xoves, 27 de febreiro de 2014

Convocada unha Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrol Terra - Luns 3 de Marzo, ás 6 da Tarde


ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRA, O 3 DE MARZO, ÁS 6 DA TARDE, NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA. PARTICIPA!!

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da , está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos.

O próximo luns 3 de Marzo, ás 18h. no Centro Cívico de Caranza, esta convocada unha asamblea aberta para organizar o apoio as Marchas que sairán da nosa comarca, para reivindicar Para demostrar que somos moitos e moitas as que imos marchar para defender:
« O dereito ao traballo
« Os dereitos sociais e a renda básica
« O dereito a unha vivenda digna
« Os servizos públicos: a sanidade e a educación
« A loita contra a corrupción
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario
Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Madrid o 22M.

Asemblea das marchas da Dignidade Ferrolterra

Dignidade Pan, traballo e teito.

POLO PAN, POLO TRABALLO, POLO TEITO!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/621901031214505/

Contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

Blogue galego
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Ferrol, a 20 de Febreiro de 2014
---

"Traballo, Pan e Teito" comezan as Marchas da Dignidade en Ferrol Terra


As Marchas da Dignidade comezaron a súa andaina en Ferrol. Hoxe, despois da súa asemblea constituínte o pasado xoves (20.02.2014), realizaron unha marcha polas rúas do centro da cidade reivindicando “PAN, TRABALLO E TEITO”. Unha marcha que coincidía coas convocadas nas cidades de toda Galiza. Unha columna que se achegou até o edificio da Xunta, a pé, desde o barrio de Caranza, a #ColumnaCaranceira, portaba nunha faixa onde se podía ler “Á RÚA QUE XA É HORA”. Participaron tamén na marcha plataformas cidadás como a de STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca -PAH- e a da Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Na praza do concello, a marcha uniuse á concentración convocada para rexeitar o asasinato machista de María Luisa Jiménez Jimenez, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres. Gardou-se un minuto de silencio. Vari@s marchistas, leron o comunicado baixo unha chuvia intensa que non arredou á xente da praza. Para rematar lembráronse as próximas citas das marchas pola Dignidade en Ferrol Terra. Mañá, 27 de febreiro uniranse á convocatoria da Alianza Social Galega, e o luns 3 de marzo, Asemblea Aberta no Centro Cívico de Caranza ás 6 da tarde.

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/


Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Un detalle da minfestación en Ferrol

http://youtu.be/sYuEPbVIXco


Nota.- En poucas horas publicaremos os aúdios do final da manifestación, onde catro marchistas deron lectura ao Comunicado. Por estar chovendo non puido haber sesión de micro aberto.
_____________

luns, 24 de febreiro de 2014

Diego Cañamero convidado á presentación na Coruña das Marchas da Dignidade da Galiza - Domingo 2 de Marzo de 2014 - "Non nos dá medo a represión de Estado senón o silencio dos pobos"


Diego Cañamero: "Non nos dá medo a represión de Estado senón o silencio dos pobos"

Os vindeiros sábado e domingo, 1 e 2 de Marzo, o sindicalista andaluz, Diego Cañamero, un dos impulsores das Marchas da Dignidade está convidado a participar na presentación das Marchas na Galiza.

En Vigo, o Sábado 1 de Marzo, a presentación celebrara-se no salón de de actos dos Capuchinos na rúa Vazquez Varela, 15, ás 6 da Tarde.

Na Coruña, terá lugar o Domingo 2 de Marzo, será no local da Asociación Veciñal 'Os Anxos', no Birloque, na Avda. De Glasgow 5, ás 12 do medio-día.

Como mellor carta de presentación de que é Diego Cañamero, e do que representa, trnscrebemos unha moi significativa entrevista no xornal dixital publico.es que xa se ten publicado en setembro de 2013.

O dirixente do Sindicato Andaluz de Traballadores participou na cadea humana que rodeou a sé da Caixa en Barcelona para reclamar a independencia do capitalismo
.

JAVIER CORIA Barcelona 12/09/2013 07:33 Actualizado: 12/09/2013 17:15

A cadea humana reclama tamén a independencia do capitalismo

O Coordinador Nacional do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT), Diego Cañamero, estivo nun acto de solidariedade co seu sindicato organizado en Barcelona. O acto contou coa participación de sindicalistas vindos de toda España. Onte, Cañamero participou nos actos reivindicativos da Diada e falou para Público.

No SAT enténdese o independentismo dalgunhas das forzas da esquerda catalá?

Como organización respectámolo. Os pobos deben ter ese dereito, a poder decidir libremente o seu futuro. En Andalucía, como sindicato, o que máis nos preocupa é o paro, a pobreza, que un 2% de terratenentes acaparen o 50% do chan... pero si, respectamos o dereito a decidir dos pobos.

Entón, Están de acordo co referendo que se está demandando en Catalunya?

Estamos totalmente de acordo.

E unha consulta popular sobre a forma do Estado, monarquía ou república?

