sábado, 29 de novembro de 2014

Miles de persoas marcharon sobre Compostela este 29N confluindo no Obradoiro, nun acto multitudinario cheo de Dignidade e un compromiso de Unidade e Loita

"Seguiremos a loitar e a medrar e aquí, ninguén sobra". Quen fala é Roberto Rivas, o bombeiro da Coruña cuxo nome saíu do anonimato ao negarse a desaloxar a anciá Aurelia Rey e a quen este sábado, convertido nun símbolo da loita contra os desafiuzamentos lle tocou, nas súas propias verbas, o "marronazo" de poñerlle voz ao manifesto das Marchas da Dignidade que  confluíron na compostelá Praza do Obradoiro. "A unidade dános forza", "cada enfrontamento entre nós, as organizacións sociais e políticas da esquerda, é unha vitoria para o réxime", proclamou Rivas ante unha praza que tornou nunha caste de mar de bandeiras de tantas cores como loitas confluíron, de novo, baixo o lema "pan, traballo e teito".

Na estela das mobilizacións iniciadas a pasada primavera as cinco columnas que camiñaron cara á capital transitaron polas rúas de Compostela xunto a persoas diversas que, a título individual ou colectivo, decidiron secundar a convocatoria contra a que, din, é unha "gran estafa provocada polo poder económico para manter os seus insultantes privilexios". Bandeiras galegas con e sen estrela e enseñas da II República Española mesturáronse cos símbolos de organizacións políticas como Anova, Esquerda Unida ou Podemos e sindicatos como a CUT, CGT, o STEG ou a CNT. Ao seu carón, a Marcha Mundial das Mulleres, o movemento veciñal ferrolán que se opón á permanencia de Reganosa na ría, persoal da CRTVG e de Correos na loita polos seus dereitos, traballadores/as de Lantero que levan 48 días en folga, traballadores afectados polo amianto, colectivos de defensa das persoas con discapacidade, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca ou Stop Desafiuzamentos, entre outros grupos.

Todos xuntos encheron boa parte da céntrica praza compostelá -o Concello colocou valados para impedir que os manifestantes se achegasen ao Pazo de Raxoi-, á que acudiron nun ambiente a medio camiño entre a reivindicación e a festa, ingrediente que se ocuparon de poñer artistas como o grupo Habelas hainas ou os xa míticos Mini e Mero, así como o dramaturgo e actor Cándido Pazó, que actuou como mestre de cerimonias para lembrar algunhas das causas polas que, di, paga a pena entregar tempo e traballo. As verbas de Pazó suscitaron os primeiros aplausos que medraron aínda máis ao chegaren á praza os bombeiros da Coruña. "Os bombeiros si son compañeiros", aclamaron.
O bombeiro Roberto Rivas púxolle voz ao manifesto e diversas persoas achegáronse a el para darlle as "grazas"
Despois de que varios grupos de persoas se achegasen a el para, simplemente, darlle as "grazas", Rivas accedeu ao escenario para poñerlle voz ao manifesto contra "este sistema ruín e perverso" contra o que, di cómpre "loitar para cambialo". "O inimigo non é pequeno" e "ten o coñecemento científico, a educación e a xustiza" pero "nós temos a nosa dignidade e unidade para derrotalo". "Mentres non o derrotemos seguiremos a padecer os seus crimes", tales como "nenos e nenas que pasan fame" ou "bancos que botan á xente á rúa". "Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e non debemos nin o imos permitir, temos a obriga de rebelarnos", tamén contra os que "non lles importa levar por diante paraxes naturais únicos, facer minas descomuniais e perigosas ou autoestradas que destrúan paraxes tan importantes como a Ribeira Sacra".
"Estannos a deixar sen pan, traballo e teito e temos a obriga de rebelarnos"
Nesta "loita", explicou Rivas, os "antagonismos" son un "freo". Por iso, alén do manifesto, o bombeiro coruñés achegou o relato de Eduardo Galeano sobre a Tecnología del vuelo compartido que, ao seu xuízo, ben podería marcar o vieiro polo que o traballo da esquerda social debería transitar. Nese texto o escritor uruguaio explica o xeito en que os parrulos voan en forma de letra uve: "o primeiro parrulo que levanta o voo ábrelle o paso ao segundo, que lle despexa o camiño ao terceiro" e "cando cansa, o parrulo que fai punta baixa á cola e déixalle o seu lugar a outro". "Todos se van turnando" e "ningún se cre superparrulo por voar adiante, nin subparrulo por marchar atrás".
As Marchas preparan novas mobilizacións para o vindeiro mes de marzo
A música ao vivo de Ataque Escampe serviu para poñerlle o ramo -e para facer bailar a moitos e moitas das presentes- a unha mobilización que terá o seu seguinte capítulo o vindeiro mes de marzo. "A próxima cita é o 22 de marzo de 2015", confirma un dos voceiros das Marchas en Galicia, Manuel Camaño, da CUT. Esa xornada "vai ser a seguinte referencia de mobilización" nun formato aínda por determinar pero coa intención de "sumar", que "é a única maneira de acabar coas medidas destes desvergoñados". "Estamos chegando a unha istuación sen precedentes á que lle hai que poñer couto" e "ese couto tenllo que poñer a clase traballadora e os sectores populares de Galicia e do Estado" mediante a "acumulación" das súas "forzas", reclama.

