domingo, 30 de marzo de 2014

A manifestación en apoio aos estaleiros que transcurriu hoxe polas rúas da cidade de Ferrol, convocou a miles de persoas - Temos que constituír esa columna do naval, como o pasado 22M marchaba polas rúas de Madrid a columna dos mineiros ou a columna dos bombeiros.


A manifestación en apoio aos estaleiros que transcurriu hoxe polas rúas da cidade de Ferrol, convocou a miles de persoas cun obxectivo claro: dicir non ao veto que a UE mantén, para a construción naval civil, nos estaleiros de Navantia. Mentiras, manipulacións, promesas incumpridas... veñen a encher este longo camiño reivindicativo, de toda unha comarca, en defensa dos seus estaleiros.

Asociacións, partidos políticos, distintas iniciativas cidadáns... aparecían hoxe enchendo a praza en apoio á construción naval. O bloco reivindicativo das Marchas da Dignidade, puxeron forza, música  e consignas a unha mobilización que non aclarou cal vai ser o camiño a tomar o día 1 de abril. Cal vai ser o día seguinte para estas reivindicacións que devolvan a dignidade a esta comarca.

As Marchas da Dignidade repartiron unhas dúas mil octavillas na manifestación comarcal de apoio ao naval dirixidas a toda a cidadanía de Ferrolterra.



---

xoves, 27 de marzo de 2014

Nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra despois do 22M - Xoves 27 de Marzo, ás 5 da tarde no Ateneo Ferrolán

Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202), este Xoves 27 de Marzo, ás 17:00hs.


O 22 de Marzo, confluíron en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

Que saibamos máis dun cento de persoas de Ferrolterra participaron na grande manifestación que tivo lugar en Madrid.

Antes do 22M houbo un apagón informativo sobre as marchas, só uns días antes desde medios gubernamentais informaban para desconvocar, mesmo utilizaban as redes sociais para tal fin. Posteriormente a noticia foi a violencia desatada antes de que os actos marchistas remataran. Foi precisamente pouco antes de que comezaran os telexornais das TVs.

Principalmente, nesta Asemblea está previsto que abordaremos o 22M e o que facer pasado o día. O obxectivo deste movimento é o de conseguir un cambio, polo que as marchas non remataban en Madrid o 22M, estas non teñen un carácter finalista, polo que seguiremos marchando con determinación, non hai volta atrás.

O Grupo de Traballo Aberto da Asemblea elaborou unha proposta para o desenvolvemento desta Asemblea:
GUIÓN PARA A ASEMBLEA 27-03-2014

1.- Análise de manifestación do 22M en Madrid.
2.- Elaboración dun comunicado para enviar ós medios coas conclusións do análise feito no anterior punto. Pediranse voluntari@s para a elaboración de dito análise.
3.- Analizar e debater as posibilidades de falar con outros colectivos  para que participen nas Marchas da Dignidade Ferrolterra.
4.- Artellar o xeito de participar na manifestación convocada polos comités de empresa de Navantia-Ferrol, Navantia-Fene e delegados da industria auxiliar para o domingo 30 de marzo. Non debemos esquecer que o naval é prioritario para a bisbarra e a súa inactividade empobrécenos a tod@s e non so aos traballadores e traballadoras do naval.
5.- Elaboración de octavillas para repartir o día 30 en dita manifestación.
6.- Outras propostas que xurdan dos participantes na asemblea.
---

Seguiremos marchando ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario


PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA E HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
---

luns, 24 de marzo de 2014

Que facer? - O 1 de Marzo de 2014 publicaba-se o seguinte vídeo onde Julio Anguita falaba do día despois das Marchas da Dignidade do 22M


http://youtu.be/7us_tuwufpk
 
O 1 de Marzo de 2014 publicaba-se o seguinte vídeo onde Julio Anguita falaba do día despois das Marchas da Dignidade do 22M.

As Marchas da Dignidade 22M uniranse e converteranse nunha marcha Rubicone. Imos para quedarnos, imos coa estratexia preparada para o día despois. Ou collemos este tren ou nos preparamos para ser escravos, esmoleiros, excluídos sociais... A marcha convócase para todos os cidadáns sexa cal for o seu filiación política, aquí non se pregunta de onde se vén senón cara a onde Se quere ir.

