venres, 26 de setembro de 2014

Este luns 29 de setembro, ás 6 da tarde autoconvocatoria do tecido social, veciñal, cultural, sindical e político de Ferrolterra, para preparar a Mobilización Europea contra o Acordo Transatlántico (Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos TTIP), a xuntanza será no Ateneo Ferrolán


CONVOCATORIA DUNHA XUNTANZA ABERTA E UNITARIA PARA O LUNS 29 DE SETEMBRO, ÁS 6 DA TARDE NO ATENEO FERROLÁN, CO OBXECTIVO DE ORGANIZAR A PARTICIPACIÓN DE FERROLTERRA, O SÁBADO 11 DE OUTUBRO, NA GRANDE MOBILIZACIÓN EUROPEA CONTRA O 'ACORDO TRANSATLÁNTICO' TRATADO DE LIBRE COMERCIO ENTRE A UNIÓN EUROPEA E ESTADOS UNIDOS (TTIP) E OUTROS TRATADOS (CETA E TISA)* QUE SÓ BENEFICIAN AO 'DEUS MERCADO'.

Desde hai anos os Estados Unidos e a Unión Europea, veñen negociando en segredo un pacto económico e de modelo de relacións comerciais. Desde hai pouco máis dun ano, estas negociacións xa son públicas, continuando na actualidade. Pretende-se acordar un Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP, polas súas siglas en inglés).

Formalmente o TTIP ten como obxectivo "eliminar as barreiras comerciais entre os Estados Unidos e a Unión Europea (suprimir aranceis, normativa innecesaria, restricións ao investimento, etc.)" e segundo as súas propias palabras "simplificar a compravenda de bens e servizos entre estes dous espazos. Eliminar esas barreiras suporá crecemento económico, creación de empregos e unha diminución dos prezos. O Centre for Economic Policy Research (CEPR), calcula que a economía europea podería beneficiarse con 119.000 millóns de euros ao ano e a estadounidense cuns 95.000 millóns de dólares". O que traducido a feitos reais quere dicir que os donos e controladores dos grandes fondos de inversións e corporacións multinacionais, van ser os grandes beneficiados deste Tratado. Os miles de millóns en dólares e euros, son para eles, non para o pobo. Van ter o camiño doado para facer-se, a prezos de ganga, cando non de balde, coas propiedades do pobo, servizos públicos (sanidade, educación, dependencia, ...), empresas públicas, infraestruturas, fondos de pensións públicos, Seguridade Social, a xestión e propiedade da auga,  xestión dos fondos de desemprego, Fogasa, ..., cárceres, universidades, servizos municipais, ..., en definitiva todo é un negocio, todo se privatiza ou se dá en propiedade, na agricultura será a introdución de produtos tranxénicos, compra de sementes, ... compra de terras, ... empeoramento do medio ambiente e a aceleración do cambio climático, ... control de internet e das aplicacións informáticas libres, ...

A clase  traballadora, as demais clases populares e os pobos sen soberanía como o Galego, imos ser os grandes perdedores deste tratado dos ricos (TTIP) contra @s pobres. Máis miseria, máis desemprego, salarios máis baixos, menos prestacións, peor seguridade social, peores servizos públicos, peor alimentación, menos saúde, ..., menos democracia, ..., máis autoritarismo, máis control policial sobre a poboación, ..., máis corrupción, ...

Contra esta venda dos bens do pobo, esta-se organizando unha grande mobilización europea, para o sábado 11 de Outubro. Nas comarcas de Ferrol, o pobo traballador non deberíamos quedar ao marxe desta Mobilización Europea. Amosar a nosa non conformidade con estas negociacións, denunciar o Tratado (TTIP) e rebelar-nos contra quen pretende vender as nosas vidas, seguridade, terras, .. contra quen pretende impoñer-nos un pensamento único, ... un modelo social e económico en beneficio duns poucos, contra a maioría da poboación.

Por todo isto,

consideramos que as persoas, sindicatos, partidos, colectivos, asociacións que estamos contra este Tratado (TTIP), poderíamos facer unha mobilización unitaria o vindeiro 11 de Outubro en Ferrol.

Polo que,

pedimos-vos que participedes, para organiza-la, nunha xuntanza unitaria e aberta o vindeiro luns 29 de Setembro, ás 6 da tarde, nos locais do Ateneo Ferrolán.

Todas as mans e as ideas son necesarias participa aínda que sexa a titulo persoal.

Obrigad@s !

Lee e difunde.

Ferrol, a 25 de Setembro de 2014

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.stop-ttip-ceta-tisa.eu/

[*]  Notas.-

TTIP - O Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (tamén chamado TAFTA, Tratado de Libre Comercio Transatlántico) estase negociando entre EEUU e a Unión Europea desde Xullo de 2013 | Ir á Web.

CETA - O Acordo Económico e Comercial Global xa foi negociado entre a UE e Canadá e estase finalizando agora | Ir a Web.

TISA - E o Acordo sobre o Comercio de Servizos está agora en proceso de negociación entre 50 países, incluíndo a UE | Ir a Web.

---

En Ártabra 21 publicaron un interesante artigo de Ignacio Ramonet o pasado 11 de Abril de 2014, con importantes enlaces e referencias:
¡Perigo! Acordo Transatlántico, ... Por Ignacio Ramonet.
---

Coincide que o mesmo día, 11 de Outubro, co día de loita mundial contra o Frackdown (A fractura hidráulica para a obtención de petróleo e gas).

¡Global Frackdown!
Día internacional para poñer freo ao fracking
11 de outubro de 2014


¡Únete ou sofre a fractura!