Reportaxe de David Lombao | @davidlombao en Praza Pública. | 29.11.2014

Praza Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].

Nota.-
Recomendamos acceder á noticia en Praza Pública, con fotos, audios e comentarios.

---

Contacta coas Marchas da Dignidade Ferrolterra enviando un correo a:
  • marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
ou chamando ao telefono:
  • 603 213 863
O 29N, Ferrolterra Foi!

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

\\\\\

martes, 25 de novembro de 2014

Primeira etapa completada Ferrol-Pontedeume

Como estaba acordado, saímos o martes 25 de Novembro ás 12:00 do mediodía desde a Praza 10 de Marzal onde está a estatua de Daniel e Amador en lembranza dos sucesos do 72. Durante un pequeno tramo, compañeiros e comapanheiras acompañaron á Marcha a Pé como despedida.

Este 25N (Martes) cubrimos a 1ªETAPA Ferrol – Pontedeume.

Estas som algunhas imaxes e video:

O 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
  • marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
ou chamando ao telefono:
  • 603 213 863
O 29N, Ferrolterra Vai!

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

_____________

domingo, 23 de novembro de 2014

Autobús a Compostela desde Ferrolterra este 29N para participar coas Marchas da Dignidade en #OcupaObradiro

Este sábado 29 de Novembro, as Marchas da Dignidade mobilizaremos-nos o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade entrarán en Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, entre o 24 e o 29N cinco millóns de persoas estarán na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO. A Ferrolterra toca-lle formar parte da Columna Norte, xunto con outras comarcas do noroeste galego. As persoas que imos en autobús, en coche, ... e andando, imos-nos reagrupar no Mercado do Gando de Compostela, ás 11 da mañá, antes de dirixir-nos até a Praza do Obradoiro, onde está prevista, ás 12 do mediodía, a concentración na que confluirán as cinco columnas que parten desde diferentes comarcas da Galiza.

Desde as Marchas da Dignidade de Ferrolterra poñemos a disposición das persoas que se queiran desprazar a Compostela autobuses, ao prezo de 5 euros o billete de ida e volta. Para apuntar-se:

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

ou chamando ao telefono das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
603 213 863

Desde Ferrol a Compostela:

Acordou-se a saída ás 9 da mañá desde o barrio de Recimil, fronte ao instituto de formación profesional, nas inmediacións do monumento á Solidariedade Obreira – 10 de Marzal (Entre As Pías e as casas Baratas).

Paradas:
- Caranza: 09:05hs.
- Fene (Fronte ao Gadis da Avda. Naturais, 24): 09:10hs.
- Cabanas (Fronte ao Sarga): 09:15hs.

Chegada ao Mercado do Gando ás 10:30hs.

As persoas que non podan ir andando até Compostela, un autobús as levará até a dársena de Xoán XXIII.

Desde Compostela a Ferrol:

Saída entre as 13:30 e as 14:00hs desde a dársena de Xoán XXIII.

O 29N, Ferrolterra Vai!

Evento nacional no facebook:
https://www.facebook.com/events/314442465400188/

Sitios-e:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
Redes:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\

venres, 21 de novembro de 2014

Marcha a pé de Ferrol a Compostela este #29NEUVou - #OcupaObradoiro

MARCHA A PÉ DESDE FERROL ATÉ COMPOSTELA O #29NEUVOU.