Margaret Thatcher quería que 2/3 da poboación do seu país vivise máis ou menos ben e para iso bastaba que houbese 1/3 de marxinados. O problema do que temos hoxe aquí é que os que van camiño de vivir mal achégase xa aos 2/3 da poboación. Cada vez vaise abrindo máis a brecha, os ricos son máis ricos e os pobres son cada vez máis e máis pobres.

As marchas non se poden quedar no espectáculo de 24 horas, hai que ir coa estratexia planificada do que temos que facer o día despois. Si iniciamos unha guerra hai que ter estudado os pasos que hai que dar para gañala e cumprir os obxectivos marcados.

"As marchas poden marcar un fito si se realizan cun plan continuado. Si son como as últimas folga xerais, dun día, nas que o Goberno aguanta 48 horas e prosegue coas súas medidas, non pasará nada, non terán sentido"

"Perdeuse a guerra". "Cando a clase dirixente violou todas as leis, a Constitución e os Dereitos Humanos, perdeuse a guerra. Pero algúns inician outras, con outros métodos, outros armamentos e outras alianzas"

"A recuperación económica é unha necidade, unha tomadura de pelo do Goberno"
"Este país non existe, está esgotado, acabouse esa España. A economía non pode producir emprego e eles sábeno, pero distráennos con baixadas de cotizaciones e outras medidas que non servirán para nada porque o cancro segue aí"

Que facer

"Hai que ir máis aló, non quedarse nas palabras. A xente ten que tomar conciencia do que é tómaa do poder. Iso é a ruptura e non hai outra saída"

"Completar esta democracia incompleta" e iso non é outra cousa que "facer que a economía obedeza ao poder político e non ao contrario. A política ten que representar ao pobo e este ten que darlle ordes á economía. Iso é a ruptura e o demais é soño dunha noite de verán".

Vídeo completo dun acto, en Madrid, do 'Fronte Cívico Somos Maioria', en apoio das marchas da Dignidade onde interveñen: como moderador Ginez Fernández (Coordinadora Mesa Estatal). Intervencións de Julio Anguita (Fronte Cívico Somos Maioría), de Irene Montero (Activista da PAH), de Ysmael González (Rede de Solidaridade Popular), de Agustín Moreno (Activista da Marea Verde), de Araceli Ortiz (Activista da Marea Branca) celebrado o 28 de Febreiro de 2014.
Madrid 28-02-2014

https://www.youtube.com/watch?v=xQtYWhBgAVk
---

domingo, 23 de marzo de 2014

Primavera de dignidade multitudinaria, diversa, plural e multicor - Marchas da Dignidade: Pan, Traballo e Teito - E agora a seguir marchando


Primavera de dignidade multicor

Primavera multicor na defensa da dignidade e por "pan, traballo e teito". Entre bochas nos pés polos moitos quilómetros andados, innumerables controis policiais e declaracións políticas con evidentes problemas de lateralidade as Marchas da Dignidade asolagaron este sábado as principais rúas de Madrid. Contra o mediodía a columna noroeste, na que se integra unha parte minoritaria da representación galega entraba na capital española. Case ao mesmo tempo, o tren que transportaba arredor de 500 activistas do país chegaba á estación de Chamartín, blindada pola policía igual que o resto da cidade, ao berro de "pan, traballo e teito".

Bandeiras galegas con e sen estrela, enseñas da II República e emblemas sindicais mesturáronse nos primeiros compases do percorrido cos traxes profesionais de bombeiros como os que impediron o desafiuzamento de Aurelia Rey, na Coruña. O ambiente reivindicativo mesturouse co son festivo das gaitas nunha comitiva na que se integraron representantes políticos como os deputados de AGE Antón Sánchez e Yolanda Díaz, o alcalde de Teo, Martiño Noriega ou Lidia Senra, entre outros.

Os dereitos á vivenda, ao traballo, aos servizos públicos ou á interrupción voluntaria do embarazo formaron parte das consignas desta columna, que comezou o percorrido polas rúas de Madrid achegándose á praza de Castilla, onde se xuntou coas persoas que viaxaron dende Galicia en autobús. Dende alí, e baixo o férreo control das numerosísimas unidades antidisturbios despregadas polo Goberno central, pero tamén entre aplausos dende as beirarrúas, dirixíronse ao punto de inicio da manifestación, o acto central deste sábado.