Evidentemente que estou de acordo. Creo que temos unha democracia ficticia cando o pobo non pode decidir estas cousas. Cando á democracia non lle pos rostro humano, cando á democracia fáltalle pan, fáltalle xustiza, fáltalle vivenda, todo convértese nun sarcasmo, nun teatro. A democracia ten que estar chea de contidos, ao pobo hai que consultarlle. Non pode ser que votemos cada catro anos e os programas dos partidos elixidos logo non se cumpran e non pase nada, iso é unha ilegalidade ética e moral. O cidadán non vota para que logo o partido votado cambie, por exemplo, o artigo 135 da Constitución e diga que o prioritario é pagar unha débeda que non é pública, que é privada.

Cos millóns de parados e persoas que están no limiar da pobreza, cos desafiuzamentos ... Como entende que os sindicatos maioritarios non están mobilizando aos cidadáns?

Os sindicatos maioritarios entraron nunha dinámica viciada, porque a súa estrutura e funcionamento dependen das subvencións do Estado. Quen paga manda, os sindicatos oficiais son prisioneiros duns recursos alleos ao propio sindicato.

UGT e CC.OO asinaron a reforma das pensións e tiveron os seus representantes nos Consellos de Administración das Caixas de Aforros.

Si, os sindicatos sempre están na política do mal menor. Si non podemos conseguir dez, conseguiremos cinco. Esa política posibilista e a curto prazo é moi perigosa, porque ao final vas aceptando e renunciando a dereitos adquiridos e, dalgunha forma, dás carta de natureza á política do sistema, coa súa inxustiza social. O sistema di, por exemplo, eu quero recortar quince, logo vén o sindicato e di que evitou que recorten quince e conseguiu que recorten dous e medio. E isto preséntano como unha vitoria cando se perdeu o doce e medio.

O voluntarismo de moitas organizacións e a caridade están substituíndo á xustiza social?

A caridade é un insulto nunha sociedade na que hai de todo. Andalucía é unha das terras máis ricas de Europa. Hai xacimentos mineiros, hai costas e unha industria pesqueira importante, o campo ... en cambio temos un 36% de paro, e un 67% de paro xuvenil, e 2.000.000 de persoas por baixo do limiar da pobreza, e 86.000 familias que lle quitaron as súas casas. Ante iso hai que reaccionar, e o lamentable é que a xente non está reaccionando do todo.

E por que pasa isto?
O sistema é inxusto, reprime e move ficha. Ten os seus voceiros, as súas plataformas para enganar, e fixéronnos crer que a crise económica é coma se fose un fenómeno natural, dinnos que son cíclicas que veñen e vanse, coma se fose unha tormenta ou un terremoto. A crise económica non é natural nin unha maldición divina, ten nomes e apelidos. Os políticos que representan ao capital, aos mercados, sábeno ben. Nós temos a tarefa de dicir á xente que coa súa participación poden cambiar as cousas. Pero teñen os seus xuíces, os seus medios de comunicación, a policía...

E a represión pura e dura. O SAT é un dos sindicatos europeos máis multados e con 650 persoas procesadas...

Si, o noso sindicato xa ten acumulado 1.000.000 de euros en multas. Cando a ti vanche a quitar a túa casa, pensas: "eu xa non ocupo máis un supermercado". Eles xogan con ese medo. Pero malia iso, o pobo ten que reaccionar. A nós non nos dá medo a represión de Estado, dános máis medo o silencio dos pobos. Si os pobos do Estado español, que son 6.500 pobos, levantásense un día e lles dixesen aos nosos políticos, aos banqueiros, a ese 10% da poboación que nos goberna e que non deron un pau ao auga na súa vida, que son uns ladróns, uns egoístas... si o pobo se levantase, si levantásese o traballador, o campesiño, o autónomo, o pequeno empresario... sairían correndo como ratas. O pobo é o dono da economía, do futuro, da democracia. Non podemos seguir delegando nos que converten a política nun privilexio.

Marinaleda é a expresión disto que nos está contando?

Eu non sei si Marinaleda é o futuro ou a expresión dalgunhas solucións, pero estámolo intentando. Hai que intentar cousas novas cando non funcionan as vellas. En moitos pobos onde gobernamos hai vivendas baratas, cooperativas, participación cidadá que amplía a democracia, fanse moitas cousas. Eu estiven 10 anos de alcalde no meu pobo e construímos 500 vivendas, a máis cara que vendemos, porque algunhas se venderon, foi por 15.000 euros, unha vivenda nova. E unha parcela urbanizada para que a xente fixese as súas casas, vendémola por 1.200 euros. A renda da vivenda máis cara está en 40 euros, e a máis barata está en 15 euros. É posible facer outras cousas cando non especulas co chan. Os concellos non están para gañar diñeiro, ou para colocar á familia ou amigos, están para servir ao pobo.

Que opina cando a dereita mediática chámalle "asaltador de supermercados?


(Risas). Asaltar é o que fixo o goberno cos pensionistas, e coa reforma laboral, e co diñeiro público que deron aos banqueiros. O noso é denuncia, denuncia para enchelos de vergonza, para que se visualice que na Europa que eles chaman do benestar, hai fame e a pobreza está chamando ás portas de moitos traballadores. Ante isto, levarse 4 ou 5 carros de comida como acción simbólica, é insignificante. Os señores dos de Andalucía, os señores Bárcenas... eses si que se levaron carros de diñeiro. Temos a obrigación ética e moral de conseguir que a xente se rebele e se mobilícese para cambiar esta situación, e niso estamos.

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

POLO PAN, POLO TRABALLO, POLO TEITO!