A continuación presentamos o esquema relatorio de como se pretende que se desenvolva a Marcha a pé entre Ferrol e Compostela perante a vindeira semana, para rematar na Praza do obradoiro ás 12 do mediodía do 29N. Saúde e adiante coas Marchas da Dignidade que Si Podemos !

Aviso: para ultimar o asunto teremos unha xuntanza previa à saída o vindeiro Luns 24 de Novembro ás 5 da tarde no Centro Cívico de Caranza.

1º Saída e acto de acompañamento.

 Saímos o martes 25 de Novembro ás 12:00 do mediodía desde a Praza 10 de Marzal onde está a estatua de Daniel e Amador en lembranza dos sucesos do 72 (Quedamos 20 minutos antes).

Acto de acompañamento á Marcha a pé despedida e quen queira andando con nós durante un tramo curto da marcha.

2º Lóxistica e intendencia.

As persoas que participen na Marcha a pé terán praza pagada e reservada nos buses de volta que a Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra vai alugar para poder ir o 29N a Compostela. O resto de gastos terán que cubrilos as persoas que participen na Marcha a pé. Sería 6 euros noite no caso de durmir (e ter sitio) nos albergues e o custo da comida (Almorzo, Xantar e Cea). A medida que a marcha avance poden aparecer accións solidarias que abaraten o custo como organización de xantares populares ou que en concellos nos abran pavillón de deportes ou outra estancia municipal. Anexo coas recomendacións.

3º Etapas da Marcha a pé.

25N Martes 1ªETAPA Ferrol – Pontedeume | Estrada 14'5km tempo a pé 3h 2min (Camiño Inglés 27 km). | Hora de saída 12:00 - Hora de chegada aproximada 16:00 |  Albergue ou Pavillón.

26N Mércores 2ªETAPA Pontedeume - Betanzos | Estrada 17'8 km tempo a pé 3h 48min (C.Inglés 19 km ). | Hora de saída 10:00 - Hora de chegada aproximada 15:00 | Albergue Pavillón.

27N Xoves 3ªETAPA Betanzos - Bruma Estrada 20'7km tempo a pé 4h 42min (C.Inglés 30km ). |  Hora de saída 09:00 Hora de chegada aproximada 15:00 | Aquí xuntamo-nos con a columna que ven d'A Coruña. | Albergue Pavillón

28N Venres 4ªETAPA Bruma - Sigüeiro Estrada 23km tempo a pé 4h 37min (C.Inglés 26km ). | Hora de saída (Consenso coas persoas d'A Coruña) . | Albergue. Pavillón.

29N Sábado 5ªETAPA Sigüeiro - Compostela Estrada 13'4 km tempo a pé 2h 50min. (C.Inglés 16 km) | Hora de saída 08:00 Hora de chegada 11:00 ao Mercado do Gando (Concentración da Columna Norte).

29N Sábado. #OcupaObradoiro. Concentración ás 12 do mediodía na Praza do Obradoiro de Compostela, encontro de todas as Columnas Galegas.

Ferrolterra, a 13 de Novembro de 2014

ANEXO DE RECOMENDACIÓNS PARA  A MARCHA A PÉ DESDE FERROL ATÉ COMPOSTELA O #29NEUVOU.
MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

Recomendacións:

* Saco esterilla.
* Chaleco reflíctante.
* Calzado adecuado que xa estea un pouco usado.
* Chuvasqueiro de corpo completo e gardachuvas.
* Gorro bufanda luvas.
* Dous pantalóns.
* Dúas camisolas ao ser posíbel térmicas.
* Calcetíns grosos se poden ser novos.
* Unha sudadeira abrigosa (Ou similar).
* Mudas roupa interior.
* Toalla, xabrón e chanclas (Outros de aseo persoal).
* Un pequeno botiquín (Iodo, gasas, ...) que teña gasas para bochas que son unhas gasiñas para as bochas dos pés (Cando notes un pequeno roce ao andar pona inmediatamente).
* Vaselina para evitar rozaduras nos pes.
* Antiinflamatorios.
* Alcol de Romeu para as maniotas.
* Pequeno kit de manicura e imperdíbeis.
* Unha lanterna.

\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
Telefono: 603 213 863.

Comisión de Traballo para a Marcha a Pé.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

mércores, 19 de novembro de 2014

Nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade, para seguir organizando o 29N, hoxe mércores 19 de Novembro ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán - Participa !!

