xoves, 27 de febreiro de 2014

"Traballo, Pan e Teito" comezan as Marchas da Dignidade en Ferrol Terra


As Marchas da Dignidade comezaron a súa andaina en Ferrol. Hoxe, despois da súa asemblea constituínte o pasado xoves (20.02.2014), realizaron unha marcha polas rúas do centro da cidade reivindicando “PAN, TRABALLO E TEITO”. Unha marcha que coincidía coas convocadas nas cidades de toda Galiza. Unha columna que se achegou até o edificio da Xunta, a pé, desde o barrio de Caranza, a #ColumnaCaranceira, portaba nunha faixa onde se podía ler “Á RÚA QUE XA É HORA”. Participaron tamén na marcha plataformas cidadás como a de STOP Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca -PAH- e a da Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol.

Na praza do concello, a marcha uniuse á concentración convocada para rexeitar o asasinato machista de María Luisa Jiménez Jimenez, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres. Gardou-se un minuto de silencio. Vari@s marchistas, leron o comunicado baixo unha chuvia intensa que non arredou á xente da praza. Para rematar lembráronse as próximas citas das marchas pola Dignidade en Ferrol Terra. Mañá, 27 de febreiro uniranse á convocatoria da Alianza Social Galega, e o luns 3 de marzo, Asemblea Aberta no Centro Cívico de Caranza ás 6 da tarde.

Blogue de apoio ás Marchas de Ferrol Terra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/


Blogue galego:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/

Web Estatal:
http://marchasdeladignidad.org/

Aberto correo-e de contacto:
columnacaranceira@gmail.com

Un detalle da minfestación en Ferrol

http://youtu.be/sYuEPbVIXco


Nota.- En poucas horas publicaremos os aúdios do final da manifestación, onde catro marchistas deron lectura ao Comunicado. Por estar chovendo non puido haber sesión de micro aberto.
_____________