Para ampliar clicana imaxe |
Información sobre os percorridos da Columna Galega polas rúas de Madrid o 27 de Maio “ruada por Madrid”. ……punto de encontro: “Novos Ministerios” as tres da tarde. Alí sumaremos cas galegas e os galegos que xa están en Madrid.
Velaiquí a planificación dos percorridos que faremos a Columna Galega o 27M polas rúas de Madrid. A nosa “ruada pola capital” para reclamar, e facernos escoitar en galego: Pan, Traballo, Teito e Igualdade.
A chegada prevista no Tren Galego da Dignidade a Chamartin é as 13;45h. faremos un transbordo programado a un tren de proximidade que nos deixará na estación de Novos Ministerios entre ás 14:00 e as 14:15hs con tempo dabondo para comer o bocata e un pouco de lecer.
O autobús de Ferrolterra, procurará achegar-se até as inmediacións de Novos Ministerios entre as 14:00 e as 14:30hs. E a volta será ao rematar o acto final. Mais seguiremos as indicacións que a organización prevea para os autobuses. Toda persoa que viaxe no autobús terá que dar o nome completo e un teléfono de contacto.
En Novos Ministerios as 15:00h, xunto con todas as galegas e galegos que xa están ou se acheguen ese día a Madrid, sumarémonos como Columna Galega ás columnas de Asturies, Cantabria, Euskal Herria, Navarra e Castela-León para conformar o que se denominará por acordo do grupo de organización Bloque Solidariedade para facer o percorrido sinalado no plano publicado no cabezallo que podes ampliar clicando aquí.
O resto de bloques cos que teceremos un Manto de Dignidade polas rúas de Madrid serán:
- Andalucia.....saída de Orcasitas as 12:00hs.
Conformará o Bloque Unidade. - Catalunya-Levante.... saída de Vallekas (pza roxa) as 12:00hs.
Formarán o Bloque Liberdade. - Extremadura-Castela a Mancha...saída de Alulche as 14:00hs.
Formará o Bloque Igualdade. - O Bloque Sindical: saída da rúa Alcalá as 16:00hs.
- O Bloque Pensionistas e Memoria: saída da Porta do Sol as 16:00hs.
Neptuno-Granvía.
A manifestación ten prevista a saída as 17:00hs da Praza de Neptuno para rematar no final da Granvía, cara as 19:30hs onde estará o escenario e celebraremos o acto de peche.
Para o retorno no tren, fixamos o punto de encontró na estación de Chamartin as 21.00 hs que ten prevista a saída ás 22:00h.
Este é o mapa do percorrido da manifestación do 27M Neptuno-Granvía.
Para ampliar clica na imaxe |
Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/ |
Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica: http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
---