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra, celebran unha nova Asemblea Aberta para seguir organizando o 29N, hoxe mércores 19 de Novembro ás 18:30hs no Ateneo Ferrolán.

XVII Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade

Boas,
pola presente, quedades invitados todos cantos querades asistir, á nova asamblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, que terá lugar o mércores 19/11/2014 ás 18:30 no Ateneo Ferrolán.

Rogamos a asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debatirán puntos fundamentais sobre a protesta prevista para o 29 de Novembro.

Asemade, rogamos a asistencia de todas aquelas personas que teñan previsto participar na marcha a pé ata Santiago.

Os puntos a debatir serán os seguintes:
  1. Elección de moderador
  2. Información sobre os detalles da marcha a pe
  3. Accións de inscrición e divulgación da manifestación do 29 de Novembro para esta semana.
  4. Rogos e preguntas
Un saúdo e adiante!

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

\\\\\

martes, 18 de novembro de 2014

Persoas do común, activistas, sindicalistas, políticos, ecoloxistas, feministas, xente do mar e do campo, da cultura, das artes, ... fan un chamamento para mobilizar-se este 29N ocupando o Obradoiro en Compostela. - Vídeo

O pasado 22 de Marzo, confluían case un millón de persoas en Madrid, en diversas columnas de cidadáns e cidadás dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, uniu a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Na Galiza, as Marchas organizan-se coordenadas por unha Plataforma Galega que convocou diferentes mobilizacións, entre elas a de “Rodea o Parlamento”.

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o 29 de Novembro. Cinco columnas entrarán na Capital Galega, para confluír ás 12 do mediodía, nunha grande concentración polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; contra a Lei mordaza que quere criminalizar a protesta, polo dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo, ...

http://youtu.be/Dn7-43vtibM

Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N.

Mobiliza-te con nós o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Desde Ferrol a Compostela, Participa !!

De Ferrol partirán autobuses o propio día 29 de novembro, e unha columna partirá andando o día 25 para unirse á columna que partirá d'A Coruña (En Bruma - Mesón do Bento) e cubrir os 100 quilómetros que separan a comarca Ártabra da capital de Galiza.
O 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
  • marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
ou chamando ao telefono:
  • 603 213 863
O 29N, Ferrolterra Vai!

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

\\\\\

domingo, 16 de novembro de 2014

A Columna Caranceira activando as Marchas da Dignidade camiño do 29N - Vídeos, Fotos, Audios, Enlaces

O pasado Venres 14 de Novembro, as compañeiras e compañeiros da Columna Caranceira, culminaron unha semana de actividade de difusión no barrio de Caranza das Marchas da Dignidade.

Perante toda a semana foi a Exposición itinerante das Marchas da Dignidade que estivo no Centro Cívico de Caranza. E as mesas de difusión de material e reparto de follas informativas. Colada de cartaces, asembleas e preparación da 'Sesión de Tarde'.

A 'Sesión de Tarde', foi o 14N, consistiu nun acto integral coa actuación musical do encontro 'Refugalhos', con bebidas e degustación de callos, que contou coa presencia do compañeiro Santiago Lamelo do Frente Cívico d'A Coruña cunhas palabras de ánimo.

Contaron coa cobertura informativa do programa “Divertimento para pequenos monstros” de Rádio FilispiM 93.9fm que realizou un especial "MARCHAS DA DIGNIDADE, 29-N. Toma o Obradoiro". Foron noventa minutos, moi interesantes onde se falou "do porque deste movimento cívico cidadá en todo o Estado, particularmente no país galego, na nosa comarca e da convocatoria do vindeiro sábado 29-N en Compostela". No estudio da FilispiM, estiveron:  Daniel Melcón (columna caranceria); Santiago Lamelo (Fronte Cívico, Coruña); Alberto Espiñeira (Marchas Dignidade Ferrolterra); Marta González (columna caranceira); André Martínez (columna caranceira) e Carme Cela (columna caranceira). Para escoitar o programa integro ou por partes pode-se facer no sitio-e do Colectivo Opaíí ! o promotor de Rádio FilispiM que se pode escoitar nas ondas no 93.9 da FM ou a través de internet.

