XI asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Nova Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, que terá lugar o xoves 18 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, ás 19:30hs.
Esta Asemblea é aberta a todas as persoas que queiran participar, mais pregamos especial asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debatirán puntos fundamentais sobre a mobilización que se planea celebrar o vindeiro 29 de Novembro en Santiago de Compostela.
Os puntos a debatir serán os seguintes:
1.- Elección de moderador
2.- Definición e reparto de tarefas relacionadas coa mobilización do 29-N
3.- Proposta de engadido ao manifesto redactado para a mobilización do 29-N. Coa fin de axilizar, inclúimos a proposta realizada por Alberto Espiñeira.
Versión curta. A engadir despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil.
Un paro que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro.Versión longa. A engadir tamén despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil.
Un paro que é unha negación do dereito ó traballo, e que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro, e iso é unha decisión política, o repartir as cousas de isa maneira.De novo o paro é outra estafa, nos medios de comunicación dise que a economía ten que medrar por riba do 2,5% para que se xenere emprego, e polo que se ve, se non hai crecemento ten que haber xente que non teña nin pan, nin traballo, nin teito, nin a dignidade que iso conleva.E podemos facer a seguinte reflexión, ¿non será que o problema está no reparto que fan da riqueza, e de como manexan a mesma para someter a xente?, pero non, botanlle a culpa a un parámetro económico, que lle chaman o 2,5 %.
Proposta inicial de Manifesto: : Acceder/Baixar.4.- Rogos e preguntas.
Non faltes, participa !!
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
| Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
\\\\\