Seguimos marchando pola senda da loita e a dignidade. Desde a anterior Asemblea tiveron lugar sucesos importantes: o 21 de Xuño rodeamos o Parlamento Galego, ao mesmo tempo que o resto dos parlamentos autonómicos do Estado; o 28 do mesmo mes de Xuño, reunían-se en Extremadura, na cidade de Mérida a Asemblea Estatal das Marchas da Dignidade; e o pasado 22 de Xullo, reunía-se a Coordinadora Galega das Marchas en Compostela. Desta acción e reunións teremos que tirar conclusións e debater as propostas e acordos, entre outros asuntos. Non faltes, agardamos por ti. Participa !!
O Grupo Aberto de Traballo e Coordinación, elaborou unha proposta de guión para a citada reunión que pasamos a transcribir:
CONVOCATORIA IX ASEMBLEA ABERTA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA - 31 DE XULLO DE 2014
O vindeiro xoves 31 de Xullo, pola tarde ás 19:30hs, celebraremos a IX Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra no Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204) cos seguintes temas a tratar:
- Valoración da acción "Rodea o Parlamento" do pasado 21 de Xuño.
- Mobilizacións propostas na Asemblea estatal e na xuntanza do pasado día 22 en Compostela.
- Cuestión financeira.
- Asunción de responsabilidades por parte de outr@s participantes nas Marchas.
- Quenda aberta de palabras.
--
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
| Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.
PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
---