"Aquí está, aquí se ve, a clase obreira galega en pé", clamaban de camiño a Atocha, onde os bombeiros galegos foron recibidos cunha ovación. A unha hora do inicio da manifestación o Paseo del Prado era unha marea branca e azul, mestura de indignación e alegría e sen rastro dos incidentes que as autoridades madrileñas semellan agardar. Ás cinco da tarde, hora fixada para o inicio da manifestación unitaria, unha enorme marea comezou a marchar por tras dunha pancarta coa verba "dignidade" escrita nos idiomas cooficiais do Estado.
Numerosísima asistencia

As Marchas da Dignidade pretendían evidenciar na rúa a súa fartura coa situación social, económica e política que vive o Estado. Se o descontento se mide polo apoio popular que recibe unha manifestación, o seu obxectivo está cumprido.
    Na multitudinaria manifestación destaca a pluralidade de bandeiras e siglas
Milleiros de persoas secundan marchas ideadas por diversos colectivos, aos que se foron sumando outros nos últimos días e mesmo nas últimas horas. Así, na protesta puidéronse ver bandeiras de diversos partidos políticos e sindicatos, de plataformas como a PAH, ou as insignias das distintas mareas cidadás.
    O remate da comitiva comezou a andar unha hora e media despois da cabeceira
A asistencia foi tan maioritaria que a concentración previa á manifestación comezou moito antes das 17.00 horas, momento elixido para iniciar a marcha desde Atocha até Colón. Xa ás 16.30, os asistentes comezaron a baixar por Atocha, mentres ían acumulando apoios en zonas como os arredores ao Museo do Prado. A parte final da comitiva non puido comezar a camiñar ata unha hora e media despois de que comezase a andar a cabeceira.
Acto final e cargas policiais

A mestura de loita e festa caracterizou tamén o acto final das marchas, onde a música salferiu os discursos que, nunha liña pouco habitual, mesturaron o castelán co galego, o catalán e mais o euskera. Esa música e eses discursos tiveron que facerse ouvir, no treito final do acto, por riba dunha carga policial. Un reducidísimo número de individuos guindou obxectos contra as unidades antidisturbios mentres, dende o escenario, os organizadores advertían de que a Policía estaba a irromper "nun acto completamente legalizado".

Carreiras, proxectís de goma e feridas foron a faciana máis minoritaria dunha xornada que se caracterizou polo seu pacificismo na reivindicación. Resta saber que acontecerá nas rúas de Madrid durante a noite, especialmente na contorna de Recoletos, onde un grupo de persoas comezou a instalar unha acampada.

Autores e notas de interese
:

David Lombao | @davidlombao   

Virginia Uzal | @VirginiaUzal   

El Diario | @eldiarioes   

Praza   Pública precisa de Ti:
A forza de Praza Pública son os seus lectores e lectoras. Praza é un medio da súa comunidade de lectores. A existencia do xornal depende das achegas realizadas por todos nós [+info].

Redacción | @prazapublica .
Publicado en Praza Pública
|
23.03.2014
Recomendamos visitar a páxina orixinal, con fotos, vídeos e comentarios.

Todos os contidos textuais de Praza Pública están liberados coa licenza Creative Commons by-sa. Así pois, es libre de coller todos os textos da web, reproducilos parcial ou integramente, e distribuílos como queiras sempre que cites a súa autoría e empregues tamén a mesma licenza.

_____________

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
---

venres, 21 de marzo de 2014

Como noutras cidades e vilas da Galiza, en Ferrolterra o 22M tamén hai Marchas da Dignidade - Sábado 22 de Marzo na Praza do Concello de Ferrrol, ás 5 da Tarde


En Ferrol, na Praza do concello, diante do Pazo Municipal

Para as persoas que non se despracen até Madrid, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, convocan unha concentración (asemblea aberta) na Praza de Armas de Ferrol, o mesmo sábado 22 de marzo, ás 17:00hs.

PARTICIPA !!

Marcharemos ...

  • Polo dereito ao traballo con dereitos.
  • Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica.
  • Polo dereito a unha vivenda digna.
  • Polos servizos públicos, a sanidade e a educación.
  • Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores.
  • Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga.
  • Contra a estafa e o roubo bancario.
Temos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M. Estas marchas non teñen un carácter finalista, polo que despois do 22M, seguiremos marchando.