Información baseada na enviada pola:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
23 de fevereiro de 2014 12:54

---

domingo, 23 de febreiro de 2014

Para desprazar-se a Madrid +info - [Actualizado 28.02.2014]

O desprazamento a Madrid, pode-mo-lo facer como se queira e depende dos medios que cada quen teña. Con máis tempo podería-se facer un traballo previo para recadar fundos, para facer a viaxe máis barata ou mesmo para axudar ás persoas con menos recursos e que teñan interese en desprazar-se até Madrid, mais hai pouco tempo e aínda nos estamos a organizar, comezamos en Caranza o pasado 17 de Febreiro. Polo que non temos organizado a marcha a pé. Se alguén ten interese e son un grupo suficiente, que se poñan en contacto con nós para artellar o xeito de axudar no que se poida.

En Tren.- [Actualizado  28.02.2014]

Están organizando o viaxe en tren, desde Vigo e desde Coruña para Madrid, para o que están a reunir xente para poder alugalo.

Para o Tren que sae desde Coruña.

Para facer unha lista común, teñen unha dirección de correo: frentecivicocoruna@gmail.com , e un formulario. Os datos que necesitan son nome, apelidos, localidade, correo electrónico e un teléfono de contacto. É urxente coñecer o número de persoas, se queres ir, apúntate. Teñen que encher o tren de persoas e tomar Madrid en contra das políticas da Troika, en contra da Doctrina do Shock que nos están a aplicar.

Acábanos de confirmar do peche da contratación con Renfe do tren a Madrid o día 22 de Marzo. Despois dunha longa resta de contactos e tiras e afloxas, con decisións políticas incluídas, o resultado é o seguinte:

Tren en duplo con 520 prazas, con dous percorridos:

07,00 hs. A Coruña – Compostela - Ourense
07,00 hs. Pontevedra – Vigo – Ourense
09,20 A partir de Ourense vai un so tren a Madrid.

O grupo do Carballiño podería embarcar de cara Ourense no tren das 08´45 hs. e iría incluído no prezo.

O prezo final acadado do billete será de 45 €. Obviamente, sobra dicir
que non foi posible rebaixalo máis.

O pago total do aluguer a Renfe temos que realizalo o día 14 de marzo, o cal quere decir que hai que comezar XA a cobrar os billetes en cada zona, e o día 12 de marzo tería que estar a totalidade dos 23.400 € na conta que se habilite ó respecto (lembrade que Na Coruña/Ferrol temos unha conta aberta para o pago das persoas que temos na nosa lista e que estades a recibir a información).

Finalmente, temos aberta a posibilidade de ampliar a contratación dun segundo tren ó mesmo prezo (45 €) ate o día 14 de marzo, de 360 plazas, que viría a sumar 880 prazas. Oxalá!!!

Suxerimos que temos que traballar en tres liñas:

1.- Listaxe sistemático, ordenado, cobrado e centralizado dos que imos a Madrid, cun so responsable por zona. Na Coruña e Ferrol, temos este correo frontecivica@gmail.com e tamén este formulario.

2.- Continuación da promoción de actos da Columna Galega nas vilas, asociacións, universidade, etc.

3.- Recadación económica para abaratar os custes do billete; bolsas nos actos con Cañamero, camisetas, a xente que non vaia que pague medio billete, concertos, etc.

IMORTANTE. Os que xa pagaron os 50€, poden recuperar os 5€ que pagaron de máis presentando o impreso o xustificante do banco.

O número de conta do banco para pagar o importe é o seguinte:

CENTRALUNITARIA DE TRABALLADORES/AS
Nova Galicia Banco
2080-5166-00-3000029394

Necesitamos que cando se faga a transferencia ou ingreso, se indique: NOME E APELIDOS DA PERSOA QUE VAI NO TREN, e como CONCEPTO: MARCHAS DA DIGNIDADE. Se non o facemos así, é moi complicado xestionaro tema.


En Autobuses.-

Na Asemblea do pasado 20 de Febreiro, comentaba-se que é mais realista o de levar buses desde Ferrol, probablemente máis baratos e que teríamos máis tempo para a súa contratación. Comentou-se que podería haber persoas que non puideran ir por motivos persoais ou outras dificultades, mais que estarían dispostas a apadriñar a outra persoa sen os recursos suficientes, polo que se propuxo de valorar este asunto.

Para a Asemblea do 3 de Marzo que se vai realizar no Centro Cívico de Caranza, ás 6 da tarde hai persoas que xa van levar o que podería costar cada Autobús e as condicións nas que se poderían contratar. Ti mesmo podes enterar-te desa información e trae-la a Asemblea. así como ideas para recadar fundos.

En furgonetas ou coches particulares por grupos.-


Esta tamén pode ser unha forma de viaxar até Madrid, varios amig@s acordan facer a viaxe pola súa conta compartindo os gastos.

A Pé.-

Hai algunhas persoas que decidiron facer a marcha a pé e que nun principio estaba previsto saír desde Santiago de Compostela, mais agora pensamos que van saír desde o Bierzo. Algún desencontro coa Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da Dignidade, din que lles imposibilitou o poder saír desde Compostela.

