeo a principios de febreiro, deste 2017, e que no caso de se aprobar, repetirían-se os debates nos diferentes parlamentos estatais, mesmo sería bo que se levara na Galiza aos diferentes concellos e ao Parlamento Galego, para crear un debate popular máis xeneralizado, mais iso depende dos partidos políticos e dos seus intereses.

O CETA é un tratado, no cal a modo de exemplo, de estar en vigor afectaría de cheo na nosa economía e ao noso poder de decisión. Todos lembramos o asunto da Mina de Corcoesto (Cabana de Bergantiños) onde a empresa Edgewater (que aínda non renunciou definitivamente), de capital canadense quería explotar unha mina de ouro destruíndo montes enteiros e enchendo as nosa augas e ríos de cianuro. Pois ao rexeitar o proxecto a compañía mineira podería esixir unha indenixzación multimillonaria e sen someterse aos tribunais ordinarios de xustiza.

O CETA, como o TTIP e o TISA, non son tratados beneficiosos para as clase traballadora e o resto das clases populares, tanto de Europa, como de USAmérica ou Canada, só benefician a grandes corporacións transnacionais que impoñen os seus criterios para que os estados lexislen no seu beneficio, a cambio de transsacións comerciais ou investimentos que na maioría dos casos son moi prexudiciais para os pobos e o medio ambiente.

Desde a Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, decidimos promover unha autoconvocatoria aberta a partidos, sindicatos, plataformas, asociacións, ... co obxectivo de realizar unha mobilización comarcal, contra este Tratado e contribuír en Ferrolterra á grande mobilización internacional que se vai producir en Europa e Canada, o vindeiro sábado 21 de xaneiro de 2017.

Acordamos facer unha autoconvocatoria:

Día: xoves 12 de xaneiro.
Hora: ás 7 da tarde.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).


Proposta:
Desde as Marchas propoñemos realizar unha Concentración con intervencións das organizacións participantes, o sábado 21, ás 12 do mediodía, no Cantón, fronte ao Palco da Música.

Enlaces de interese:

http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/

http://www.noalttip.org/movilizaciones-descentralizadas-contra-el-ceta-21-enero/

---