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org

__________________

Programación Especial 22M do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, 93.9 FM - Ferrolterra


Programación Especial 22M do Colectivo Opaii! - Rádio FilispiM, 93.9 FM - Ferrolterra

As rádios libres teñen principios e dignidade. Programación Especial 22M en Rádio FilispiM, 93.9 FM

En Rádio FilispiM, 93.9 FM, o antes, durante e o despois das MARCHAS DA DIGNIDADE en Madrid. Programación especial.

Venres 21M

Entre as 22:30 até as 24:30 hs: programación especial da 'Red Más Voces'.
As horas previas ao 22M contadas en 'La Noche de La Dignidad'.

Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).

ou na Rede:

http://opaii.blogsptot.com
http://www.radiovallekas.org/emision.m3u 
http://tesla.todoexitos.com:6000

Sábado 22M

Entre as 12:30 e até as 14:00 hs: especial Informativos Locais de Rádio FilispiM.
Dende o estudio, en Caranza-Ferrol, conexións coas columnas de Ferrolterra que participan en Madrid nas Marchas da Dignidade. O que acontece en Madrid contado polas voces de Ferrolterra.

Entre as 15:00 até as 23:00 hs: especial de Ágora Sol Radio.
A radio guerrilla en plena rúas de Madrid, contando o que pasa con dignidade.

Ségueo en:

Rádio FilispiM, 93.9 FM (Ferrolterra).

Ou na Rede:

http://opaii.blogsptot.com
http://tunein.com/radio/Agora-Sol-Radio-s162145/
http://archive.org/download/agorasolradio.m3u/agorasolradio.m3u
http://tesla.todoexitos.com:9370

As radios libres teñen principios e dignidade!!!. SINTONIZA!!! e PARTICIPA!!. DIFUNDE!!.

+ info en:
http://opaii.blogspot.com
http://www.masvoces.org/Dias-21-y-22-de-Marzo-cobertura-de
http://agorasolradio.blogspot.com.es/

--

OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
Web: http://www.opaii.blogspot.com
Ao Vivo: http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg
E-mail: filispina@gmail.com
Enderezo Postal e Estudio: Avda. Castelao S/N [Traseira do Mercado de Caranza], CP. 15406 Ferrol [A Corunha]

Enviado por:

Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
21 de março de 2014 09:07
---

xoves, 20 de marzo de 2014

Marchas da Dignidade, todas as claves, ... Por Rebeca Collado


Por Rebeca Collado [*]
20.03.2014


Pan, traballo e teito. Así de básico e esencial é o lema das Marchas da Dignidade. Quen non está de acordo en acadar algo tan primordial?. Precisamente nese punto de consenso traballa o movemento, que busca aglutinar "todas as loitas" que se están a dar e pelexar polo máis elemental: poder comer, poder traballar e ter unha vivenda.

As diferentes columnas que compoñen as Marchas da Dignidade sairán desde diferentes puntos de todo o país cara Madrid para darse cita este sábado na que esperan sexa unha grande manifestación. De Ferrolterra partirán cerca dun centenar de persoas, en bus e tren, coa ilusión de mudar a situación que estamos a vivir.

Daniel Melcón e André Martínez participarán nas Marchas e ademais son o xerme da mobilización na comarca. Ferrol360 compartiu uns minutos con eles para coñecer todas as claves do movemento e saber que pasará coas Marchas despois do 22 de marzo.
Que son as Marchas da Dignidade?
"As Marchas da Dignidade son una mobilización a nivel estatal de xente do pobo que quere mudar as cousas de abaixo para arriba". Trátase dun movemento que quere "transformar a queixa da xente en loita na rúa, sempre de xeito pacífico", explica Daniel Melcón. Tamén queren implicar á "maioría silenciosa" e fan un chamamento á xente que "só comparte a súa rabia no seu círculo máis íntimo para que proteste, berre e participe nas diferentes asembleas".

O movemento ten moi presente o significado de dignidade, que "é o sentido valioso que teñen as persoas e que poden exercer a súa liberdade e tomar as súas decisións", comenta Daniel. Neste punto aclara que a liberdade é moito máis que poder expresar o pensamento de cada quen e pon un exemplo: "Cando non tes traballo quedas sen algunhas liberdades, como poder acender unha luz ou a calefacción. Se non tes traballo, non tes cartos e non podes pagar os recibos".