Palabras de ánimo na festa organizada pola Columna Caranceira previa ao #29NOcupaObradoiro.

http://youtu.be/JhsMCac3D6I

>
http://youtu.be/qs_bLK41LEM?list=UUEsyIpC9Y8SoVla3A-qmvlw

Algún vídeos da actuación do Enconro Refugalhos en Caranza, na Sesión de Tarde das Marchas da Dignidade (desculpar o son e as imaxes pois non son de boa calidade).

http://youtu.be/2PYxC10mCl0

http://youtu.be/ZZAf8jWPtK4

http://youtu.be/pD_AusiMA5g

http://youtu.be/n74khouTDOM?list=UUEsyIpC9Y8SoVla3A-qmvlw

http://youtu.be/MF7cdMBcGls

____________________

venres, 14 de novembro de 2014

Sesión de Tarde na Traseira do Mercado de Caranza, coa participación de Santiago Lamelo do Frente Cívico e a actuación musical do encontro "Refugalho"

SESIÓN DE TARDE VENRES 14 DE NOVEMBRO DE 6 A 9 DA TARDE, NA TRASEIRA DO MERCADO DE CARANZA
Actuacion musical do encontro “REFUGALHO”

A Bebida e degustacion de callos

As Palabras de Ánimo de Santiago Lamelo do Frente Cívico de A Coruña

A Cobertura informativa por “Divertimento para pequenos monstros” de  Radio Filispim 93.9fm
Columna Caranceira das Marchas da Dignidade

Tlf. 605455340

columnacaranceira@gmail.com

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N
:

. Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

ou chamando ao teléfono das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
603 213 863

O 29N, Ferrolterra Vai!

Sitios-e:
Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
Redes:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade

https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

||||||||||||||||||

domingo, 9 de novembro de 2014

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Compostela, o 29 de Novembro - #FerrolterraVai

O pasado 22 de Marzo, confluían case un millón de persoas en Madrid, en diversas columnas de cidadáns e cidadás dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, uniu a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Na Galiza, as Marchas organizan-se coordenadas por unha Plataforma Galega que convocou diferentes mobilizacións, entre elas a de “Rodea o Parlamento”.

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o 29 de Novembro. Cinco columnas entrarán na Capital Galega, para confluír ás 12 do mediodía, nunha grande concentración polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; contra a Lei mordaza que quere criminalizar a protesta, polo dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo, ...

Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N.

Mobiliza-te con nós o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

ou chamando ao telefono das Marchas da Dignidade de Ferrolterra:
603 213 863

O 29N, Ferrolterra Vai!

Sitios-e:
Ferrolterra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
Redes:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
\\\\\

venres, 7 de novembro de 2014

As Marchas da Dignidade manifestaron-se en Ferrol como no resto das cidades da Galiza, para anunciar a grande mobilización 'Ocupemos o Obradoiro' do 29N

A Ruada da Dignidade avanzou polas rúas de Ferrol enfrontando o vento e a chuvia que acompañou esta tarde á reivindicación de Pan, Traballo e Teito!

O obxectivo deste rueiro era informar á cidadanía da mobilización do 29 de Novembro que baixo o lema “Ocupemos o Obradoiro”, pretende encher de xentes vindas de diferentes puntos de Galiza, a cidade de Compostela.

Polo dereito ao traballo, pola defensa dos servizos públicos, polo dereito a unha vivenda digna, contra a corrupción, por unha auditoria da débeda, contra o abuso bancario,... son algunhas das reivindicacións que se escoitaron nesta marcha que rematou nunha asembleia a micro aberto, diante do edificio da Xunta.

De Ferrol partirán autobuses o propio día 29 de novembro, e unha columna partirá andando o día 25 para unirse á columna que partirá d'A Coruña e cubrir os 100 quilómetros que separan a comarca Ártabra da capital de Galiza.

#29NeuVOU #29NOcupemosObradoiro
O 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 25 ao 29 de Novembro.

. En Autobús o 29 de Novembro.

Contacta con nós enviando un correo a:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

O 29N, Ferrolterra Vai!

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/ | Conta no facebook: https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter: https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\\

luns, 3 de novembro de 2014

Rolda de Prensa das Marchas da Dignidade Ferrolterra para convocar a 'Ruada da Dignidade' do 6N na Praza Dez de Marzal e #OcupaObradoiro do #29NeuVOU

Hoxe, 3 de novembro de 2014, tivo lugar a Rolda de Prensa das Marchas da Dignidade Ferrolterra, ás 12 do mediodía, no interior da Oficina da Avenida de Vigo, do Servizo Galego de Emprego.