Misión: A fractura hidráulica para a obtención de petróleo e gas é de por si moi insegura, e a lexislación que a regule non pode mitigar completamente os danos que provoca esta industria. Rexeitamos a campaña de imaxe multimillonaria que levan a cabo as grandes empresas petroleiras e do gas e instamos aos nosos representantes políticos locais, rexionais e nacionais a rexeitar a fractura hidráulica. Somos un movemento global unido e apelamos aos cargos electos de todos os niveis para que impulsen un futuro con enerxías renovábeis e para que non permitan a fractura hidráulica nin ningunha das infraestruturas asociadas, xa sexa nas nosas comunidades ou en calquera outra comunidade. Somos comunidades que loitan contra a fractura hidráulica, a minería de area para inxección, gasodutos e oleodutos, estacións de compresión, terminais de gas natural licuado, exportacións de gas natural, gas de vapor de carbón, gas metano de carbón e similares. A fractura hidráulica non forma parte da nosa visión para un futuro con enerxía limpa, e debe ser prohibida. | Ir a Web.

\\\\\

mércores, 24 de setembro de 2014

Continuamos marchando, obxectivo o 29N, por "Pan, Traballo e Teito" - Nova Asemblea Aberta este mércores 24 de Setembro


Continuamos preparando a marcha até o 29N, unha nova Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrol Terra, vai ter lugar este mércores, 24 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, mais desta vez está convocada para as seis e media da tarde. Non faltes, organicemos o combate contra a pasividade, organícemo-nos para mobilizar e concienciar, co obxectivo dunha sociedade máis xusta e igualitaria, acabar coa pobreza e a violencia, polo "pan, traballo e teito".

Á rúa que xa é hora !   Si se pode!

XII asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

A nova Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra,  terá lugar o mércores 24 de Setembro de 2014, ás 18:30 no Ateneo Ferrolán.

Ademais de convocar a todas as persoas interesadas a titulo particular, facemos un chamamento á asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debaterán puntos fundamentais sobre a mobilización que se planea celebrar o vindeiro 29 de Novembro en Santiago de Compostela.

Os puntos a debater serán os seguintes:
  1. Elección de moderador.
  2. Proposta de engadido ó manifesto redactado para a mobilización do 29-N. Punto non resolto na anterior asemblea. Volvo a incluír o texto da proposta de Alberto Espiñeira.

    Podedes acceder ó manifesto na seguinte ligazón:
    https://docs.google.com/document/d/1AzGFgvOnWGhzkklWoRtUFs_q0D1V5KTMQTfopVlZbsg/edit?usp=sharing

    Versión curta.

    A engadir despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil. Un paro que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro.

    Versión longa.
    A engadir tamén despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil. Un paro que é unha negación do dereito ó traballo, e que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro, e iso é unha decisión política, o repartir as cousas de isa maneira.

    De novo o paro é outra estafa, nos medios de comunicación dise que a economía ten que medrar por riba do 2,5% para que se xenere emprego, e polo que se ve, se non hay crecemento ten que haber xente que non teña nin pan, nin traballo, nin teito, nin a dignidade que iso conleva.

    E podemos facer a seguinte reflexión, ¿non será que o problema está no reparto que fan da riqueza, e de como manexan a mesma para someter a xente?, pero non, botanlle a culpa a un parámetro económico, que lle chaman o 2,5 %.
  3. Horario da manifestación do 6N: introducido a proposta de Alberto Espiñeira. Parécelle moi cedo as 18:00h para que participe a xente que está traballando.
  4. Evolución das tarefas definidas para o 29N, e asignación de novas tarefas.
    • Temos pendente de asignar responsables para as seguintes tarefas:
      • Transporte a Santiago o día 29 de Novembro.
      • Establecer contactos con Somos Maioría, Marea Ártabra e outras novas formacións políticas.
  5. Rogos e preguntas
Un saúdo,

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA !!!

\\\\\

xoves, 18 de setembro de 2014

Unha nova Aasemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra terá lugar este xoves 18 de Setembro, no Ateneo Ferrolán


XI asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Nova Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, que terá lugar o xoves 18 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, ás 19:30hs.

Esta Asemblea é aberta a todas as persoas que queiran participar, mais pregamos especial asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debatirán puntos fundamentais sobre a mobilización que se planea celebrar o vindeiro 29 de Novembro en Santiago de Compostela.

Os puntos a debatir serán os seguintes:

1.- Elección de moderador

2.- Definición e reparto de tarefas relacionadas coa mobilización do 29-N

3.- Proposta de engadido ao manifesto redactado para a mobilización do 29-N. Coa fin de axilizar, inclúimos a proposta realizada por Alberto Espiñeira.

Versión curta. A engadir despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil.
Un paro que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro.
Versión longa. A engadir tamén despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil.
Un paro que é unha negación do dereito ó traballo, e que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro, e iso é unha decisión política, o repartir as cousas de isa maneira.
De novo o paro é outra estafa, nos medios de comunicación dise que a economía ten que medrar por riba do 2,5% para que se xenere emprego, e polo que se ve, se non hai crecemento ten que haber xente que non teña nin pan, nin traballo, nin teito, nin a dignidade que iso conleva.
E podemos facer a seguinte reflexión, ¿non será que o problema está no reparto que fan da riqueza, e de como manexan a mesma para someter a xente?, pero non, botanlle a culpa a un parámetro económico, que lle chaman o 2,5 %.
Proposta inicial de Manifesto: : Acceder/Baixar.
4.- Rogos e preguntas.

Non faltes, participa !!


Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

\\\\\