En canto á toma de decisións, Daniel afirma que "ninguén do pobo decidiu que houbera 6 millóns de parados, que se lles deran cartos aos bancos e se quitaran da educación, sanidade e servizos sociais". Neste senso, critican que as decisións dos gobernos e a economía dos estados están en mans das empresas privadas e dos mercados. "A economía é do soldador que traballa no estaleiro, do médico que atende no ambulatorio e do mestre que dá clases nunha escola", apunta Daniel.

As Marchas da Dignidade é un movemento asembleario, transversal e que reclama a participación de todos os axentes sociais porque, aínda que cadaquén ten as súas reivindicacións, «hai cousas que son comúns á maioría de colectivos e partidos políticos. Moitas veces temos que deixar un pouco de lado as nosas reivindicacións máis identitarias, no sentido de organización, e poñer enriba da mesa esas reivindicacións que temos en común todos», conclúe Daniel.
Como xurdiu esta iniciativa?
Daniel e André comentan que todo comezou a finais do pasado verán cando se xuntaron varios colectivos e fixeron unha primeira asemblea. A partires de aí, foron sumando apoios de diferentes organizacións, sindicatos alternativos e colectivos como a PAH, a xente do 15M ou Frente Cívico Somos Mayoría. En todo caso, as organizacións están presentes dun xeito moi silencioso, sen protagonismos.

En Ferrolterra conformouse o movemento da man de Daniel e André. Contan que para a primeira asemblea pegaron uns carteliños polo barrio de Caranza, contactaron cunha das organizacións que está nas Marchas e xuntáronse unhas 15 persoas. "Aínda que algún dos participantes pertencese a un sindicato ou algunha organización, era xente da base, que non participaban moito nas mobilizacións". De aí, xurdiu facer unha asemblea a nivel de Ferrolterra e congregaron a unhas 60 persoas.

A primeira acción que as Marchas organizaron en Galicia foi a mobilización do 26 de febreiro, con manifestacións en todas as cidades galegas. "En Ferrol seríamos unhas 200 persoas, pero estivo moi ben porque a xente que participou é xente que a maioría das veces non participa nos actos reivindicativos", apuntan.
Este sábado conflúen todas as Marchas da Dignidade en Madrid. Que queredes simbolizar con elas?
"Queremos xuntar todas as loitas que están a producirse: a da privatización da sanidade pública, que ten xente movéndose en todo o Estado; está o tema das Mareas Verdes en defensa da Educación Pública ou os xubilados e pensionistas en contra dos repagos sanitarios e a baixada das pensións", explica André.

Así, as columnas que saen de diferentes puntos do Estado simbolizan que "o pobo se une para ir ao centro onde se toman as decisións: Madrid. Alí está o Boletín Oficial do Estado, que é onde aparece aprobada a reforma laboral e todos os recortes e decisións que se están producindo", sinala André. En definitiva, queren representar que é o pobo quen debe ter o control sobre o BOE para que a economía e a democracia estean verdadeiramente ao servizo dos cidadáns.
Cantas persoas sairán cara a Madrid desde Ferrolterra?
Preto dun centenar de persoas de Ferrolterra participarán este sábado na mobilización en Madrid. Así, o mesmo sábado sairán dous autobuses ás 05:00 horas do monumento ao 10 de marzo, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas. Desde a organización informan que aínda hai prazas dispoñibles e para inscribirse hai que chamar ao teléfono 645 158 113 ou mandar un correo electrónico a columnacaranceira@gmail.com. O prazo remata este xoves ás 12:00 horas.

Ademais, ao redor de 13 persoas da comarca irán nun tren que se freta desde A Coruña. Da Columna Galega participan unhas mil persoas, que sairán en buses de cidades como Santiago de Compostela, Lugo, Vigo e Ourense, entre outras. Esta columna reunirase na estación de Chamartín ás 14:15 horas e, se alguén vai no seu coche, ó seu aire, poden unirse a eles. Sairán cara Atocha andando Castellana abaixo para xuntarse co resto das columnas ás 17:00 horas.

Tamén hai persoas facendo as Marchas a pé. En Galicia esta iniciativa non tivo moito apoio e só participan unhas 4 ou 5 persoas. "Xuntáronse coa xente de León, no Bierzo, e en León xuntáronse coa xente que viña de Asturias", sinalan André e Daniel. Aquí pódense seguir as diferentes marchas que van a pé desde os diferentes puntos.
Unha vez pasado o día 22 hai ánimo de seguir adiante?
Teñen claro que "se isto remata o día 22 non vale de nada. Non é que imos de paseo a Madrid, berramos alí e acabouse, ten que quedar un xerme. As organizacións teñen que tratar de unificar as loitas e implicar cada vez a máis xente para medrar e conseguir as cousas que reivindicamos", di Daniel.