O motivo do encontro cos medios, foi informar das actividades das Marchas da Dignidade que convocaron á cidadanía a participar o 6 de Novembro, nas 7 cidades galegas, en manifestacións que servirán coma preparación para unha marcha reivindicativa que confluirá en Santiago de Compostela o 29 de Novembro ás 12:00 do mediodía baixo o lema "Ocupemos o Obradoiro".

En Ferrolterra, a manifestación será en forma de Ruada da Dignidade, unha mobilización de carácter informativo que comezará na Praza Dez de Marzal ás 6 da tarde, para rematar na Praza Amada Garcia nunha Asemblea Popular Aberta, onde quen quixer apoiar ás Marchas poderá tomar a palabra.

Unha vez máis, as consignas PAN, TRABALLO E TEITO serán o nexo común que xunte as aspiracións das máis de corenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movimentos sociais de Galiza, ao respecto da situación que estamos a vivir a maioría social, que somos @s traballador@s e os sectores populares.

A Rolda de Prensa foi para explicar os obxectivos e desenvolvemento dos actos citados, e o papel das Marchas da Dignidade Ferrolterra neles.

Por que se escolleu a oficina de emprego para realizar a Rolda de Prensa?

"Escolleu-se este emprazamento en relación ás últimas estatísticas que sitúan a Ferrol coma a cidade con maior taxa de paro de Galiza, duplicando as contabilizadas noutras cidades galegas coma A Coruña, Lugo e Santiago. ...".

Evento no facebook da Ruada da Dignidade do 6N en Ferrol:
https://www.facebook.com/events/651608051624816/

http://youtu.be/rfOuJb5QgzQ

Marchas da Dignidade Ferrolterra Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/ | Conta no facebook: https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter: https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
\\\\\ Rolda de Prensa das Marchas da Dignidade Ferrolterra para convocar a 'Ruada da Dignidade' do 6N na Praza Dez de Marzal e #OcupaObradoiro do #29NeuVOU

sábado, 1 de novembro de 2014

Ruada da Dignidade en Ferrolterra, o xoves 6 de Novembro, ás 6 da tarde desde a Praza 10 de Marzal até a Praza Amada Garcia

PARTICIPA, EN FERROL, O XOVES 6 DE NOVEMBRO, ÁS 6 DA TARDE DESDE A PRAZA 10 DE MARZAL (entre As Pías e as Casa Baratas) e remate sobre as 7 da tarde, cunha Asemblea Popular Aberta na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).

O pasado 22 de Marzo, confluían case un millón de persoas en Madrid, en diversas columnas de cidadáns e cidadás dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, uniu a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Na Galiza, as Marchas organizan-se coordenadas por unha Plataforma Galega que convocou diferentes mobilizacións, entre elas a de “Rodea o Parlamento”.

Agora temos un importante reto, encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, o 29 de Novembro. Cinco columnas entrarán na Capital Galega, para confluír ás 12 do mediodía, nunha grande concentración polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Somos moitos e moitas as que imos marchar para defender: o dereito ao traballo ; os dereitos sociais e a renda básica ; o dereito a unha vivenda digna ; os servizos públicos como a sanidade e a educación ; a loita contra a corrupción ; contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga ; contra a estafa e o roubo bancario ; ...

O 6 de novembro quentamos motores en toda Galiza preparando as marchas do 29N. Ferrolterra mobiliza-se, este 6N, xunto a Lugo, Vigo, Ourense, Compostela, A Coruña e Pontevedra.

Temos determinación para conseguir un cambio e ímolo demostrar marchando sobre Compostela o 29N.

Mobiliza-te con nós o 6N en Ferrol na “Ruada da Dignidade” e o 29N en Compostela en “Ocupemos o Obradoiro”, cinco columnas das Marchas da Dignidade sobre Santiago de Compostela. E no resto dos territorios e nacións do Estado, o 29N cinco millóns de persoas na rúa contra o réxime corrupto, polo PAN, TRABALLO e TEITO.

Evento no facebook da Ruada da Dignidade do 6N en Ferrol:
https://www.facebook.com/events/651608051624816/

Aberta a inscrición para participar nas marchas do 29N:

. Camiñando do 24 ao 29 de Novembro.