martes, 19 de xaneiro de 2016

Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, para este Mércores 20 de Xaneiro ás 19:15hs no Ateneo Ferrolán


Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, realizara-se no Ateneo Ferrolán.


Mércores 20 de Xaneiro ás 19:15hs.
No local do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202-204).

Puntos a tratar.

1º Continuamos deseñando a acción polo Plan de choque contra o paro e renda básica. Debate e decisión sobre o texto, para preparar a Moción e o texto para ler no pleno do concello de Ferrol, para reclamar un plan de choque contra o paro e unha renda básica. Hai unha proposta de borrador de Alberto Espiñeira e unha serie de consideracións e contributos de Rubén Dopico. Elvira está traballando noutro texto.
Aprobar, se se considera, o de texto base para a moción e para ler no pleno do concello de Ferrol. E o modelo de texto para presentar no rexistro dos concellos da comarca que engade o resgardo das firmas de apoio e solicitude de entrevista coas alcaldías.
2. Situación da loita polo plan de choque contra o paro e a renda básica. Que facer?

3. Ideas, propostas ou reflexións para levar a unha próxima Coordinadora Galega das Marchas da Dignidade que terá lugar o vindeiro 25 de xaneiro en Compostela.
XUNTANZA DA COORDINADORA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE

Data: Luns 25 de Xaneiro
Hora: 17:00
Lugar: Casa das Asociacións. Antiga estación de Cornes.
Rúa Manuel Beiras, 3 – Compostela.

As Marchas da Dignidade retoman a súa marcha para continuar co imprescindible traballo de mobilización social para cambiar o sistema. Convocamos unha xuntanza para tratar os seguintes temas:

- Debate sobre a situación das Marchas, acordado na anterior asemblea.
- Estratexia para o futuro.
- Preparación asemblea estatal 31 xaneiro.
- Varios.
- Asignación tarefas.
Lembrade ser puntuais e centrarse nos temas a tratar coa maior concreción posible. É unha xuntanza de traballo. Traede o material necesario para tomar notas. Se queredes engadir un punto na orde do día, enviade un correo.
4. Pendente de anteriores reunións: organizar o acto sobre a débeda odiosa.
Vídeo de interese: https://youtu.be/4B9VVjg9I1s.
Web ver Nodo Galego: http://auditoriaciudadana.net/.
Observatorio Cidadán Municipal: http://ocmunicipal.net/?lang=es.

Achégate e participa!

Borradores de Documentos:
* Borrador de Alberto Espiñeira. | Acceder/Baixar.

* Borrador de Rubén Dopico. (Contributos e Consideracións). | Acceder/Baixar.
--
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/ |

||||||||||||||||