"É o que estamos intentando. Trataremos que a asemblea de apoio ás Marchas semente en todos os barrios e vilas a ilusión de baixar á rúa, xuntarse, falar dos problemas e buscarlles solución entre todos para acadar o de Pan, Traballo e Teito. Dar ideas entre todos para que esta sociedade sexa máis xusta e mellor", apunta André.

Así, explica que en Caranza xurdiu a Columna Caranceira porque "queremos simbolizar que é unha columna máis e desexamos que no barrio quede un xerme do espírito das Marchas. Noutros barrios tamén poden organizarse, xuntar ós veciños, tratar de motivalos e intentar ilusionalos porque é posible o de `si se pode´ e cambiar este sistema".

Están convencidos de que teñen que saír máis columnas nos barrios porque "non me creo que non haxa xente con inquietudes, con ganas de loitar", sinala Daniel. Neste senso apuntan que "hai que recuperar o espírito que tiñamos nos anos 70, que foi o período no que máis folgas e manifestacións houbo. A xente se deu conta que tiña que loitar polo que cría e polo que é xusto".

Así, afirman que é de xustiza que cadaquén teña unha renda básica e que o Estado, cos impostos de todos, facilite unha vida digna ás persoas. "Se non para que queremos este Estado, para que regule se podemos fumar nos bares ou non?", pregúntanse.

Desde as Marchas da Dignidade aseguran que son tempos de cambio, de mudar as cousas, de deixar que outros tomen as decisións e que o pobo se implique na política que se está a facer neste país. "Temos que esquecernos de iso de ir cada catro anos a votar, soltar a papeleta na furna e esquecerse do tema", conclúen.

REBECA COLLADO | Ferrol | Mércores 19 marzo 2014 | 11:00

Publicado en Ferrol360.es.

[*] Rebeca Collado García, Ferrol, xornalista desempeñou a súa actividade como redactora, locutora e presentadora en diferentes medios. Licenciada en xornalismo pola Universidade do País Vasco. Na actualidade forma parte do proxecto xornalístico local Ferrol360.es.




---

domingo, 16 de marzo de 2014

Nova Asemblea preparatoria das Marchas da Dignidade a Madrid o 22M - Celebrara-se no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, este Luns 17 de Marzo, ás 17:30hs


Asemblea Aberta
das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, este Luns 17 de Marzo, ás 17:30hs
.

Preparando as Marchas da Dignidade e viaxe a Madrid o 22M

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

O Sábado 22 de Marzo, as Marchas da Dignidade conflúen en Madrid, onde terá lugar unha grande manifestación, ás 17:00hs, desde Atocha até Colón. Para o cal desde Ferrol imos fretar autobuses e tamén un tren que saen desde a estación da Coruña.

Autobús desde Ferrol

Para quen teña interese polas Marchas da Dignidade e desprazar-se até Madrid, que se poña en contacto con nós nesta Asemblea ou chamado ao telefono 645158113, ou escribindo a columnacaranceira@gmail.com.

Os trens que saen desde Vigo e A Coruña, xa están completos, agora temos que completar autobuses desde a diferentes cidades e vilas da Galiza. Desde Ferrol imos contratar autobuses que sairán desde o barrio de Recimil, fronte ao instituto de formación profesional, nas inmediacións do monumento á Solidariedade Obreira – 10 de Marzal, ás 5 da mañá. Con paradas previstas en: Caranza: 05:05hs, Fene (Fronte ao Gadis da Avda. Naturais, 24): 05:10hs e Cabanas (Fronte ao Sarga): 05:20hs.

Marcharemos ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

Despois do 22M, seguiremos marchando ...

Temos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M. Estas marchas non teñen un carácter finalista, polo que despois do 22M, seguiremos marchando.

PAN, TRABALLO E TEITO

A RÚA QUE XA E HORA!!!

