O desprazamento a Madrid, pode-mo-lo facer como se queira e depende dos medios que cada quen teña. Con máis tempo podería-se facer un traballo previo para recadar fundos, para facer a viaxe máis barata ou mesmo para axudar ás persoas con menos recursos e que teñan interese en desprazar-se até Madrid, mais hai pouco tempo e aínda nos estamos a organizar, comezamos en Caranza o pasado 17 de Febreiro. Polo que non temos organizado a marcha a pé. Se alguén ten interese e son un grupo suficiente, que se poñan en contacto con nós para artellar o xeito de axudar no que se poida.
En Tren.- [Actualizado 28.02.2014]
Están organizando o viaxe en tren, desde Vigo e
desde Coruña para Madrid, para o que están a reunir xente para poder
alugalo.
Para o Tren que sae desde Coruña.
Para facer unha lista común, teñen unha
dirección de correo: frentecivicocoruna@gmail.com , e un formulario.
Os datos que necesitan son nome, apelidos, localidade, correo
electrónico e un teléfono de contacto. É urxente coñecer o número de
persoas, se queres ir, apúntate. Teñen que encher o tren de persoas e
tomar Madrid en contra das políticas da Troika, en contra da Doctrina do
Shock que nos están a aplicar.
Acábanos de confirmar do peche da contratación con Renfe do tren a Madrid o día 22 de Marzo. Despois dunha longa resta de contactos e tiras e afloxas, con decisións políticas incluídas, o resultado é o seguinte:
Tren en duplo con 520 prazas, con dous percorridos:
07,00 hs. A Coruña – Compostela - Ourense
07,00 hs. Pontevedra – Vigo – Ourense
09,20 A partir de Ourense vai un so tren a Madrid.
O grupo do Carballiño podería embarcar de cara Ourense no tren das 08´45 hs. e iría incluído no prezo.
O prezo final acadado do billete será de 45 €. Obviamente, sobra dicir
que non foi posible rebaixalo máis.
O pago total do aluguer a Renfe temos que realizalo o día 14 de marzo, o cal quere decir que hai que comezar XA a cobrar os billetes en cada zona, e o día 12 de marzo tería que estar a totalidade dos 23.400 € na conta que se habilite ó respecto (lembrade que Na Coruña/Ferrol temos unha conta aberta para o pago das persoas que temos na nosa lista e que estades a recibir a información).
Finalmente, temos aberta a posibilidade de ampliar a contratación dun segundo tren ó mesmo prezo (45 €) ate o día 14 de marzo, de 360 plazas, que viría a sumar 880 prazas. Oxalá!!!
Suxerimos que temos que traballar en tres liñas:
1.- Listaxe sistemático, ordenado, cobrado e centralizado dos que imos a Madrid, cun so responsable por zona. Na Coruña e Ferrol, temos este correo frontecivica@gmail.com e tamén este formulario.
2.- Continuación da promoción de actos da Columna Galega nas vilas, asociacións, universidade, etc.
3.- Recadación económica para abaratar os custes do billete; bolsas nos actos con Cañamero, camisetas, a xente que non vaia que pague medio billete, concertos, etc.
IMORTANTE. Os que xa pagaron os 50€, poden recuperar os 5€ que pagaron de máis presentando o impreso o xustificante do banco.
O número de conta do banco para pagar o importe é o seguinte:
CENTRALUNITARIA DE TRABALLADORES/AS
Nova Galicia Banco
2080-5166-00-3000029394
Necesitamos que cando se faga a transferencia ou ingreso, se indique: NOME E APELIDOS DA PERSOA QUE VAI NO TREN, e como CONCEPTO: MARCHAS DA DIGNIDADE. Se non o facemos así, é moi complicado xestionaro tema.
En Autobuses.-
Na Asemblea do pasado 20 de Febreiro, comentaba-se que é mais realista o de levar buses desde Ferrol,
probablemente máis baratos e que teríamos máis tempo para a súa
contratación. Comentou-se que podería haber persoas que non puideran ir
por motivos persoais ou outras dificultades, mais que estarían dispostas
a apadriñar a outra persoa sen os recursos suficientes, polo que se propuxo de valorar este asunto.
Para a Asemblea do 3 de Marzo que se vai realizar no Centro Cívico de Caranza, ás 6 da tarde hai persoas que xa van levar o que podería costar cada Autobús e as condicións nas que se poderían contratar. Ti mesmo podes enterar-te desa información e trae-la a Asemblea. así como ideas para recadar fundos.
En furgonetas ou coches particulares por grupos.-
Esta tamén pode ser unha forma de viaxar até Madrid, varios amig@s acordan facer a viaxe pola súa conta compartindo os gastos.
A Pé.-
Hai algunhas persoas que decidiron
facer a marcha a pé e que nun principio estaba previsto saír desde
Santiago de Compostela, mais agora pensamos que van saír desde o Bierzo.
Algún desencontro coa Plataforma Galega de Apoio ás Marchas da
Dignidade, din que lles imposibilitou o poder saír desde Compostela.
Teñen unha conta en facebook:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384
O
5 de Marzo está previsto que as Marchas a Pé desde Galiza, o Bierzo e
Asturias, confluían en León. Mesmo en León teñen pensado habilitar unha
zona de descanso e avituallamento [Ver Nova].
O 12 de Marzo, en Valladolid, teñen previsto confluír coas Marchas que
proceden de Cantabria. Logo camiñarían xuntas até chegar o 21 ou 22 en
Madrid. Por se alguén quere desprazar-se achegamos o mapa das rutas por
onde teñen previsto camiñar.
Van-se montar campamentos en Madrid pois hai marchas que van quedar uns días como as marchas do SAT que proceden de Andalucia.
Enlace co mapa e territorios:
http://marchasdeladignidad.org/mapa-territorios
Se necesitas máis información na web estatal hai unha moi completa información de Como viaxar a Madrid, desde Ferrol Terra as persoas que nos estamos organizando en columnas iremos en Autobuses ou no Tren que está previsto saia desde Coruña, mais non descartamos outras opcións.
Aberto correo-e de contacto e cordinación:
columnacaranceira@gmail.com
DESDE FERROL TERRA TAMÉN IMOS A MADRID O 22M !!!
---