xoves, 5 de xuño de 2014

As Marchas da Dignidade o sábado 21 de Xuño en Compostela, na manifestación 'Rodea o Parlamento'


O Parlamento Galego foi secuestrado polas mafias financieiras e, coa principal colaboración do PPSOE, están a roubar o que é do pobo para entregalo aos bancos e ás grandes empresas, moitas das cales instalan portas xiratorias para sentar nos seus consellos de administración aos mesmos que lles favorecen cando gobernan. O Parlamento Galego non está ao servizo das persoas, so serve aos intereses do poder económico. É hora de devolver o poder ao pobo, é tempo de recuperar o que é noso. Cando o Parlamento non cumple a súa función, carece de leximitidade.

No noso Parlamento se privatizan Servizos Públicos esenciais, como sanidade, servizos de emerxenza, educación, servizos sociais..., péchanse camas en hospitais, reducen persoal docente no ensino, privatizan servizos de rescate, despilfarran cartos públicos en obras inútiles e, en definitiva, tómanse decisións que levan ás persoas do común a unha situación de miseria e exclusión social. As leis que fai no parlamento o Partido Popular, e antes o PsdG, non resolven os problemas do pobo, so buscan favorecer a grandes corporacións aínda que sexa a costa da vida digna das persoas. Un goberno que permite que a súa poboación pase penurias, non é lexítimo e o pobo ten dereito a rebelarse contra él, tal e como dí a Declaración Universal de Dereitos Humanos.

Por iso, a Plataforma Galega das Marchas da Dignidade estará o día 21 de xuño diante do Parlamento Galego, porque queremos simbolizar que non está a representar ó pobo e somos o pobo os que iremos a rodealo, porque nos pertence, é noso, e temos a obriga de protexelo da mafia.
  • Polo dereito ao traballo.
  • Polos dereitos sociais e o dereito a unha Renda Básica.
  • Polo dereito a unha vivenda digna.
  • Polos servizos públicos, a sanidade e a educación.
  • Contra a corrupción, os corruptos e os corruptores.
  • Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga.
  • Contra a estafa e o roubo bancario.
Á RÚA, QUE XA É HORA!

AVISO:


Desde Ferrol, sairán buses, ás 10:30hs, desde as inmediacións da 'Praza 10 de Marzal', no barrio de Recimil, con paradas en Caranza, Fene e Cabanas.

Prezo do bus (ida e volta): 7 euros.
Reserva de billete e información: 655 544 422 e 657 905 945, ou no correo-e:
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com



Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
---