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org

Documentos Autobús, Viaxe e Encontro da Columna Galega :
  • Doc: RELATORIO PARA VIAXE EN AUTOBÚS [Acceder e Baixar] en formato pdf.
  • Doc: Mapa de Madrid e percorrido Chamartín-Atocha [Acceder e Baixar] en formato pdf.
---

sábado, 15 de marzo de 2014

As Marchas da Dignidade en Ferrol Terra, encaran a Gas Natural Fenosa





Unha asemblea, con 10 intervencións a micrófono aberto, conformou a concentración convocada pola Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra. A concentración convirteu-se nunha Asemblea de Construción Social. A denuncia, entre outras, da pobreza enerxética xerada por estas multinacionais, da súa implicación en proxectos como REGANOSA... xuntáronse á denuncia da decisión política para, xunto a REPSOL, encargar en Asia a construción de catro gaseiros, mentres se deixa esmorecer os estaleiros públicos, e con eles esta comarca. Á concentración chegou a Columna Caranceira que veu andando desde Caranza e contou cunha faixa e simboloxía das  PAH de Ferrolterra e un representante de STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, leu un comunicado de apoio ás Marchas.

Polo de agora só nos chegaron dous interesantes vídeos, un da emotiva intervención de Pablo Portero e un detalle da de Manuel A. Rodríguez Carballeira -Lalán.

A próxima cita, en Ferrol, o Luns 17 de Marzo, ás 17:30hs, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño. Participa !!

Intervención de Pablo Portero.
video

Intervención de Manuel A. Rodríguez Carballeira -Lalán.
video


---
COMUNICADO Á CIDADANÍA

Hoxe estamos aquí, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, diante das oficinas que representan a Gas Natural Fenosa, na nosa cidade. Pois queremos amosar a nosa indignación pola actuación desta grande corporación económica, que xunto a REPSOL, teñen ordenado a construción de catro buques gaseiros en estaleiros de Xapón e Corea do Sur.

Gas Natural Fenosa e Repsol, son uns dos reponsábeis da burbulla enerxética; do encarecemento do prezo do gas e da electricidade; da localización de Reganosa dentro da nosa ría; da pobreza enerxética que sofren moitos fogares, o que representa frío, miseria e enfermidade para miles de nenos e nenas, e maiores... e agora, cos contratos en Xapón e Corea, tamén cómplices da situación de emerxencia social desta comarca.

Os poderes económicos, entre os que se encontran estas multinacionais (que noutra hora foran empresas públicas), contan con gobernos que aplican políticas que lles favorecen. Non é de estrañar que logo moitos ex-presidentes, ex-ministros e ex-altoscargos, acaben nos consellos de administración destas grandes empresas facendo uso da chamada “porta xiratoria”. Aznar e Felipe González son dous exemplos claros.

Mentres que esta comarca esmorece, cun 32% de paro, unha emigración constante da xente máis nova e a pequena empresa e o comercio teñen as horas contadas, estas multinacionais españolas que se fan chamar patriotas, contratan en estaleiros do nordeste de Asia os catro buques que precisan (agardan contratar un quinto). Os estaleiros públicos de Ferrolterra, motor económico e social desta comarca, están sen carga de traballo, a penas un flotel que dará ocupación a 250 persoas do estaleiros de Ferrol, nada para o de Fene, mentres van máis de 3.000 postos de traballo perdidos, só nos estaleiros, motor da economía de Ferrol Terra.

As Marchas da Dignidade chamamos a illar socialmente a estas multinacionais, a aborrecer a súa propaganda enganosa que di que a súa “enerxía está ao servizo das persoas”, que é unha “enerxía social”, que teñen “compromiso e sostenibilidade”... cando o que están construíndo é pobreza, miseria e destruíndo o medio ambiente, mentres amasan cantidades inxentes de beneficio. Son exemplo do xeito que ten o capitalismo de medrar a costa do retroceso nas condicións laborais e da sobreexplotación do planeta sen ter en conta ás xeracións vindeiras.

Sen enerxía non é posible vivir. As Marchas da Dignidade queremos que sectores estratéxicos, dos que depende a vida das persoas, como é o sector enerxético, non esté en mans destas multinacionais do saqueo. Grandes empresas que non lles importa deixar sen luz  e calefacción a miles de familias con tal de que non mingüen os seus beneficios. Unhas corporacións que queren que as condicións laborais conseguidas por anos de loita nos estaleiros públicos (convenio, pagas, descansos, xornada de 8 horas, vacacións pagadas ...) desaparezan e deixen paso á precariedade, a xornadas interminábeis e a salarios de miseria.