Teñen unha conta en facebook:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384

O 5 de Marzo está previsto que as Marchas a Pé desde Galiza, o Bierzo e Asturias, confluían en León. Mesmo en León teñen pensado habilitar unha zona de descanso e avituallamento [Ver Nova]. O 12 de Marzo, en Valladolid, teñen previsto confluír coas Marchas que proceden de Cantabria. Logo camiñarían xuntas até chegar o 21 ou 22 en Madrid. Por se alguén quere desprazar-se achegamos o mapa das rutas por onde teñen previsto camiñar.

Van-se montar campamentos en Madrid pois hai marchas que van quedar uns días como as marchas do SAT que proceden de Andalucia.

Enlace co mapa e territorios:
http://marchasdeladignidad.org/mapa-territorios

Se necesitas máis información na web estatal hai unha moi completa información de Como viaxar a Madrid, desde Ferrol Terra as persoas que nos estamos organizando en columnas iremos en Autobuses ou no Tren que está previsto saia desde Coruña, mais non descartamos outras opcións.

Aberto correo-e de contacto e cordinación:
columnacaranceira@gmail.com

DESDE FERROL TERRA TAMÉN IMOS A MADRID O 22M !!!
---

venres, 21 de febreiro de 2014

Manifestación en Apoio das Marchas da Dignidade convocada para o mércores 26 de febreiro, ás 8 da tarde: Polo pan, polo traballo, polo teito!


Comunicado de prensa das Marchas da Dignidade de Ferrolterra

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

A Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, constituída o pasado xoves 20 de febreiro, convoca para o próximo mércores dia 26 de febreiro, ás 8 da tarde, con saída da Praza de España (diante do Edificio da Xunta), unha manifestación para que a dignidade comece a marchar polas rúas da nosa cidade, para reivindicar Pan, traballo e teito. Para demostrar que somos moitos e moitas que imos marchar para defender:
  • · O dereito ao traballo
  • · Os dereitos sociais, como a renda básica.
  • · O dereito a unha vivenda digna.
  • · Os servizos públicos como a sanidade e a educación.
  • · A loita contra a corrupción.
  • · Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga.
  • · Contra a estafa e o roubo bancario.
Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Madrid o día 22. A manifestación do día 26 na nosa cidade, é un primeiro paso firme no camiño que temos comezado e non imos abandonar.

POLO PAN, POLO TRABALLO, POLO TEITO!

Asemblea das Marchas pola Dignidade de Ferrolterra

Ferrol 20 de febreiro de 2014

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
21 de fevereiro de 2014 15:05
---

Constituida a Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra - celebrada o 20 de febreiro de 2014


Acta da Asemblea Aberta para promover e apoiar as Marchas da Dignidade de Ferrolterra.

Primeira Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra celebrada no Centro Cívico Carvalho Calero o día 20 de febreiro de 2014 as 18:30hs.

Asisten unhas 60 persoas.

Colectivos representados:
Sindicato Labrego, P.H.A. Ferrolterra, Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Canido, Xuventudes Comunistas, CNT, EU Ferrol, Espazo-Ecosocialista, Columna Caranceira.

Informase do que son as Marchas da Dignidade, da existencia dunha Plataforma Galega de Apoio, da constitución dunha columna en Caranza e da presencia nunha das reunións na Coruña. Relatase de como xurdiu o asunto en Caranza e de que o tratado na súa Asemblea, nace a proposta da convocatoria de Ferrol.

Informase da organización dun tren para Madrid, para o que están a reunir xente para poder alugalo. Necesitan 500 persoas entre as provincias de A Coruña e Lugo, e teñen que facelo antes do próximo 22 de febreiro, porque teñen que pagar o tren por adiantado con tres semanas de antelación. O prezo negociado ata o de agora é de 50€, pero hai posibilidade de que se rebaixe esa cantidade. Comentase que é mais realista o de levar buses desde Ferrol, probablemente máis baratos e que teriamos máis tempo para a súa contratación. Comentase que podería haber persoas que non puideran ir por motivos persoais ou outras dificultades, mais que estarían dispostas a apadriñar a outra persoa sen os recursos suficientes, polo que se propón de valorar este asunto.

Informase de que hai camisetas para comprar feitas en Vigo que custarían 3,5€ que habería que vender a 5€, o que quedaría para as asembleas de apoio 1,5€ por cada unha vendida. Comentase que podería saír máis barato se se fan en Ferrol.

Acordos:

1.- Dáse prioridade á organización da manifestación do mércores día 26 de Febreiro, que está convocada para as 20:00hs, con saída de diante do Edificio da Xunta (Praza de España), rematando na Praza de Armas, diante do Concello. Acordándose para esta mobilización:

  • EU nos di que dispón de uns 100 cartaces. A tod@s parécennos poucos, polo que cada quen fará cartaces, os que poida, cos deseños dos que dispoñamos.
  • Para facer as pegadas quedamos o luns 24 ás 10:00hs en horario de mañá e ás 18:30hs en horario de tarde no monumento 10 de Marzal.
  • A asociación Fuco Buxán vai poñer a megafonía.
  • A faixa, co lema acordado: "Pan, Traballo e Teito" a vai facer EU Ferrol.
  • Elaborase unha proposta de Comunicado que foi aprobada pola Asemblea.
  • A Columna Caranceira, vai enviar o comunicado de prensa aos medios de comunicación publicitando a manifestación.

