martes, 26 de agosto de 2014
Convocada a X Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra - O xoves 4 de Setembro, ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán
Convocada unha nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra, este xoves 4 de Setembro, ás 19:30hs, no Ateneo Ferrolán
Na última Asemblea do pasado 31 de Xullo, deixamos convocada a seguinte Asemblea para o xoves 4 de Setembro, ás 19:30hs no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204). Para esta Asemblea temos pendentes asuntos de organización en Ferrolterra, mais principalmente abordaremos os inicios da organización da mobilización xeral do 29 de Novembro que vai ter lugar en todo o Estado. Na Galiza consistirá na realización de diferentes actos e accións, no camiño de encetar marchas desde diferentes lugares da Galiza, para confluír todas e todos, o 29N na Praza do Obradoiro en Compostela. Na citada Asemblea debateremos sobre o contido do Manifesto e o Documento Técnico de preparación do 29N (Quen non o teña pode solicita-lo ao enderezo de correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com).
PARTICIPA !!
Proposta de guión para a X Asemblea:
1.- Elección de moderador/a.
2.- Elección dunha nova coordinadora e reparto de responsabilidades dentro da devandita coordinadora.
3.- Organización do 29-N "Ocupemos O Obradoiro".
4.- Necesidade de converxencia das distintas plataformas da nosa comarca. Proposta feita pola Xuventude Comunista.
--
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
| Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!