 O pobo, mais do 85% dos cidadáns do Estado Español, temos que organizarnos, darlle as costas a estas empresas e aos seus gobernos, e buscar alternativas a este modelo enerxético xerador de pobreza. Debemos buscar alternativas a estes gobernos títeres dos poderes económicos. Os gobernos deben gobernar para o pobo e co pobo, e ser insubmisos a estas grandes corporacións.

Chamamos á conciencia e ao compromiso de toda a cidadanía. Temos que conseguir que unha maioría social se mobilice fronte ao grande poder destas multinacionais. Xuntas e xuntos podemos cambiar esta situación! Hoxe aquí diante de Gas Natural Fenosa, e o día 22 de marzo, marchando sobre Madrid.

PAN, TRABALLO E TEITO

A RÚA QUE XA E HORA!!!

Ferrolterra, a 14 de Marzo, de 2014

Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra

Contacto:
columnacaranceira@gmail.com
Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com/
Grupo aberto no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

Blogue da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/
---

luns, 10 de marzo de 2014

A Asemblea de Apoio ás Marchas da Dignidade volve-se reunir mañá Martes 11 de Marzo, en asemblea aberta no Centro Cívico de Caranza

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

En Ferrolterra está constituída unha Asemblea de Apoio que se volve reunir mañá Martes 11 de Marzo, ás 17:30hs en Asemblea Aberta no Centro Cívico de Caranza, para seguir organizando o apoio ás Marchas que partirán da nosa Comarca.

Esta Asemblea acordou convocar para o Venres 14 de Marzo, ás 18:00hs unha Concentración, na Praza do Callao, diante da oficina que representa en Ferrol a Gas Natural Fenosa, para denunciar a un dos responsábeis económicos da estafa chamada crise, responsábeis do empobrecemento enerxético de centos de miles de familias e que á hora de facer os buques gaseiros prefiren encarga-los en estaleiros de Xapón e Corea, e non face-los nos nosos que poderían dar emprego a miles de persoas.

Por último o Sábado 22 de Marzo, as Marchas da Dignidade conflúen en Madrid, onde terá lugar unha grande manifestación, ás 17:00hs, desde Atocha até Colón. Para o cal desde Ferrol imos fretar autobuses e tamén un tren que saen desde a estación da Coruña.

Para quen teña interese polas Marchas da Dignidade e desprazar-se até Madrid, facilitamos un correo electrónico columnacaranceira@gmail.com e un telefono 645158113.

Marcharemos ...
« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

Temos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M. Estas marchas non teñen un carácter finalista, polo que despois do 22M, seguiremos marchando.

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org
---

martes, 4 de marzo de 2014

As accións que veñen. Asemblea, Concentración, Marcha a Madrid


O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

As próximas citas son:
  • Martes 11 de Marzo, ás 17:30hs unha nova Asemblea Aberta no Centro Cívico de Caranza, para seguir organizando o apoio ás Marchas que partirán da nosa comarca.
  • Venres 14 de Marzo, ás 18:00hs unha Concentración diante da oficina que representa en Ferrol a Gas Natural Fenosa, para denunciar a un dos responsábeis económicos da estafa chamada crise, responsábeis do empobrecemento enerxético de centos de miles de familias  e que à hora de facer os buques metaneros prefiren encarga-los en Asía e non face-lo nos nosos estaleiros que poderían dar emprego a miles de persoas.
  • Sábado 22 de Marzo, as Marchas da Dignidade conflúen a Madrid, onde terá lugar unha grande manifestación, ás 17:00hs, desde Atocha a Colón.  Marcharemos ...
« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario
Temos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M.

Saúde, Educación, Pan, Traballo e Teito!

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto:
columnacaranceira@gmail.com
Grupo no facebook:https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra
:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com
Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com
Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Material para imprimir e difundir:
  • Octavilla convocado as mobilizacións que veñen, en formato pdf (En tamaño DIN-A4 - Saen dúas) - Acceder e Baixar.
  • Cartaz convocado as mobilizacións que veñen, en formato pdf (En tamaño DIN-A4) - Acceder e Baixar.
  • Cartaz convocado as mobilizacións que veñen, en formato pdf (En tamaño DIN-A3) - Acceder e Baixar.
---