2.- Acordase participar na manifestación da Alianza Social Galega(xoves 27 de febreiro), onde repartiremos a convocatoria da vindeira Asemblea do 3 de Marzo co texto do comunicado que elaboraremos cando saibamos o lugar onde se vai realizar a Asemblea.

3.- Comentase de promover asembleas por todos os barrios e lugares onde sea posible. Cada un ou unha de nós ten que ser un portavoz e divulgador/a das marchas.

4.- Acorda-se difundir as Marchas da Dignidade, por todos os medios: redes sociais, de boca a orella, de porta a porta, nos centros de traballo, nois centros de ensino, con cartaces, mediante octavillas, por mensaxes, polos blogs, nas festas, con camisetas, ...

5- Acordamos facer outra Asamblea o día 3 de Marzal, á espera de saber o lugar e a hora.

6.- Acordase que o correo da xente de Caranza (columnacaranceira@gmail.com), sea tamén para coordinar. As persoas que queira recibir a información por ese medio terían que facer chegar o enderezo de e-mail ou enviar un e-mail ao de Caranza.

Finaliza a primeira Asamblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra as 20:30hs.

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
20 de fevereiro de 2014 23:09

_____________________

xoves, 20 de febreiro de 2014

Asemblea Aberta, en réxime de autoconvocatoria, para organizar as Marchas da Dignidade en Ferrol Terra - O xoves 20 de Febreiro, ás 18:30hs, no Centro Cultural Carvalho Calero


Convocatoria aberta a toda a cidadanía

Este Xoves 20 de Febrero de 2014, ás 18:30hs, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, en Ferrol, vai ter lugar unha Asemblea Aberta, en réxime de autoconvocatoria, para organizar as Marchas da Dignidade que está previsto que confluían en Madrid o vindeiro 22 de Marzo e para apoiar a Manifestación que está convocada pola Plataforma Galega de Apoio ás Marchas, para o 26 de Febreiro, con saída da Praza Amada Garcia, diante do edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Ferrol.

No transcurso da Asemblea informara-se de todo o referente ás Marchas da Dignidade, obxectivos e a organización.
"Mobilizámonos por dignidade, porque estamos convencidos de que a loita e a mobilización permanente é o único camiño e por iso convocamos e constituímonos en columna galega, a integrar nas Marchas da Dignidade que confluirán o vindeiro 22 de marzo a Madrid, como un paso máis para conseguir os obxectivos que nos temos marcado". [1]
[1] Detalle do Manifesto Galego das Marchas da Dignidade.

NON AO PAGO DA DÉBEDA!
NIN UN RECORTE MÁIS!
FÓRA OS GOBERNOS DA TROIKA!
PAN, TRABALLO E TEITO PARA TODOS E TODAS!

TODAS E TODOS A MADRID O 22 DE MARZO

Aberto correo-e de contacto
:
columnacaranceira@gmail.com

Evento da autoconvocatoria de ferrolterra no facebook:
https://www.facebook.com/events/247247332124151/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
André M. Ces

-andre.martinez.ces@gmail.com-
19 de fevereiro de 2014 23:30
---

mércores, 19 de febreiro de 2014

Constituída a Columna Caranceira das Marchas da Dignidade - E Autoconvocatoria dunha Asemblea Aberta para constituír a Columna Ferrolterra, para este Xoves 20 de Febreiro no Centro Cultural Carvalho Calero, no Inferniño



Pequeno resume da asemblea para constituir a Columna de Caranza das Marchas da Dignidade que teñen previsto saír desde diferentes lugares dos territorios e nacións do, polo de agora , Reino de España, até Madrid onde terá lugar unha grande e multitudinaria manifestación o próximo 22 de Marzo.

Constituída a Columna Caranceira das Marchas da Dignidade.. e feita a autocomvocatoria para intentar constituír a Columna de Ferrolterra.

#Columna-Caranceira.

Asemblea Columna Caranceira 17-02-2014

Na traseira do mercado municipal de Caranza reunímonos 15 persoas, onde falamos da importancia de anotarse no tren pois os prazos son curtos pois esta semana hai que saber canta xente somos para poder contratalo.

Contouse na asemblea coa presencia de representantes de Esquerda Unida e Espazo Ecosocialista. EU ofreceuse para facilitar o material para a manifestación do dia 26 de Febreiro en Ferrol.

Constituímonos en #Columna-Caranceira para traballar desde o barrio e seguir marchando pola dignidade, e intentar ir á manifestación do 26 en Ferrol.

Acordouse promover en réxime de autoconvocatoria unha asemblea aberta o próximo xoves 20 de Febreiro ás 6:30 da tarde no Centro Cívico Carvalho Calero no Inferniño en Ferrol, para presentar as Marchas da Dignidade e intentar facer a columna de Ferrolterra.

Intentaremos comunicarnos no barrio para chamarnos á asembleas ou outras actividades mediante unhas faixas informativas colocadas diante do mercado de Caranza.

