Acta da Asemblea Aberta para promover e apoiar as Marchas da Dignidade de Ferrolterra.
Primeira Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra celebrada no Centro Cívico Carvalho Calero o día 20 de febreiro de 2014 as 18:30hs.
Asisten unhas 60 persoas.
Colectivos representados:
Sindicato Labrego, P.H.A. Ferrolterra, Fuco Buxán, Asociación Veciñal de Canido, Xuventudes Comunistas, CNT, EU Ferrol, Espazo-Ecosocialista, Columna Caranceira.
Informase do que son as Marchas da Dignidade, da existencia dunha Plataforma Galega de Apoio, da constitución dunha columna en Caranza e da presencia nunha das reunións na Coruña. Relatase de como xurdiu o asunto en Caranza e de que o tratado na súa Asemblea, nace a proposta da convocatoria de Ferrol.
Informase da organización dun tren para Madrid, para o que están a reunir xente para poder alugalo. Necesitan 500 persoas entre as provincias de A Coruña e Lugo, e teñen que facelo antes do próximo 22 de febreiro, porque teñen que pagar o tren por adiantado con tres semanas de antelación. O prezo negociado ata o de agora é de 50€, pero hai posibilidade de que se rebaixe esa cantidade. Comentase que é mais realista o de levar buses desde Ferrol, probablemente máis baratos e que teriamos máis tempo para a súa contratación. Comentase que podería haber persoas que non puideran ir por motivos persoais ou outras dificultades, mais que estarían dispostas a apadriñar a outra persoa sen os recursos suficientes, polo que se propón de valorar este asunto.
Informase de que hai camisetas para comprar feitas en Vigo que custarían 3,5€ que habería que vender a 5€, o que quedaría para as asembleas de apoio 1,5€ por cada unha vendida. Comentase que podería saír máis barato se se fan en Ferrol.
Acordos:
1.- Dáse prioridade á organización da manifestación do mércores día 26 de Febreiro, que está convocada para as 20:00hs, con saída de diante do Edificio da Xunta (Praza de España), rematando na Praza de Armas, diante do Concello. Acordándose para esta mobilización:
- EU nos di que dispón de uns 100 cartaces. A tod@s parécennos poucos, polo que cada quen fará cartaces, os que poida, cos deseños dos que dispoñamos.
- Para facer as pegadas quedamos o luns 24 ás 10:00hs en horario de mañá e ás 18:30hs en horario de tarde no monumento 10 de Marzal.
- A asociación Fuco Buxán vai poñer a megafonía.
- A faixa, co lema acordado: "Pan, Traballo e Teito" a vai facer EU Ferrol.
- Elaborase unha proposta de Comunicado que foi aprobada pola Asemblea.
- A Columna Caranceira, vai enviar o comunicado de prensa aos medios de comunicación publicitando a manifestación.
2.- Acordase participar na manifestación da Alianza Social Galega(xoves 27 de febreiro), onde repartiremos a convocatoria da vindeira Asemblea do 3 de Marzo co texto do comunicado que elaboraremos cando saibamos o lugar onde se vai realizar a Asemblea.
3.- Comentase de promover asembleas por todos os barrios e lugares onde sea posible. Cada un ou unha de nós ten que ser un portavoz e divulgador/a das marchas.
4.- Acorda-se difundir as Marchas da Dignidade, por todos os medios: redes sociais, de boca a orella, de porta a porta, nos centros de traballo, nois centros de ensino, con cartaces, mediante octavillas, por mensaxes, polos blogs, nas festas, con camisetas, ...
5- Acordamos facer outra Asamblea o día 3 de Marzal, á espera de saber o lugar e a hora.
6.- Acordase que o correo da xente de Caranza (columnacaranceira@gmail.com), sea tamén para coordinar. As persoas que queira recibir a información por ese medio terían que facer chegar o enderezo de e-mail ou enviar un e-mail ao de Caranza.
Finaliza a primeira Asamblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra as 20:30hs.
Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
20 de fevereiro de 2014 23:09
_____________________