PARTICIPA NA ASEMBLEA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA
Este mércores 30 de Marzo ás 19:15hs no Ateneo Ferrolán.
Coa seguinte orde do día:
1. Debate sobre o Plan de Resposta Rápida:
O compañeiro André achega dúas propostas de Plan de Resposta Rápida para o debate. Unha para as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, e outra para presentar como proposta para a Columna Galega das Marchas da Dignidade. Van en dous tipos de formato, libre odt. e privativo doc. , para o que mellor vos abra nos vosos ordenadores e móbiles.2. Información de como van as xornadas de traballo, e proposta de data, hora e lugar, para unha nova xornada de traballo sobre o Plan de Choque Comarcal Contra o Paro, polo Emprego e Renda Básica.
3. Información sobre o grupo de traballo do naval. A anterior convocatoria suspendeuse por falta quorum. E a que está prevista para este mércores ás 18:00hs, non se convoca. Para debater nesta asemblea se hai capacidade, se paga a pena ou non, continuar con o grupo de traballo. Ou pola contra, ampliar o punto que temos no Plan de Choque Comarcal Contra o Paro, polo Emprego e Renda Básica, no que falamos da necesaria reactivación dos estaleiros, e que presentamos nos 20 concellos das tres comarcas.
4. Varios
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com |
Teléfono: 602 587 531 |
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
|||||||||||||||||||