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Evento da autoconvocatoria de ferrolterra no facebook:
https://www.facebook.com/events/247247332124151/

Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
André M. Ces

-andre.martinez.ces@gmail.com-
18 de fevereiro de 2014 23:51
__________________

venres, 14 de febreiro de 2014

Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de Marzo, organizacións sindicais, sociais e cidadáns da Galiza asinan un Manifesto e convocan manifestacións en cidades e vilas, para o mércores 26 de Febreiro - O vindeiro luns 17 de Febreiro, Asemblea para informar e debater todo o relativo á Marcha da Dignidade e constituír unha Columna de Caranza que integrará a Columna Galega


MARCHAS DA DIGNIDADE DO 22 DE MARZO: UNIFICAR AS LOITAS PARA A TRANSFORMACIÓN REAL

Ante a convocatoria das Marchas da Dignidade que converxerán en Madrid o próximo 22 de marzo, as organizacións sindicais, sociais e cidadás de Galicia asinantes, manifestamos o seguinte:

Apoiamos as Marchas ante o gravísimo deterioro das condicións de vida do pobo, provocado porque os poderes financeiros e os seus lacaios, os representantes políticos, están destruíndo as conquistas que tanto suor e mesmo sangue custaron: empregos minimamente dignos, sanidade, educación, servizos sociais básicos, prestacións por desemprego, cultura, vivenda, transportes públicos, etc., están desaparecendo coa escusa dunha crise que é a coartada que xustifica todo tipo de desmandos.

Se a isto lle engadimos as medidas represivas que están a levar a cabo contra os dereitos de manifestación, folga ou expresión de todo aquel que se lles enfronte con decisión, o panorama non pode ser máis desolador.

Tras a nefasta Reforma Laboral que sementa dor por todas partes, na actualidade pretenden aprobar leis profundamente autoritarias e retrógradas: a lei de Seguridade Cidadá e a Lei do aborto son unha mostra disto. Todos seremos posibles obxectivos desta lexislación, que deixa nas mans do poder político e do empresariado unha patente de corso para actuar con total impunidade. Toda unha batería de medidas reaccionarias que atenta contra nos, como cidadáns e que nos nega como País.

Acusamos aos poderes políticos e empresarias, e tamén ao FMI, á UE, ao BCE, cómplices da voracidade capitalista, de:
  • Que no estado español haxa fame e desnutrición infantil.
  • Que haxa 12,5 millóns de pobres, con menos de 7.040 euros anuais.
  • Que haxa seis millóns de persoas no paro.
  • Que se reduzan drasticamente os salarios.
  • Que se eliminen os dereitos laborais básicos, coma a xornada, a categoría ou os contratos dignos.
  • Que se conxelen e reduzan as pensións fronte o IPC.
  • Que se reprima selectivamente a sindicalistas e activistas sociais, así como as súas organizacións.
  • Que se expulse a milleiros de persoas das súas vivendas.
  • Que se lles negue a asistencia sanitaria a millóns de persoas.
  • Que se condene a milleiros de xoves á emigración.
  • Que se lle entregue a natureza á voracidade depredadora do capital, destruíndo o medio e o futuro.
  • Que se destrúa sistematicamente a economía agraria e pesqueira.
  • Que se practiquen políticas xenófobas e inhumanas cos inmigrantes.

Cando milleiros de persoas saen ás rúas, con folgas ou mobilizacións en defensa dos seus empregos ou de dereitos esenciais como á vivenda, á sanidade, á educación, aos transportes públicos e sociais, a un entorno saudable, etc., a resposta é a represión, a violencia e unha orde social autoritaria. Pero iso non se supera só con máis indignación, senón que hai que apostar pola insubmisión ás súas leis, feitas premeditadamente para favorecer aos seus amigos. Paga a pena loitar e recuperar a dignidade como pobo. Hai que pasar á ofensiva como clase traballadora e como sectores populares, e pasar a exercer a maioría social que somos. Por iso, mobilizámonos para:
  • Dicirlles aos poderosos que xa abonda de nos roubar: empregos, salarios, pensións, saúde, educación e os dereitos imprescindibles para levar unha vida minimamente digna.
  • Berrarlles nos seus pazos, sexa o Congreso, o Pazo de Raxoi, a Zarzuela ou A Moncloa, ou as mansións dos banqueiros, que xa abonda de espoliar os nosos dereitos básicos: a liberdade sindical, a liberdade de expresión, a liberdade de folga, a liberdade de opoñernos firmemente ás súas falcatruadas.
  • Enfrontármonos aos seus desafiuzamentos das nosas vivendas e dos nosos traballos, deixándonos sen presente nin futuro.
  • Combater radicalmente ao seu sistema corrupto, xerador de desigualdades abismais e inxustiza social.
  • Non aceptar o seu concepto de débeda, que pretende atraparnos para sempre.
  • Reivindicar e esixir unha sociedade xusta e igualitaria para termos unha existencia merecente de ser vivida.
Por todo isto esiximos:
  • A restitución ao pobo dos millóns entregados ao poder financeiro.
  • Derrogación da lexislación laboral e de pensións que tanto dor teñen espallado entre os traballadores.
  • Reversión das medidas destrutoras dos servizos públicos, tanto en sanidade como en educación, en transportes e en enerxía.
  • Contratos fixos e salarios suficientes para ter unha existencia digna.
  • Redución da semana laboral a 30 horas, para poder traballar todos e todas.
  • Fixación de salarios e pensións mínimos en contía suficiente que permita unha digna independencia económica dos seus perceptores.
  • Incautación das empresas de sectores esenciais para a vida (enerxía, auga...), así como a reversión das privatizacións dos transportes públicos (ferrocarrís, transporte público urbano, correos...) e dos servizos sociais e sanitarios.
  • Dereito á vivenda digna inembargable.
  • Dereito á libre decisión sobre a saúde sexual e reprodutiva, incluído o aborto con carácter libre e gratuíto.
  • A retirada da Lei Mordaza e da prevista Lei contra a folga.
  • A promulgación de políticas racionais para o nosa agricultura e o noso medio ambiente.
Mobilizámonos por dignidade, porque estamos convencidos de que a loita e a mobilización permanente é o único camiño e por iso convocamos e constituímonos en columna galega, a integrar nas Marchas da Dignidade que confluirán o vindeiro 22 de marzo a Madrid, como un paso máis para conseguir os obxectivos que nos temos marcado.

VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA E OS SECTORES POPULARES! VIVA O POBO EN MOVEMENTO! BASTA XA DE REPRESIÓN! CONTRA O CAPITAL E OS SEUS LACAIOS!

MANIFESTO GALEGO DAS MARCHAS POLA DIGNIDADE_22M
Acordado na xuntanza da Gentalha do Pichel-Compostela o 11.02.2014

Enlace para acceder ou baixar o Manifesto en formato PDF




CONVOCATORIA ABERTA
A TODAS AS PERSOAS
QUE QUEIRAN ORGANIZAR
A MARCHA DA DIGNIDADE
EN CARANZA

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Hai un apoio moi importante do movemento sindical e político alternativo e anticapitalistas e dos movimentos sociais.

Un grupo de 6 persoas xuntámonos para promover esta convocatoria para conformar a Columna de Caranza da #Marcha da Dignidade a Madrid do vindeiro 22 de Marzo de 2014.

PARTICIPA NA ASEMBLEA !
VEN O LUNS 17 DE FEBREIRO, ÁS 5 DA TARDE NA TRASEIRA DO MERCADO DE CARANZA.

O 22 de Marzo, desde Caranza, tamén iremos a Madrid!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/631575860265557/

Enlace para acceder ou baixar o cartaz da convocatoria.


A #Marcha pola Dignidade desde Galiza:

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com


Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/214972025353768/?ref=ts&fref=ts


Columna Galega:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384

No twitter:
https://twitter.com/marcha22mGalici

Manifesto:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PMDZqT25sb3U0Z2M/edit?usp=sharing


A #Marcha da Dignidade a nivel de Estado:

Na wiki15M:
http://wiki.15m.cc/wiki/Madrid_22-M,_Marchas_de_la_Dignidad

Web oficial:
http://marchasdeladignidad.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasdelaDignidadMadrid22M



Vídeos de interese:

Rafael Mayoral. abogado da Plataforma de Afectados pola Hipoteca y STOP Desafiuzamentos.
http://www.youtube.com/watch?v=8bxW0v...

Pablo Iglesias, profesor de ciencias políticas na Universidade Complutense de Madrid e presentador de 'La Tuerka TV' e 'Fort Apache TV'.
http://www.youtube.com/watch?v=7P4HjZ...

José María Carrillo ao cante e Yuyi guitarra de "Gente del Pueblo" http://www.youtube.com/watch?v=ErMx30...

Diego Cañamero, portavoz sindicato andaluz de Traballadoras/es http://www.youtube.com/watch?v=L66bVi...

Rafael Juan Ruiz, Campamento 'Dignidad de Córdoba'.
http://www.youtube.com/watch?v=R6ncyL...

José Coy, membro de plataforma de Personas Afectadas pola Hipoteca de Murcia.
http://www.youtube.com/watch?v=5ktNfh...
Licença de atribuição Creative Commons (reutilização permitida)


Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
14 de fevereiro de 2014 00:45

_______________

luns, 10 de febreiro de 2014

Convocan unha Asemblea Aberta a todas as persoas que queiran organizar a Marcha da Dignidade en Caranza - A xuntanza terá lugar o luns 17 de febreiro ás 5 da tarde na traseira do Mercado Municipal de Caranza


CONVOCATORIA ABERTA
A TODAS AS PERSOAS
QUE QUEIRAN ORGANIZAR
A MARCHA DA DIGNIDADE
EN CARANZA

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Hai un apoio moi importante do movemento sindical e político alternativo e anticapitalistas e dos movimentos sociais.

Un grupo de 6 persoas xuntámonos para promover esta convocatoria para conformar a Columna de Caranza da #Marcha da Dignidade a Madrid do vindeiro 22 de Marzo de 2014.

PARTICIPA NA ASEMBLEA !
VEN O LUNS 17 DE FEBREIRO, ÁS 5 DA TARDE NA TRASEIRA DO MERCADO DE CARANZA.

O 22 de Marzo, desde Caranza, tamén iremos a Madrid!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/631575860265557/

Enlace para acceder ou baixar o cartaz da convocatoria.


