Manifestación en solidariedade con Emilio Cao e contra a Lei Mordaza
A Columna Galega das MMdD chama a sair á rua contra a represión. Sábado 3 de Decembro, ás 12 do mediodía na Praza Maior d'O Carballiño.
As Marchas da Dignidade Ferrolterra van ao Carballiño, este 3 de Decembro, tod@s somos Emilio Cao, contra a represión, contra a Lei Mordaza, Solidariedade...! e Loita ....!!!
https://youtu.be/-N-CZw0m3nk
A COLUMNA GALEGA DAS MMdD CHAMA A SAIR Á RÚA CONTRA A REPRESIÓN. O SÁBADO 3 DE DECEMBRO ÁS 12,00H MANIFESTACIÓN NACIONAL NO CARBALLIÑO. SOLIDARIEDADE CON EMILIO CAO E TODXS QUE SOFREN A REPRESIÓN DO RÉXIME !!
Supera xa o cento de persoas encausadas polas mobilizacións das Marchas da Dignidade.
Os diferentes procesos xa iniciados atópanse en diferentes fases procesais máis o que de máis preto nos toca e o que lle afecta a Emilio Cao, un rapaz do Carballiño que formou parte da Columna Galega na mobilización do 22M na que centos de galegas e galegos a título particular, outrxs embarcados na decena de autocares que se fretaron ou no emblemático “Tren da Dignidade”, levamos e paseamos a Dignidade Galega polas rúas de Madrid demandando PAN, TRABALLO E TEITO para todxs.
O réxime quixo criminalizar esa manifestación que foi totalmente pacífica como posteriormente se puido demostrar. Non ían connosco activistas de “Resistencia Galega” como dende a montaxe policial nos quixeron facer ver. A Resistencia Galega amosámola protestando pacificamente xunto con xentes do común do resto das columnas que chegaron a Madrid dende todos os pobos, nacións e comunidades do estado español.
O réxime non podía consentir o que foi unha das máis grandes manifestacións pacíficas contra os gobernos que se lembran en Madrid, e tomou reféns. Un dos reféns foi EMILIO CAO ao que agora, dous anos e medio despois, a fiscalía lle pide 5 anos e oito meses de prisión e 600 euros de multa só polo feito de protestar pacificamente igual que o fixemos cada un e cada unha de nós.
As Galegas e os Galegos, a xente de ben, NON O PODEMOS CONSENTIR. Imoslle amosar todo o noso apoio e solidariedade o vindeiro día 3 no Carballiño a Emilio e a todxs xs inxustamente encausados polo só feito de protestar, e vaia todo o noso rexeitamento a este goberno, a este réxime, que nos quere calados, amordazados e na casa, (xs que ainda dispoñan dela, claro!!!)
---