domingo, 16 de marzo de 2014

Nova Asemblea preparatoria das Marchas da Dignidade a Madrid o 22M - Celebrara-se no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, este Luns 17 de Marzo, ás 17:30hs


Asemblea Aberta
das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño, este Luns 17 de Marzo, ás 17:30hs
.

Preparando as Marchas da Dignidade e viaxe a Madrid o 22M

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno do Partido Popular e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos e neoliberais.

O Sábado 22 de Marzo, as Marchas da Dignidade conflúen en Madrid, onde terá lugar unha grande manifestación, ás 17:00hs, desde Atocha até Colón. Para o cal desde Ferrol imos fretar autobuses e tamén un tren que saen desde a estación da Coruña.

Autobús desde Ferrol

Para quen teña interese polas Marchas da Dignidade e desprazar-se até Madrid, que se poña en contacto con nós nesta Asemblea ou chamado ao telefono 645158113, ou escribindo a columnacaranceira@gmail.com.

Os trens que saen desde Vigo e A Coruña, xa están completos, agora temos que completar autobuses desde a diferentes cidades e vilas da Galiza. Desde Ferrol imos contratar autobuses que sairán desde o barrio de Recimil, fronte ao instituto de formación profesional, nas inmediacións do monumento á Solidariedade Obreira – 10 de Marzal, ás 5 da mañá. Con paradas previstas en: Caranza: 05:05hs, Fene (Fronte ao Gadis da Avda. Naturais, 24): 05:10hs e Cabanas (Fronte ao Sarga): 05:20hs.

Marcharemos ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

Despois do 22M, seguiremos marchando ...

Temos determinación para conseguir un cambio e ímo-lo demostrar marchando sobre Madrid o 22M. Estas marchas non teñen un carácter finalista, polo que despois do 22M, seguiremos marchando.

PAN, TRABALLO E TEITO

A RÚA QUE XA E HORA!!!

Asemblea das Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com | Blogue galego : http://marchasdadignidade.blogspot.com  | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org

Documentos Autobús, Viaxe e Encontro da Columna Galega :
  • Doc: RELATORIO PARA VIAXE EN AUTOBÚS [Acceder e Baixar] en formato pdf.
  • Doc: Mapa de Madrid e percorrido Chamartín-Atocha [Acceder e Baixar] en formato pdf.
---