A #Marcha pola Dignidade desde Galiza:

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com


Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/214972025353768/?ref=ts&fref=ts


Columna Galega:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384

No twitter:
https://twitter.com/marcha22mGalici

Manifesto:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PMDZqT25sb3U0Z2M/edit?usp=sharing


A #Marcha da Dignidade a nivel de Estado:

Na wiki15M:
http://wiki.15m.cc/wiki/Madrid_22-M,_Marchas_de_la_Dignidad

Web oficial:
http://marchasdeladignidad.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasdelaDignidadMadrid22M



Vídeos de interese:

Rafael Mayoral. abogado da Plataforma de Afectados pola Hipoteca y STOP Desafiuzamentos.
http://www.youtube.com/watch?v=8bxW0v...

Pablo Iglesias, profesor de ciencias políticas na Universidade Complutense de Madrid e presentador de 'La Tuerka TV' e 'Fort Apache TV'.
http://www.youtube.com/watch?v=7P4HjZ...

José María Carrillo ao cante e Yuyi guitarra de "Gente del Pueblo" http://www.youtube.com/watch?v=ErMx30...

Diego Cañamero, portavoz sindicato andaluz de Traballadoras/es http://www.youtube.com/watch?v=L66bVi...

Rafael Juan Ruiz, Campamento 'Dignidad de Córdoba'.
http://www.youtube.com/watch?v=R6ncyL...

José Coy, membro de plataforma de Personas Afectadas pola Hipoteca de Murcia.
http://www.youtube.com/watch?v=5ktNfh...
Licença de atribuição Creative Commons (reutilização permitida)


Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
10 de fevereiro de 2014 15:45

venres, 7 de febreiro de 2014

Convocatoria Aberta en apoio das Marchas da Dignidade a Madrid #22M2014 - Columna Galiza


CONVOCATORIA ABERTA DE APOIO Á MARCHA DA DIGNIDADE GALEGA

Este chamamento vai dirixido ás asociacións, plataformas de afectados, grupos veciñais, organizacións políticas, intelectuais, artistas, e a todo tecido dos movementos sociais de Galicia, preocupad@s pola conxuntura que estamos a sofrir como cidadáns e como País.

É coñecido de tod@s que o vindeiro 22 de Marzo, van confluir en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para decir basta xa!, á política do goberno e da Troica. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está a aglutinar á maioría do movemento sindical alternativo, ás organizacións políticas anticapitalistas e ós movementos sociais, ó longo e ancho do estado español.

Polo dito, as organizacións sindicais: CUT, CGT, CNT, SF-IN, S. Elevación, SLG e STEG, convidámoste a integrar unha gran Plataforma Galega de apoio ás Marchas da Dignidade. Para o cal, o vindeiro martes día 11 de febreiro, ás 17 horas, vai ter lugar unha xuntanza no Centro Social O Pichel, na Rúa Santa Clara en Compostela.

Unha aperta fraternal, esperando o teu apoio e asistencia a esta iniciativa galega, solidaria e internacionalista.

O 22 de Marzo, @s galeg@s, tamén imos a Madrid!!.

NOTA: No caso de que non puideras asistir, podes comunicar o teu apoio á Plataforma ao enderezo: marchasdadignidade@gmail.com


A #Marcha pola Dignidade desde Galiza:

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/214972025353768/?ref=ts&fref=ts


Columna Galega:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384

No twitter:
https://twitter.com/marcha22mGalici

Manifesto:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PMDZqT25sb3U0Z2M/edit?usp=sharing


______________

xoves, 6 de febreiro de 2014

Non deixes de escoitar e ver estos interesantes vídeos - #22 de Marzo, Marchas da Dignidade a Madrid - Moi interesante vídeo da intervención de Diego Cañamero


Estracto da Presentación das Marchas da Dignidade o 10 de xaneiro do 2014 no Centro Cultural Alcazaba Mérida. Logo da intervención do interior e tras encherse o aforo algúns ponentes repetiron tamén fose o seu relatorio.


http://youtu.be/L66bViEVgG0


As outras moi interesantes intervencións:

Rafael Mayoral. abogado da Plataforma de Afectados pola Hipoteca y STOP Desafiuzamentos.
http://www.youtube.com/watch?v=8bxW0v...

Pablo Iglesias, profesor de ciencias políticas na Universidade Complutense de Madrid e presentador de 'La Tuerka TV' e 'Fort Apache TV'.
http://www.youtube.com/watch?v=7P4HjZ...

José María Carrillo ao cante e Yuyi guitarra de "Gente del Pueblo" http://www.youtube.com/watch?v=ErMx30...

Diego Cañamero, portavoz sindicato andaluz de Traballadoras/es http://www.youtube.com/watch?v=L66bVi...

Rafael Juan Ruiz, Campamento 'Dignidad de Córdoba'.
http://www.youtube.com/watch?v=R6ncyL...

José Coy, membro de plataforma de Personas Afectadas pola Hipoteca de Murcia.
http://www.youtube.com/watch?v=5ktNfh...
Licença de atribuição Creative Commons (reutilização permitida)

Enlaces de interese:

Na wiki15M:
http://wiki.15m.cc/wiki/Madrid_22-M,_Marchas_de_la_Dignidad

Web oficial:
http://marchasdeladignidad.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasdelaDignidadMadrid22M



A #Marcha pola Dignidade desde Galiza:

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/214972025353768/?ref=ts&fref=ts


Columna Galega:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384

No twitter:
https://twitter.com/marcha22mGalici

Manifesto:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PMDZqT25sb3U0Z2M/edit?usp=sharing

Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
6 de fevereiro de 2014 11:33

________________